Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

lunes, 2 de septiembre de 2013

SI TI, SORRÍ!!

AXUDÉMONOS!! 
Vaia verán;  vimos cargados de enerxía solar, comecemos ben un novo curso!!
 Entre tod@s con boa cara e boa disposición faremos as cousas mellor.

Ánimo e alegría tamén para traballar. No "mundo mundial" sobra a mala uva, egoismo, insolidaridade, prepotencia,  envidia, soberbia e competitividade pura e dura para beneficio propio, sobra o engaño...

Nas aulas imos na procura do beneficio colectivo, o benestar, a axuda, o traballo en equipo dende a confianza mútua, a sensación de estar dispoñible para apoiar e enriquecer aos demais. 
 Fagamos un insti mellor, nun mellor mundo.
MÁIS EMPATÍA E SIMPATÍA!!
 Facendo unha cadea humana de axudas e sorrisas 
 temos unha forza inmensa!! Está ao noso alcance...
Chegan os novos peques a Zalaeta, imos acollelos como nen@s pequenos que son,  podemos axudalos a medrar. Traballemos con ganas, adultos e pequenos, e sorrindo, para acadar un benestar na vida do insituto.
HAI QUE FACERSE ADULTO PARA 
COMPREDELO TODO?
Ser feliz e gozar da vida é unha capacidade exclusiva dos pequenos e do verán?  
Non sexamos borregos... e superemos prexuizos,

AXUDÉMOSLLES!! 


Non asustemos aos cativos de 12 anos decíndolles que ao chegar a ESO deixen de ser pequenos de repente, que xa teñen idade para traballar en serio. Tamén podemos traballar por unha escola onde a creatividade, a fantasía e a felicidade non queden fora!! 
SE NON, NON VAN QUERER MEDRAR
 E PARECERSE A NÓS...ja,ja

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.