Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

domingo, 16 de marzo de 2014

RUGBY feminino, nivelazo!!

Ainda que somos Zalaeta, e un equipo leva o noso nome por ser fillo deste intituto. Iste é o momentazo do CRAT!! acaba de gañarlle por 24-7 ao INEF de Barcelona.  Fai 2 anos case consiguéno, pero seguiron traballando duro e facendo equipo, sólido e potente. E nesta tempada, indo de primeiras, tiñan unhas enormes gañas de rachar coa hexemonía histórica do INEF.  E chegou o trascendente día,  foron a por todas, e como non pode ser doutro xeito porque é rugby, xogaron contundentemente pero con espíritu deportivo, e conseguírono. Houbo entrega e recoñecemento dos apróx. 300 espectadores que vibramos e aplaudimos xogadas de equipo impresionantes. Este ano haberá play off, haberá sen duda rugby de altura.
Por se nunca viches un partido de rugby, mirade aquí a: Chupe, Elsa, Fanny, Maijo, e recordarvos dos fundamentos técnico-táctico, valores ou principios, e paixón que  transmitíronvos co rugby esta semana nas clases de EF. PARABÉNS CAMPIONAS!!
 (Unha vella osa admirando a estas bellas e novas xeracións de mulleres rumberas e rugberas... PARABENS as osas do RUGBY INEF BARCELONA o mérito que tedes é enorme!! SODES TODO UN EXEMPLO A SEGUIR...)
PUNTUACIÓN: Ensaio (5ptos.), Transformación despois de ensaio (2ptos.), Drop (3ptos)
PALABRAS CLAVE:
OFFSIDE- Fora de xogo, por estar adiantado con respecto ao balón
AVANT- Pase adiantado non válido
TACKLE- Placaxe, nós en EF simulado percutiendo contra os escudos, ou coas cintas de rugby tag.
RUCK- agrupamento que xorde cando tiran ao chan ao portador do balón, e iste recibe axuda do seu equipo, que limpa e saca o balón cara o seu campo.
SCRUM- ou melé, é a formación máis emblemática do rugby, cando a dianteira disposta en 3 liñas intentan obter o balón e empurrando gañar avance.
TOUCH ou line out, é o saque de banda.
TRIES ou ensaios
KICK patada para gañar terreo
DROP, patada aos palos, nunha situación de xogo ou patada de bote pronto.

 Con nós ademais das chicas estiveron os Javis ou javivis, Conan e Pablo para respostar a pregunta:
É POSIBLE O RUGBY EN EF? Posible e MOI RECOMENDABLE, mírao:
http://molameorugby.blogspot.com.es/p/actividades-feitas.html
  Que podemos esperar dun deporte onde o balón e vacilón ou ovalado?, e hai un só balón para 30 xogadores?. Onde hai que avanzar con decisión cara diante, pero pasando para atrás?. Onde non está permitido falar coa autoridade ou árbitro e hai un tercer tempo?...ISTO É RUGBY, PRÓBAO!

GRAZAS CHIC@S POLA VOSA ENTREGA NA CAUSA: "Un home non é máis home porque xogue a rugby, nin unha muller é menos muller porque xogue a rugby."
E @S QUE PROBASTES E QUEREDES MÁIS:
- Sábado 10 de Maio INTERCENTROS no campo de Acea de Ama
- Chicas os 3 primeiros Martes de Maio adestramentos en diferentes espazos
ADESTRAMENTOS NA TORRE E ELVIÑA:
- Chic@s ata 16 anos, na Torre: Mércores e Venres as 19:00
-17-18 anos, chicos na Torre: Mércores e Venres as 20:00 e chicas en Elviña as 19:30 





No hay comentarios: