Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

miércoles, 30 de septiembre de 2020

Por vir 2020/2021: Comezamos de película...

Quen dixo medo? Adiante valentes!...
Nun momento tan incerto de desacougo, desazón ou falla de sazón... a vida no insti podería ser insípida de tan aséptica, fora apertas, bicos ricos... nós seguimos intentando facelo bonito. Estamos moi orgullosos da valía do noso alumnado que sabe comprometerse e agradecer, nós tamén agradecid@s da colaboración animosa das familias;  ESO son coidados e atencións, o noso plus de 
forzaaaa zalaética!! 

ESO e ISTO

é o que deberían aprender os nosos nen@s e moz@s neste 2021

Ojalá que este virus consiga centrar la educación en la dimensión humana y social. Sea capaz de dotar a nuestros hijos de las competencias CLAVES necesarias para poder hacer frente a la vida y a la adversidad





Nós piratas do Orzán petámola!
 nesta etapa dura (d.C)...jaja 
Marcha unha "boa peza" do dept. de EF, pero queda FRAN que é moito mellor profe, e quen veña vai motivarse con vos, sen duda moito bo por vir chorvit@s! 

GRAZAS a esta exemplar ou modélica familia zalaética!!



Como era antes a vidilla insti, afectos, clases, 
RECREOS atolados...  agora d.C (durante o Covid)
vai ser que non... 
Sen embargo na era covid e aínda asi, somos quen de amosar afectos e agradecer a esgalla, yijaaaa
Eses SORRISOS DE OLLOS e verbas tras a mordaza...
Ao teu lado sempre se nos pega algo bo,
sabemos realmente da túa valía nena! 

 Enorme Fran! contigo tamén todo é máis doado!
GRAZAAAAS COMPAÑEIR@S!!

 "MIRANDO EN EL BAÚL DE LOS RECUERDOS..."
 tururuuu... ja,ja 

BRUTAL, IMPERDIBLE, XENTE DE MOITO COIDADO!


CURSO 2020/2021
BENVID@S a Zalaeta os novos esit@s e as súas familias, 
. 

Seguimos na loita contra o malditu virus... QUE TE METO!... ja,ja

Prepardos para todos os "escenarios posibles"....

Isto acabará e acabará ben coa axuda da ciencia. Na EDUCACIÓN temos que darlle unha volta a todo, non hai nada sabido, nada feito, todo está por vir, por explorar, por innovar. Estas incertezas dan vértigo, pero tamén teñen a súa "gracia"... 

Vai ser un curso moi dificil estamos baixo unha "tormenta perfecta",  por iso precisamos coidarnos, axudarnos explorando novas vías e o sentido do humor que non falte! Que diferencias atopamos tan só nunha década de vertixinosos cambios?

Vista a película ou drama do curso pasado... 

         Agora os novos esit@s e esotes sodes os actores principais doutra nova película, que comezamos, prevenid@s ACCIÓN!!... xa estamos rodando, polas dudas vendo posibles escenarios, comezamos a rodar unha semana máis tarde...

Vai de intriga polos enredos e mal estar nos centros educativos por mor de que algúns non fixeron os deberes, non aprenden nin sin nin con pandemia. Contextualizando:  SXXI, tempos de postverdade.  O título da peli tedes que poñelo vos, suxerimos:

  • "Lo que el viento se llevó"
  •  "Ser o no ser"
  •  "El profesor chiflado"
  •  "Aterriza como puedas"
  •  "La llamada" ( de Inspección coas últimas ocurrencias...jaja)

  A CULTURA non é un a parte, ou unha parte, non é algo exclusivo de expertos, administracións, xestores culturais, intelectuais...


EDUCABILIDADE? ESCENA PLURAL?

É a capacidade do ser humano para aprender, asimilar  adaptarse ao entorno, completada con outros procesos do entendemiento que converten en CREADOR, ARTISTA E PRODUCTOR INTELIXENTE. O alumn@ non so asimila e se adapta, se non que tamén se proxecta para crear cultura. (B.Malinowski). 

E canta falta de cultura e ignorancia escénica temos...ja,ja 

COMO IMOS DE MOTIVACIÓN?

Segundo a "anticuada" pirámide de motivación de A.Maslow da década dos 30 do SXX, onde describe a xerarquía de necesidades dos seres humanos para chegar a sentirnos autorealizados, poderíamos estar de acordo na base, as necesidades básicas de supervivencia.

Non botades en falla dentro das necesidades básicas vitais do SXXI o
 WIFI e batería no móbil?

Temos dificultoso afianzar o chanzo de seguridade, as ameazas por posible nova onda da pandemia desbocada, a pesar de que levamos a boca tapada... a conservación da saúde, medos, habelos hailos nestas crises sanitaria, económica, política-social, ecolóxica, humanitaria, de valores... o que ten cú ten medo...

QUE NECESIDADES DEBEMOS DE CUBRIR, SATISFACER
NAS FAMILIAS E NO INSTITUTO
 NESTA NOVA REALIDADE?

Nestos momentos é máis necesario reciclar, repensar, revisar e reiniciar búsquedas de novas situacións de aprendizaxe. Temos que escoitar aos nen@s e as súas familias para facer saír, extraer, dar a luz, ou sacar de adentro para afora esa xerarquía de necesidades persoais. Precisamos ter máis en conta a escala de necesidades de cada quen para chegar a conseguir a autorrealización persoal, para sentirse plenamente satisfeito co que cada un fai, pode e quere facer.

Negámonos a identificar unha EF con alumn@s sentados nunha aula e telos enfilados.


Como conseguir integrar os corpos vivos dentro dos protocolos de seguridade nas aulas? Como contribuir a adaptación das necesidades personais dos esit@s?

- Precisamos máis que nunca traballar a corporalidade e os afectos, que teñan un sentido de afiliación ou pertenza a un grupo, é moi necesario que convivan dun xeito presencial, de vivir nos seus corpos presentes interactúando intelectual/ corporal/ emocionalmente.   As aprendizaxes ricas son procesos sociais; teñen que axudarse, colaborar, e cooperar entre si.


- Aprender é unha das experiencias personais máis gratificantes e positivas, para aprender hai que estar tranquil@ e content@ . Precisan ferramentas de relaxación-respiración e intelixencia ou xestión emocional. O almun@ ten que ser un ente activo ou o actor protagonista, cunha implicación, compromiso e reflexión contínua sobre o que está aprendendo. A síntese comprensiva e que sexan capaces de contar o que aprenden fai que teña sentido e significado o aprendido.


- Precisamos ter claras as metas que perseguimos para manter constancia e enerxía. Todas as experiencias e metas de aprendizaxe son subxectivas ou con adaptacións individualizadas en función das capacidades, experiencias previas do alumn@ e motivaciones.



Con máscaras e distancias de seguridade pero con proximidade e ben querencia,  temos que facer un inventario corporal e limpeza de cabesiña, pensamento positivo e sorriso queredor, imos botarnos unhas risas co xogo de "Simón dice"... ja,ja, o "Eco",  un aplauso simultáneo integrador, quizá algún bailecillo...

bufff vainos resultar raro raro raro ter a boca tapada cun bozal ou mordaza...temos que aprender a sorrir máis cos ollos, así ao loco...ja,ja


En Zalaeta sabemos o que é pasar MEDO!
e que hai detrás do medo...
escalando, nalgunha "washing machine" surfeando, facendo rafting, bailando... ja,ja


Como sentimos o medo no corpo?
E na cara?

LINGOAXE FACIAL:
Que expresa cada unha desas caras
 Es quen de poñer cada unha delas?
Que frase podería estar pensando ou dicindo cada un destes monigotes?
Sen a expresión da boca, pois temos máscara, perde moito a expresividade facial?















Vaia cara que tes...
veñaaaa ao mal tempo boa cara... ou non... depende!
 cotorra, lorita ou cacatúa?...ja,ja















Benvida aos esit@s siiii, desexando que a final de curso os vosos titores podan contarme o orgullos@s que están de todos vos!! 

E despedida para min dun xeito natural... cuerpeando!  espallando hábitos saudables! xogando! acompañando
APRENDIZAXES AFECTIVOS E EFECTIVOS!!

e nesa escoita amable / ese power aplauso grupal simultáneo!!

GRAZAS Zalaeta por ESOS chutes de felicidade desbordante e idealismo adolescente que son o máis bonito e potente do mundo!

  APERTAS OCEÁNICO ZALAÉTICAS!!!    

                    Síntome moi agradecia a todos os compas, aos que me precederon e aos presentes por soportarme e enriquecerme.  Tamén  aos especialistas de fora, quenes entrando en Zalaeta ou saíndonos nós,  contribúen a facer do noso alumnado seres humanos máis sensibles e intelixentes, máis felices e competentes.

 Meu agradecemento é total pola consideración e benevolencia coa que sempre fun tratada por todos os membros desta comunidade educativa. A bastantes nais e pais deilles clase de EF cando era nova, e facelo agora aos seus fill@s de vella ten moita guasa. Pido disculpas a tod@s por cando non souben facelo mellor, as veces por malos entendementos,  falla de confianza ou diálogo sinceiro, falla de medios ou tempo.  Aínda asi algo bo perdurará, porque a colleita das mareas as veces é a máis longo prazo.  Todas as persoas, os alumn@s tamén son persoas, fagamos as cousas con máis ou menos acertos ou erros, somos merecedoras de respecto e consideración.                                

                                                    vémonos no mar, quedo "alMARgen"... 






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.