Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

jueves, 31 de octubre de 2013

Dando UNHA LECCIÓN de ...

Esforzo colectivo dendo o optimismo, a alegría e a creatividade:
Tiremos para adiante como galeg@s!!. Desta crise sairemos querendo e crendo nun cambio de modelo educativo, válido para as próximas décadas do S.XXI

O reto: "Imos grabar a cada grupo e tedes que crear unha pequena coreografía, empregando o material que precisedes, tratando de lucir as habilidades ximnásticas traballadas: EQUILIBRIOS, SALTOS E XIROS. Intentando saírnos do convencional, dándolle unha voltiña as posibilidades do material; e ao miolo con pensamento alternativo. Are you ready?..."

E os peques déronos aos maiores UNHA LECCIÓN :
En 45´ foron quen de agruparse, facer as distintas partes do quecemento, elixir o material e distribuilo ao seu gusto escénico, e interactuando dun xeito libre, responsable, respectuoso, comprometido, integrador e creativo!! 

Estes nen@s saben asumir un reto, compartir, non deixar ao marxe a ninguén, aceptar as súas limitacións e ver as súas posibilidades, xestionar os éxitos e os fracasos, solventar os problemas que xorden... Foi un placer velos traballar en equipo con iniciativa e valentía. Parabén a tod@s polo voso traballo!! A totalidade dos grupos superaron os mínimos esixidos e o ambiente  foi moi agradable e enriquecedor. MOI BEN, ASÍ SE FAI!! Os titores de 1º temos motivos para sentirnos moi agraciados.



Formar parte dun grupo É: saber sumarse, unirse, non quedarse ao marxe,  integrarse,  falarnos mirándonos aos ollos, sorrir, aceptar aos demais, empatizar, tratar con afecto, cooperar, comprender, valorar, unir forzas e talentos, emprender accións con iniciativa, ser positivo, crer na forza da unión...

NON É: estar na clase, na vida real  ou no mundo mundial mal encarado, criticando, botando as culpas aos demais,  interrumpindo,  molestando, tratando aos compañeir@s a empurróns, zancadillas, mandando, gritando, pinchando aos demais, desprezando, ignorando, ríndose dos demais, acaparando a atención, non sabendo compartir, a solución aos problemas non é enfadarse, marcharse, aislarse, chulearse...

Agora que chegaron as choivas, e por se queres seguir esta conversa "entre avoas nunha perruquería",     non ten desperdicio...


E por se queredes escoitar que é o que move a unha muller galega a pintarse o pelo de verde e e ir onde a levan os seus soños, facendo falar unha gaita,  loitando, medrando, agradecendo... 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.