Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

jueves, 23 de enero de 2020

Bailes do S.XIX, XX, XXI, XXII...

"Bueno ESO de bailar..."
 

Benedicta, unha muller de 84 anos, de aldea (Ancares), 
deslumbrando en Cannes marcándose unha muiñeira...
Por se aínda non sabes de quen ven sendo a nosa muiñeira:
 Cando Oliver Laxe veu no casting a Amador e máis a esta muller, sabía que xa tiña protagonistas desa historia que foi contada e moi ben recibida, tamén premiada pola súa hipnótica fotografía e máis o Goya 2020: A mellor actriz revelación!! Benedicta Sánchez por 'Lo que Arde' "Me da pena porque somos cuatro y 
me gusta colaborar no competir..." 

Recibindo premios cinematográficos con enorme espontaneidade e transmitindo moita verdade, presentando en fin de ano as badaladas na tele, Medalla Castelao, e o que está por vir... esta muller imparable adiantóuse ao seu tempo, agora é admirable e aplaudible.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/24-horas-con-benedicta-sanchez
Estamos con Benedicta, a pesar da imposición dunha sociedade competitiva tamén somos de colaborar, non de competir. O ALABAILA non vai de quen actúa ou baila mellor, vai de quen goza cuerpeando ou contando historias co corpo que nos fan mellores, máis sensibles e intelixentes.

Aquí podes coñecer outra muller de aldea que deslumbrou nos escenarios de Paris...

Agora vos tamén facendo unha homenaxe as mulleres aloitadoras do rural e do mar no ALABAILA. A todas esas avoas que non foron laureadas como Benedicta, unhas emigraron outras non, pero todas  teñen moito que contar, porque acadaron moita sabedoría e quérena compartir.
 Escoitemos máis as avóas!

Realidade brutal de esforzo e escravitude desas mulleres galegas que loitaban cada día ata a extenuación. Nesta industria conserveira o patrón queríaas aínda por riba caladiñas...

Aquí podedes escoitar esta cántiga de traballo daquelas mulleres do mar:


CÁNTIGAS DE TRABALLO
 DAS MULLERES DO MAR


A FÁBRICA DE TENAISIÉ, O Grove. Esta Cántiga ensinoulla a Xurxo Souto, Rosa, a Anaca (19.X.17) coa súa compañeira Carmen, a Calela. Rosa, agora xubilada, foi sindicalista, da Tenaisié.

A nosa virxe do Carme
Fixo unha casa na ría ( bis)
Pa ver as de Tenaisié
Como fabrican sardiña (bis)
Veña sardiña, veña cabala
Veña tamén mixillón
Despois de máis de dez horas
Hai que ir cargar cameóns
Cando queres ir pra casa
Co corpo coma fariña (bis)
Alá vén señor Ribeiro
Aínda hai que aceitar sardiña (bis)

Cala a boquiña, andá lixeiriña
No esteas a protestar
Que como abra-la boquiña

Mañá non vés traballar. 


MATRIA

A historia do galego Álvaro Gago que optou ao Goya ao mellor cortometraxe de ficción no 2019, tras cosechar importantes premios internacionais. 


Esa mirada de Ramona doe porque  non é do S.XIX, nin do XX,..
Ramona lives with her husband, with whom she barely communicates, and works in a canning factory run by a tyrant manager. Faced with the challenges presented by her daily routine, she tries to take refuge in the relationship that unites her to her daughter and granddaughter.

Preparación do curto con Matriarcas da terra dun tal Breogán, de Guadi Galego, homenaxe a mulleres aloitadoras que apechugaban con todo para servir a tod@s...



A FÁBRICA MASSÓ, Cangas. Cántiga que fixo, e cantaba, Carmiña Fernández Mariño –de Cangas- cando traballaba nesta conserveira.


Nesta fábrica Massó, me estou deixando a vida
Mira, mira Maruxiña, mira como veño eu.
De tanto empacar sardiñas, teño as manciñas perdidas
Mira, mira Maruxiña, mira como veño eu.
E cando pasa Manuel, e nos encontra charlando
Mira, mira Maruxiña, mira como veño eu.
Levanta a vista pra arriba, e baixa a vista pra abaixo
Mira, mira Maruxiña, mira como veño eu.
Nesta fábrica Massó, me estou deixando a vida
Mira, mira Maruxiña, mira como veño eu.
De tanto empacar sardiñas, traio as manciñas perdidas
Mira, mira Maruxiña, mira como veño eu.
E cando pasa Manuel, e nos encontra charlando
Mira, mira Maruxiña, mira como veño eu.
E ponse moi colorado, leva unha hora chillando
Mira, mira Maruxiña, mira como veño eu.

 Nenos na Coru Concepción Arenal se vestía de home para poder ir a universidade... 
ata moito tempo despois non houbo dereito a voto para as mulleres...


Loi Füller a vida desta muller da vangarda das artes recuperada polo cine...


A quen pertence e que signficado ten o dorsal 261?

Katherin  ("Kathy" Switzer) 

THANK YOU!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.