Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

jueves, 12 de diciembre de 2019

A MAR: Que foi? Que é agora? Que será?

Comezo do proceso creativo VI Gala ALABAILA: AMAR A MAR é preciso…

Durante séculos navegantes na procura do descoñecido, foron deixando testimonio das maravillas que iban atopando polo mar, neste libro poderás imaxinarte mellor a vida que levaban exploradores, cartógrafos, oficiais, mariñeiros, cociñeiros, baleneiros, ciruxáns, artistas, exploradores, aventureiros... unha chulada que engancha navegar por entre as páxinas deste libro:

Cree, crea, imos bailar e facer festa para reivindicar que en Zalaeta o mar sempre está bourando e medrando en nós, porque temos a frescura do arrecendo a salseiro do Orzán, porque é a banda (h)olística sonora das nosas vidas, porque ir a auga e voltar nesa viaxe simbólica ao paraíso, na procura desa sensación placenteira de equilibrio no líquido amniótico co víncula a placenta ou nai que nos fixo… ja,ja con esta intensidade dos propósitos dun novo ano bailemos ao mar nesa mestura de acción, calma, asombro e emoción infinita.

Xurxo Souto, quen sabe por Milucho o percebeiro, o nome de todas as rochas, illotes, furnas...
 Recórdanos que neste finisterrae non somos o final da terra,
SOMOS O CENTRO DO MAR!
"Mar maior, bruma, ese misterio. Moitas tradicións sitúan o océano como sinónimo de morte. Máis non morte como destrución, senón como máis alá, trascendencia, coñecemento. O propio Camiño de Santiago é tamén unha viaxe interior na procura de sabeduría. Até por fin acadar as portas do mar, Fisterra, adro do verdadeiro coñecemento."


Neste proceso creativo imos facer do MAR MAIOR "Cósmico, vizoso e fecundo" centro da nosa inspiración para o ALABAILA
- Que é o que máis che gusta de todo o que forma parte da música, o canto, e a danza?
- Como inflúe na túa vida a música e a danza?
- Canto do un ao 10 gozas bailando? Precisas os “zococéanos” de Chiruca Macalláns e Erko?
- Canto de profundidade ten o teu ollar ao mar? Vives o noso mar? Canto de goce tería para ti ir de travesía no buque escola Juan de Lángara? Por que tes querencia polo mar?
- Que lle dirías a alguén de Zalaeta que di que non lle gusta nada bailar?

BAILEMOS!! Non nos deteñamos, temos que darnos unha oportunidade para liberar a mente de prexuizos e deixar fluír o corpo. Para liberarse de ataduras hai que moverse e mesmo sentir o que a cabesiña non é capaz de explicar. É sentir unha forza emocional brutal, é unha viaxe que descoñeces ata onde pode levarche. SEXAMOS LIBRES!! bailando con sinverguencería, ninguén vai xulgarte, nin cuestionar a túa forma de ser ou actuar. Non importa o teu aspecto físico, nin a túa personalidade, virtudes ou defectos. O único que importa é sentir a música bailando, berrando, brincando, cantando, gozando. Non importa quen baile mellor, ou teña máis “corpo de baile”, senon importa quen goce máis bailando e aprendendo a coñecerse e querer-se. 

Xa pensaches en: 3 verbas, 3 trastos, 3 músicas/os, 3 cancións, 3 repichocas, 3 libros, 3 pelis, 3 mitos, 3 museos do mar, 3 mapas ou cartografías de mar, 3 barcos…
Última clase de EF do 2019, venres- 1ºA. Elixiron por maioría xogar ao kick ball e a só porteir@s. Para despedirnos, pedínlles para facer medrar máis en nós o mar, que lle puxeran corpo a letra que cantaremos, cando vaiamos en bici pola contorna da Torre ou esteamos facendo surf, piragüismo ou navegando a vela no buque escola. É unha chulada pertencer a Zalaeta!
  molais MUCHO chorvit@s! Sodes enormes! GRAZAS!!
FELICES FESTAS!!
 O mar é o que envolve a Coruña procurándonos tanta vida! Somos privilexiad@s vivindo nesta cidade. ALABAILA 2020  de novo queremos pasalo de cine... nesta ocasión preguntámosvos: Que foi, que é, e que será o mar para nós, e para @s que estean por vir? Os de 1º e que non sabedes de que vai este proceso? Queredes ver Titanic?
 PARABENS! a Mariña (1ºA) 
por ese recoñecemento ao teu debuxo tan cheo de vida e mar, que presentaches neste concurso promovido polo Concello. //www.coruna.gal/portal/gl/concello/noticias/detalle-novas/catro-mozas-corunesas-ganan-a-9-edicion-do-concurso-de-vinetas-sen-adiccions-un-bo-plan/suceso/1453715614502?argIdioma=gl  
É un día de verán o sol está poñendose no mar.  Vaia ollar que tes xa con tanta perspectiva a túa idade, escalar, ir en bici, navegar, pasexar, correr, navegar a vela na contorna do dique cos amig@s ou familia é chutarnos natureza en vena!!

