Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

viernes, 12 de septiembre de 2014

Eu corro como unha NENA!!

QUE SIGNIFICA FACER ALGO COMO UNHA NENA? Para a sociedade en xeral...? E para ti?
"MULLER tiñas que ser...!!"  Que che digan isto é unha boa cousa?

Aínda que vivimos nun país democrático, asentado nos principios de liberdade, igualdade e xustiza... Vemos situacións "Typical spanish" ou macholandia, de microMACHISMO...

Hai moito prexuizo sexista, ou violencia sexista de baixa intensidade, desprezo e ridiculización  das mulleres no ámbito do deporte, é moi frecuente escoitar:
“Corres como unha nena” “Que che gañe unha rapaza, que vergoña!!” “Moveros, non sexades nenazas” “Como deixades que vos gañen as rapazas?... Na praia, un pai enfadado co seu fillo porque este quere, pero non se atreve facer surf, dille: “Serás cobarde, nunca más te traigo a la playa, que te traiga tu madre y llórale a ella como una niña, que es lo que pareces.” Non podemos “inocentemente” caer nese “xogo”...



Coñeces algunha destas SUPER "NENAZAS" que fixeron, están facendo ou farán historia...? :       
Teresa Portela, Sofía Toro, Ana Peleteiro, Verónica Boquete, Elena Roca... Carolina Marín, Gemma Mengual, Ona Carbonell, Mireia Belmonte, Amaya Baldemoro... No mundo do deporte unha muller non é menos muller, non é marimacho por correr maratóns, facer triple salto ou rugby... e competir con ambición para cumprir os seus soños e ser as mellores!!

En EF aplicamos unha liñas metodolóxicas que permiten un óptimo desenvolvemento das capacidades do alumnado dun xeito integral, poñendo especial atención para que fagan do deporte un momento liberador e integrador, e de igualdade entre mulleres e homes.
A linguaxe mal empregada fai dano,  manter esta simboloxía subliminal de violencia machista doutros tempos non axuda a normalizar.


A comezos do século pasado, as mulleres desaconsellábases andar en bici por “prescripción facultativa”ou con “argumentos científicos”...

http://blogs.publico.es/strambotic/2014/07/carabici/
 A muller era mellor non deixala ir libre pola rúa polo noso ben...


Noutros tempos pasados e peores, en España as mulleres non podían levar unha falda curta, ou sair de noite,  viaxar sóas a non ser que quixeran perder a súa reputación... Queres viaxar ao pasado?


 Temos que seguir loitando e reivindicando a dignidade e o tratamento de igualdade da muller en calquera ámbito da sociedade: Nas ciencias, nas finanzas, na política, na cultura, no deporte, na vida doméstica... 

Nestas imaxes a fotógrafa yemení: Boushra Almutawakek retratou  fundamentalismo e velos no seu país Secuencia del hijab: Nai, filla e moneca... 
Para visibilizar o invisible!!



Tampouco é que en occidente a liberalización da muller estea totalmente asumida por tod@s. Hai moita tela que cortar...  Hai hábitos e comportamentos adquiridos, hai moito que seguir normalizando...
En occidente a liberalización da muller trouxo comportamentos indesexables, que tamén haberá que normalizar... Estamos totalmente en contra da pornografía ao alcance dos menores de idade, na rede, a banalización da sexualidade, a non distinguir que situacións de contido sexual pertencen ao ámbito privado ou público, ao consecuente ciber acoso sexual... 
 Hai moito que seguir EDUCANDO E NORMALIZANDO!!
Unha pioneira de lacoru, la condesita moi botada para adiante...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.