Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

viernes, 15 de noviembre de 2013

RELAXACIÓN vivencial nas aulas? Siii


 Xa o dicía o filósofo chino Confucio, V séculos a.C...
Sexamos realistas, PIDAMOS O IMPOSIBLE!
E nós non podemos seguir esperando un cambio de sistema educativo que veña dende arriba. Temos que facer un cambio dende dentro, dende as nosas aulas, ou agora ou cando se non?. A crise social e de valores que padecemos, debería darnos coraxe para loitar, para actualizar e darlle sentido as nosas prácticas docentes. O profesorado temos influencia sobre os nosos alumnos, nas ditaduras aproveitouse para facer dogmatismos e adoutrinamentos. NUNCA MÁIS!!  Ou AÍNDA MÁIS??

Un novo modelo educativo debe darlle valor a INTELIXENCIA EMOCIONAL o pensamento positivo, a corporalidade, a expresión en público, ao traballo en equipo, a creatividade, as novas tecnoloxías, a implicación do alumnado dende o xuizo crítico e a toma de decisións.  A que estamos esperando?

Un grupo de profesorado de Zalaeta recibimos formación en técnicas de activación-relaxación- centramento e benestar,  vivenciándoas . E dende a satisfacción e o BENESTAR PERSOAL, cremos que darían un bo resultado aplicándoas nas aulas, todo o profesorado dun xeito convencido e conxunto.

Sexamos innovadores, cunha actitude de apertura, e experimentación destemida. Vivamos o noso corpo físico, mental e emocional en harmonía, conectados co noso centro de poder, abríndonos a novas experiencias na aula. SEXAMOS DONOS DAS NOSAS CLASES!, tomémonos a liberdade de saír do libro de texto e a transmisión de conceptos teóricos, polo menos nuns minutos cada día. 

Vivenciémos nas aulas situacións con vidilla, que conecten ao alumnado coa súa realidade: coas súas emocións ou enerxía vital, co seu corpo e a súa mente.
“ Así como el agua que mana de una fuente llena las vasijas de acuerdo con la forma y capacidad de cada una de ellas, así también las enseñanzas espirituales no proporcionan sino la parte que cada cual es capaz de recibir con forme al grado de su evolución. A cada cual se la da según sus necesidades y recibe en relación a su estado de evolución.” (Bhagavad Guita*). Neste diálogo entre discípulo e maestro poden entreverse os principios subiacentes do proceso ensino-aprendixaxe. 
As veces pedimos ao noso alumnado que faga cousas para as que aínda non está preparad@, e algúns séntense desbordad@s... Primeiro teremos que baleirar os recipientes de augas estancadas e podres, e ir enchendo en función do que cada un é capaz de almacenar... 
(* Episodio da epopeia hindú Mahabarata, onde se recollen as ensinanzas e a mensaxe do maestro. A súa filosofía contén o primordial das doctrinas hinduistas e as máis elevadas formas do pensamento.)

POR QUE AS TÉCNICAS DE RELAXACIÓN VIVENCIAL NA AULA PODEN AXUDARNOS?
                   
Que é o que causa estrés no alumnado e profesorado de 1º B? 

Publish at Calameo or read more publications.

Que pode aportar a práctica de Ioga aos adolescentes?
Coñecemos a profesionais que traballen ben neste ámbito:

Publish at Calameo or read more publications.
Xogos para facer nas titorías ou en clases de Educación Física

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.