 Ramón, o profesor de plástica, moi contento, xa pensando nese proxecto ilusionante dunha inspiradora rosa dos ventos. O grupo (1ºC) non chegou a tempo para presentarse.

Elisa este debuxo lévanos a viaxar nunha balea de Lugrís, que bonito!
Xiana  está fenomenal esa Torre que pintaches con tanto detalle, coas antigas entradas a rampla da torre, agora pechadas simulando ventanas, cando se reformou no SXVIII estaba de moda o clasicismo, a simetría era a clave. O stand up no surf vas facelo xenial, momentazos de subidón que gozarás cos compañeir@s. Esa surfista é moi pro, hai uns baixos cerca da Torre onde os surfistas moi bos adestran para ondas grandes, fanno con chaleco e entran e saen con motos acuáticas. 
Miguel Quen teña un mal día, que vaia ventilarse aos airiños da Torre, probáchelo, non si? Chegar do Monte de San Pedro a Torre e volver en parapente só está ao alcance dos mellores, hai que controlar moito de ler ventos. O nadador ou pescador debería de levar unha boia regulamentaria porque é un sitio alonxado de praia e ten que ser visto. Miguel esperamos esa rede do teu avó mariñeiro que empregaremos cunha finalidade escénica.
 Sara Para facer parapente hai que controlar moito a dirección e intensidade dos cambiantes ventos. Este día estaba despexado, había nordés.  Cuidadín temos que deixar de producir e mercar botellas de plástico de un só uso. Para facer deporte hai que hidratarse, pero mellor levar un botellín de metal ou dun prástico duradero.
Sonia En acordo total, a vida cámbianos moito a mellor, levando a felicidade con nós é maís doado, a felicidade sonríenos. Na Torre puxeches a meta, ou sentimento saudable de satisfacción e benestar, ou conexión con nós mesm@s.
Iván O teu debuxo ten unha lectura inquedante. E o 3º medallista non está nada contento co seu logro, esperaba máis... Estas pezas encaixan? Poderíamos interpretalo...  A sociedade permítenos gozar e ter cada día un tempo para nós LIBRE e reparador? Ou hai unha necesidade estresante de rendir nesta sociedade hipercompetitiva do éxito? Que é o éxito? Prepárannos para os fracasos? 
                  
Alma Deixemos que o noso maxín, as frores e as frotias bailen, voen... navegando a vela, non somos nós, o Juan de Lángara ten dous mastros e 3 velas. Navegar é preciso nacoru!
Esa cor verde recórdanos aos verdes das lavandeiras do noso impresionista 

 COLMEIRO
 As mulleres de xeonllos para limpar a casa ou a roupa de tod@s... ir lavar ao río que frío, lavala, tendela, pasarlle o ferro, coser e facer as prendas, remendalas, esas matriarcas deste país de Breogán nunca terán todo o recoñecemento e agradecemento público que merecerían.

Hugo Agora na contorna da Torre facemos deporte, aquí debuxaches un tandem moi chulo, como o que temos prestado no insti, xa vimos que andar en tandem precisa que a parella teña unha boa comunicación para coordinar os movementos e poder anticiparse na toma de decisións
Antes se facía outro tipo de exercicio físico, 
mirade como traballaban a terra das leiras
As fotos son de principios do SXX, fíxoas este señor que luce tan elegante, é o tataravó de Pablo de 2ºA, apelidado Ferrer, co seu pesado equipo de época retratou unha Coruña burguesa e modernista
Aquí podedes ver como a Torre podía contemplarse non só dende as escravas,  podía facerse ao longo de todo o paseo de Riazor. Agora os edificios impiden vela
 Na praia de Riazor as Catalinas, que se hospedaban na Rúa Sta. Catalina, viñan a Coruña por prescripción facultativa a darse os baños, con pamela e traxe de baño "sexy" da época, agarradas a unha corda para non deixar de dar pé, védelo a dereita?
 
