Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

martes, 17 de septiembre de 2013

Extra, extra, actividades EXTRA escolares!!

@s fill@s non deberían ser castigados sen  actividade física e  deporte.
Castigaríades a un fillo que saque malas notas sen comer verdura e froita?
Claro que non, pois do mesmo modo, facer exercicio é moi nutritivo e imprescindible para a súa saúde, equilibrio persoal e socialización!
O corpo non pode quedar parado durante o curso. É unha opinión que compartimos todo o profesorado, os nes@s precisan moverse, socializarse e sentirse felices.
E a ti que che pide o corpo? Vas facer VOLEI, ESGRIMA,IOGA, DANZA, ou PARKOUR   Queredes recordar por que parkour?
Podedes facelo neste vídeo tan chulo de momentazos en clase de EF. Este ano comeza como actividade extraescolar XOVES de 16:00 a 18:00. Queredes vir probar?


Aquí podedes ver de que imos propoñendo Ioga. Cada vez hai máis nen@s con dificultade para concentrarse, relaxarse, aceptarse, quererse...

E aquí como despois de estar 8 horas sentadas, é moi necesario mover o cú, bailando, liberando, creando, socializando, gozando e aprendendo técnicas básicas de expresión e DANZA. Queredes probalo, Andrea estará encantada de enseñarvos.

Andrea pode axudarnos a RECICLAR IDEAS...  bailar creando, compartindo, divertindo, educando,
 imos  mover o cú?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.