Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

viernes, 21 de marzo de 2014

GRAZAS NICK!!


"Que bonito es el amor en primavera"
Que tal se che da a micropoesía?...
Que bonito es el querer...
Agora son moitos os moz@s que escriben as míticas e clandestinas "cartas de amor",  nunha linguaxe de signos similar ao que empregan co whatsapp,  sen ningún tipo de pudor, nun rexistro grosero de moi mal gusto, dando renda solta aos baixos instintos, mensaxes carentes de delicadeza e sentido moi distorsionado do amor.
Algúns falan de que os adolescentes son egocéntricos, narcisistas, vagos, inmaduros, sucios, e mal falados, para entendernos, do peor. E que por suposto a culpa é deles!
Outros pensamos que algo de responsabilidade teremos os adultos no mundo que fixemos para eles...
A pesar de ser a xeración con máis educación da historia, moitos adolescentes,  están insatisfeitos, inseguros, pasivos ou agresivos, e ven como escape ideal, o alcohol, tabaco, drogas, a sexualidade banalizada para fuxir da triste realidade...

Hai moitos adolescentes que cren que non son bos, que din que non serven para nada...? Que tipo de educación están recibindo? Que facemos pola educación afectiva?

Este conmovedor curto: "EL CIRCO DE LAS MARIPOSAS" pode facervos pensar, por se alguén aínda se cre un gusano...

Deberíamos facer todo o posible para educar en saúde e intelixencia  emocional, para maior satisfacción persoal, para conectar a cabeza, corpo e emocións nun estado de EQUILIBRIO.
 "Primeiro son os estudos"? Primeiro é a saúde e ir medrando no persoal e social, na integridade de todos os saberes ou INTELIXENCIAS MÚLTIPLES!!
Un adolescente co autoconcepto  polo chan , sen motivación para os estudos , sedentario de pantalla, que cre que non serve para nada, porque non sabe facer nada... Como pode aprender a valorar os estudos? Terá que quererse, sociabilizarse, gozar de actividades chulas nun tempo de ocio enriquecedor, valorar a vida e aprezar as oportunidades que  ten. E despois será un bo estudante. Temos que educar dun xeito integral, para que sexan quen de crer neles, de quererse, de ter empatía, para sentirse satisfeit@s e loitar con esforzo polos seus soños, ou polo significado que lles van dar as súas vidas.

Mira este extraordinario ser humano, luego mírate a ti mismo y AGRADECE!! Esfuérzate, lucha, SUPÉRATE!!
GRAZAS NICK!!

Con "COME, BAILA, GOZA"  contribuimos a  unha boa percepción de vos mesmos,   gozastes bailando"" Aí vai  a UDI corrixida e completa, coas vosas valoracións. Por suposto o ano que ven como pedides, haberá máis baile e concurso "ALABAILA"... 
COMBAS A.2_Recurso_2.1._Modelo_UDI ZALAETA
What´s your passion? What´s your talent? 
What makes a great idea?



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.