As casetas para cambiarse, e ese día estaba a marea alta
 Estaba concurrida de xente vestida
 Protexéndose do sol baixo as sombrillas, os nen@s  xogando na aréa
 Outra vez esa corda ou liña de vida
Imitando ao modo europeo das cidades importantes cun distinguido balneario. 
E nós argallando ideas que queremos transmitir. Molaría unha canción adicada as Catalinas, non si?.

Imaxinando como ides compoñer dende o coñecemento (libros de texto, internet, literatura, documentais, películas, cancións, poemas, cadros...) e a imaxinación. Exploremos a linguaxe artística escénica, ideas para falar co corpo, significados que queredes darlle, signos ou pistas para que o público eduque a mirada. Avante toda!!

OCÉANOS imperdible!!
Os Directores Jacques Perrin e Jacques Cluzaud no 2009 fixéronos este agasallo visual,  moi evocador e impactante sobre os poboadores dos océanos, e canto os seres humanos transformamos o seu habitat.  Nalgunha entrevista limos que foi este documental sobre a diversidade de vida nos océanos, o que fixo que unha nena sueca saíra chorando moi conmovida e concienciada na loita pola conservación "dun" planeta azul.  Podedes velo completo no insti e falamos de como se vos queda o corpo cando vemos algunhas desas escenas inhumanas... Que foi para ti o máis bello ou revelador? E o momento más noxento que feríu a túa sensibilidade e intelixencia?

Outra forma de explicarlle a un nen@ pequeno que é o océano GIVEN
Valores dunha parella de surfistas que crían a un neno pequeno, viaxando e percorrendo mundos na procura das ondas perfectas, ou benestar do corpo, mente e espírito, continúando co legado do avó. Hipnótica, conmovedora. A peli non podes deixala aínda que queras.

 CAPITÁNS INTRÉPIDOS
Peli adaptación dunha historia de Rudyard Kipling, un neno insolente moi mimado de pais ricos, cae dun trasatántico e é rescatado por un pescador portugués. Nos tres meses que si ou si ten que pasar no mar aprende a amar a mar e a sentirse satisfeito da súa superación e aceptación de toda a tripulación. O libro é unha chulada, moi recomendables. Hoxe en día a vida nun barco sería moi formativa, ou incluso terapéutica para adolescentes que non están satisfeit@s coa súa vida. 
 
 LA VIDA DE PI
Dirixida por Ang Lee. Tras un naufraxio, o mozo Pi sobrevive nunha barca salvavidas. É un conto fascinante, porque na barca non está só, ten que sobrevivir cun animal fero, un tigre de bengala co que trabará relacións de dominación-submisión. Imaxes moi fermosas e impactantes. 

NÁUFRAGO
Outra peli moi boa de loita pola supervivencia. Tom Hanks nos brinda unha das interpretacións mais destacadas de todos os tempos. a vida dun  inxenierio de existencia rutinaria, debido a un accidente aereo acaba nunha illa, e loitará con todos os recursos ao seu alcance, facendo fronte a soedade ao modo dun Robinson Crusoe deste século. 


CUANDO TODO ESTÁ PERDIDO
O "mítico" Robert Reford nunha viaxe no seu veleiro de 11 metros esperta e ve unha vía de auga, por un choque deste cun contenedor abandonado en alta mar. Co equipo de navegación averiado e acuciado pola tormenta que está a desencadenarse, enfróntase a morte cunha intuición e forza vital descomunal intenta sen fisuras facer fronte a todas as penalidades.

LA TORMENTA PERFECTA
Nunha mala racha de pesca, uns pescadores están nun caladoiro lonxano onde poucos capitáns de barcos pesqueiros chegan para non arriscar a súa vida e a dos seus tripulantes, alí xurde unha tormenta con ondas absolutamente imposibles, mete moito medo no corpo velas.


INFIERNO AZUL
Unha moza de vacacións surfea nunha praia solitaria cuando un enorme tiburón branco atácaa.  Queda atrapada nunha rocha a só 100 metros da súa salvación, para alcanzar a praía terá que tirar de todos os recursos e unha vontade férrea de querer vivir. 



SOUL SURFER
Baseada na vida da hawaiana Betheny Hamilton, todo un símbolo da superación a pesar da adversidade. Ou como sacar forzas para querer vivir cando te falta o que máis desexearía ter.


MOBY DICK
Dirixida en 1956 por un grande, John Huston. Adaptación do clásico de Herman Melville.  Soberbio de capitán Ahab Gregory Peck, en todos os sentidos.

