Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

martes, 26 de agosto de 2014

PADDEL SURF con arroaces en Riazor blue...

Calarás arroás:  Dise ó que non para de rosmar, alborotar e facer ruído


Cando na praia avistamos algunha aleta dorsal...
 xeralmente non hai perigo a vista, bañista...


Non é tan excepcional, en calquera época do ano podemos ver aos arroaces entrando nas rías na procura de alimento. Aliméntanse de diferentes especies de peixes, de cefalópodos e incluso dalgún crustáceo. Tamén é posible que coman do peixe capturado nunha rede, chegando a romper as mallas, o que explicaría a tradicional aversión que lles teñen moitos pescadores.  Navegando podemos levalos na proa de acompañantes, ou seguíndo o ronsel que va deixando a embarcación...
                            

A final do verán o chulo é ver o espectáculo de iniciación en destrezas e autonómia  das crías.
As crías miden ao redor de 80-100 cm no momento do nacemento.


  As crías nadan pegadas as súas nais,  nese movemento ondulado acompasado tan relaxante de contemplar, totalmente protexidas pola manada.     A lonxevidade  é duns 30 anos os machos e 40 anos as femias. 
       

Os arroaces son unha especie de maior tamaño que o golfiño común, miden entre 2 e os 4 m; o peso oscila entre os 275 e os 650 kg, os machos máis grandes e máis pesados que as femias.A pel é de gris a negra, máis clara, brillante e inmaculada nas crías, nos adultos machos máis chea de arañazos, ou pegadas das súas batallitas, as marcas e cicatrices na pel fan posible diferenciar a súa idade e sexo. 


Cando vas nadando, ou nunha táboa sénteste moi vulnerable, e pensas, como se lle dea por xogar conmigo, a ver onde acabo eu... deíxante que esteas co grupo, nadan en círculo, crúzanse, pasan por debaixo da táboa, e nalgúns momentos desaparen todos a vez e despois de aproximadamente 2´ volven a saír a superficie, e escoitas como botan con forza a auga das vías respiratorias, saíndo un sorprendente, potente e sonoro chorro... Nós vimos como un macho bateu con forza a cola, repetidamente, salpicando moito e facendo unha sinal de poderío...
       

Adoitan vivir en grupos ou mandas de 12 ou máis exemplares, que forman unha unidade familiar estable, dirixida por unha femia adulta e que conta con nais, crías e subadultos. Os machos adultos viven illados ou en grupos máis reducidos e pouco estables. 


Son excelentes nadadores e poden mergullarse buscando comida ata os 100 m de profundidade., e aguantar ata 8 minutos baixo a auga. Están presentes en todos os océanos do mundo, excluíndo as augas circunpolares. 


A poboación de arroaces mantense en niveis elevados, 
polo que afortunadamente aínda non é preocupante o estado de conservación desta especie.


As veces os surfistas teñen que ceder a preferencia da onda...

        

Este ano non quixeron perderse a final feminina do PANTIC CLASSIC, e a brasileira e australiana estiveron nos primeiros momentos un tanto intranquilas vendo as aletas tan preto...


É responsabilidade nosa deixar en herdanza calidade e diversidade medioambiental


 Ensinándolle aos nen@s a amar, respectar e preservar a natureza!!
Gaspar, foi o máis célebre e sociable cetáceo que visitóu as nosas costas, interactuando con todos os que quixemos coñecelo. Adestrado pola mariña norte americana, sabía facerse moi querido. Na calita do matadeiro estivo unha tempada de verán, cando pescaba facía gala dunha velocidade e pericia pasmosa, pero tamén tiña os seus momentos tranquilos de xogo e sociabilización cos todos os que nos achegámos a coñecelo e admiralo.

http://gl.wikipedia.org/wiki/Gaspar_(golfi%C3%B1o)

E que sigamos vendo "golfiños" no mar, porque en terra xa vemos de máis...


 En que país se fan as cousas mal, e logo por enriba se fagan peor... 

Deixan un espazo pechado ao mar cun muro barreira de pedra...

                     
Cun baixo que durante dous veráns, usaron os socorristas... Agora pechado e inutilizado.

                       

Se houbese sensibilidade e sentidiño habería unha rampla de acceso ao mar, un espazo onde tod@s poderíamos gardar as táboas, habería kayaks para alugar en verán aos turistas...

Dende a Torre de Hércules houbo a oportunidade de facer un camiño de terra peatonal paralelo ao paseo, como ó que leva ata a casa dos peixes.

   

Habería que continualo por debaixo das arcadas do paseo, con bancos e iluminación axeitada...  

                       
 Quen pensa en darlle valor ao que temos, en mellorar o futuro dos nen@s e darlles un espazo para o benestar aos maiores...?? 
Unha porta pechada cara un acceso "pouco recomentable..."
O lugar máis bonito da cidade orientado ao sur, 
tería que ser o máis mimado para goce de tod@s!!
Que podemos esperar dun Concello que promociona unha noite de San Xoán, onde en vez de compartir sardiñas e churrasco, máxia e tradicións... En vez de dar valor ao noso patromonio, facemos festa botellón e encantados de coñecernos...
 enchendo o mar de merda...?? 
                   
merda que logo imos comela nós nos peixes que consumimos...


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.