EN EL CORAZÓN DEL MAR
 SXIX 1820, o baleneiro Essex foi agredido por unha balea descomunal. Feito que fai que Melville escriba Moby-Dick. Esta peli adapta esa historia, onde os homes son forzados ata límites impensables para manterse vivos e poder vengarse. Dirixe Ron Howard no 2015.

MASTER AND COMANDER
Peliculón impecablemente ambientada e interpretada por Crowe que é o intrépido capitán da Surprise, cun personaxe ciruxano e naturista e a bordo do Stephen Maturin que aporta unha visión moi rica humanista que establece unha relación moi boa cun neno. Cando o destino das nacións decidíase no mar, as estratexias para enganar ao inimigo eran moi ocurrentes. 


FORREST GUMP
Igoal que a vida é unha caixa de bombóns e non sabes cal te vai tocar. Esta peli ten todo tipo de ingredientes, e tamén hai mar! nesa historia de superación persoal que ten que ver cun negocio empresarial baseado na pesca de gambas. Imperdible!

LA SIRENITA
Unha das pelis animadas de Disney máis memorables. Baixo o mar unha sirea quere humanizarse. Hai dous mundos e haberá que decidir onde vivir.


MAR ADENTRO
Sempre hai que querer vivir a toda costa, aínda que un erro de imprudencia te deixara postrado nunha cama fronte a unha ventana , a moi poucos metros de onde está o mar que tanto amas e tanto odias

INTERESTELAR
Aquí tamén hai días contados... o perigo de morte está presente na terra. Nesa misión imposible, hai unha onda desproporcionada e inhumana e moita onda gravitacional... buratos negros de gusano e outras hipóstesis científicas imaxinadas pero aínda por demostrar

VAIANA

  Vaiana é unha moza exótica, apaixoada e intrépida, pertence a unha familia de varias xeracións de mariños, polo que sinte un vínculo enorme co mar. Pero tamén deberíamos botar unha ollada ao máis preto de nós. 

Coñecedes a Chiruca Macallás? Esta muller destemida, tamén sabe moito do gran mar que temos diante de nós, sabe do gran sol, sabe de homes peixe, das redes abandoadas sen dono que matan cada día mareas que ninguén vai recoller... moito temos que aprender nós terrícolas!! E ten uns zococéanos capaces de transformar a enerxía emocional en cinética que son o máis...
Con esa personal, única voz telúrica de Mercedes Peón cando estoupa de forza brutal cantándolle con admiración aos homes e as MULLERES DO MAR, habelas hailas, mariscadoras, peixeiras, redeiras, as traballadoras das conserveiras, e agora tamén as patroas, inxenieiras construtoras de barcos...



EL BOSQUE ANIMADO
 Esta non vai do noso mar pero vai da nosa terra daquela con moita ignorancia e carencias. Contan dun Cecebre que por tren non estaba lonxe do mar. Agora do seu embalse bebemos a auga nacoru... Esta peli é fantástica, Jose Luis Cuerda, Azcona están sembrados dirixindo e guionizando o libro de Wenceslao Fernández Flórez. Fendetestas, Alfredo Landa, Fix de Cotovade... os personaxes en estado de gracia, máis que de agradecer.
Mirada a unha galicia rural de Belindas, en vías de extinción, e rendición? 

E sempre, "Quen poidera namorala"Noa, Cris....
quen se atreve a cantar estas fermosísimas verbas deste "mítico" poema de Álvaro Cunqueiro?

E do mar este documental que non deixa indiferente(s)


De que máis estades falando para inspirarvos? Da illa do tesouro de Stevenson, piratas del caribe,  Robinson Crusoe de Daniel Defoe. 20.000 Leguas de viaxe submarino de Verne,  abismo, a 47 metros...   Non puxemos Titanic porque isa foi a que gañou o ano pasado, e segundas partes... 

Ata agora que aprendimos do noso mar?
 Jorge e Fernando estamos en deuda con vos, imos invitarvos a Gala ALABAILA, vai de amar a mar, aquí explicando o que é a liña de vida e como funcionaría o chaleco se hai "hombre" al agua...
MOITAS GRAZAS por facernos soñarnos navegando... xa nos tarda!
Carla preguntou por que o buque escola leva a bandeira de España? 
Os barcos están obrigados a levar a bandeira do seu país na popa, cada barco é como unha embaixada, é territorio dese país. E por cortesía levan outra do país do porto no que amarran. 
A orixe da bandeira é náutica. Foi Carlos III, no SXVIII o primeiro rei Borbón que mandou facer un concurso e elexir unha bandeira que se distinguira ben nos mares. Ata entón era branca e non era posible distinguir a distancia os barcos inimigos. No SXIX convertírona en insignia nacional e máis tarde presidiría os edificios oficiais. Ao longo das etapas históricas foron sacando ou engadindo algún escudo ou cor. Lamentablemente na dictadura abusaron deste símbolo, apropiándose da bandeira que debería ser de tod@s, por iso hai a quen lle chirría pensando que a orixe é franquista e non é tal, agora xa o sabedes. Do mar ven a nosa bandeira.  

A bandeira galega tamén provén da relación de Galicia co mar.  A verdadeira orixe radica na brutal emigración de galegos cara América durante o SXIX e parte do XX. O principal punto de saída cara o novo mundo era o porto da Coruña, onde a cruz de San Andrés azul sobre branco, era o símbolo máis representativo do porto. Esa morriña da terra galega e da imaxe do último que recordaban ver, fixo que esa bandeira naval fora a elexida para representar Galicia, e foi na Habana onde a diseñaron. E desa bandeira náutica e civil chegouse a que hoxe coñecemos como a nosa bandeira oficial ou institucional. 
 
Ese buque que está aí detrás chegaba a porto, viña de remolcar o buque accidentado en Ares que tivo un problema co motor, e o vento fixoo derivar ata encaiar na area da praia.
 
Houbo mitas preguntas e interese co vocabulario específico das partes do barco, de como incide o vento nas velas. Seguinte reto, embarcarnos, marcar rumbo, maniobrar e levar timón gozándoo.
 Entre carta náutica, compás e nudos mariñeiros pasamos unha tarde moi interdisciplinar
 Grazas a Rosi por ofrecerse a levar no seu veleiro a un grupiño de aspirantes a grumetes
 Neste grupo tíñamos en Martiño, o fillo da capitana Rosi, un xa experimentado grumete
Se hai un accidente a bordo, hai un protocolo para a chamada ao médico en terra, e a maneira de indicarlle o que ten a persoa accidentada, para  proceder a axudala sen cometer erros, ata chegar a terra e sexa atendido polo profesional da saúde
No insti fixemos a valoración do aproveitamento e o grado de satisfacción e implicación na actividade que nos brindaron Fernando e Jorge. Eles veñen dunha xuntanza internacional de buques escolas, que se celebrou a semana pasada en Bruselas, alí capitanes de buques escola de todo o mundo xuntáronse e avaliaron a capacitación dos capitanes. Non se lle da a licencia a quen non demostre que sabe facer as cousas ben, priorizando o coñecemento e cumprimento das normas de seguridade. Rosi quedou encantanda de poder colaborar neste buque escola con nós, para axudar a espallar a navegación a vela nunha cidade case illa.

Veña agora a darlle ao miolo para logo contalo co corpo, facendo posible a festa dos corpos libres danzantes como neste cadro...

Que cousas vedes nesta composición?
 Podemos reproducir corporalmente nós este momento?

 Aquí Henry Matisse fai por encargo dun ruso rico, que quedou escandalizado porque os corpos estaban espidos, esta aparentemente simple ou esquemática composición, xogando coas cores e xerando movemento. Non sabía que despois de ser tan criticado, sería unha pintura icónica do SXX. É unha chulada este ritual colectivo, a danza sempre foi un factor moi cohesionador da sociedade. Nostalxia de cando a sociedade tiña tempo para danzar, cantar e estar de carallada?

Luis Seoane Fai esta interpetación dunha romería.
 A onde os levan estas figuras "Picassianas"?


Este ano hai que botar tamén unha mirada ao PRADO que está de aniversario 200 anos de vida contando, transmitindo, emocionando...
Bruguel el viejo
Que vos chama a atención? A nós recórdanos a un baile andino "El carnavalito" que se baila nas festas nunha ringleira serpenteando deste xeito. Pero a paisaxe, a xente con esa roupa remítenos a Europa, que época podería ser?
Sabedes que na páxina do museo podedes atopar toda a información de calquera obra exposta. Por exemplo deste baile campestre  https://www.museodelprado.es/coleccion/obra-de-arte/baile-campestre-ante-los-archiduques/6e853fbb-18a8-4d9f-89d7-129ab18c8bf0?searchid=b6db2b4b-fe5a-761c-2675-55648cab0d3e
Rubens
Recrea aquí unha festa moito máis despendolada, presidida por Baco, hai homes intentado bicar as mulleres con toda a luxuria propia das bacanais mitolóxicas

  Outro baile campestre a orillas do río Manzanares de Goya. Onde está o Manzanares? Que sentimentos ou estado de ánimo teñen eses personaxes?



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.