Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

domingo, 24 de mayo de 2015

HÁBITOS SAUDABLES: Deporte ESCOLAR na natureza!!

"- É que na vida hai dúas lóxicas. A que vén nos manuais e a outra, a da vida. E como non me entendía expliqueillo mellor.
-Si, dúas. Exactamente o mesmo acontece na xeometría. Existe a circunferencia euclidiana, ríxida, medida, feita con compás. E existe a lúdica, a que trazamos no chan co pé, co dedo índice ou co pico da buxaina." (Miguel Torga: Diarios) ou cun pau na praia...


Como non nos explicamos ben, a maioría dos profesores non entenderon a asignatura de LIBRE configuaración que propón o departamento de EF para que os nen@s podan ir xogar a praia. E imos explicalo mellor para poder seguir facendo realiadade os soños dos nen@s.

Na vida hai dúas lóxicas. Si, dúas, exactamente o mesmo acontece no ensino. Existen os contidos dos curríCULOS oficiais. E existe a realidade dos nen@s , que é algo máis real, práctica, e lúdica. O noso proxecto é incómodo porque  recórdanos que nin ó que ensinamos, nin como o ensinamos é unha chulada.  Esta proposta de asignatura de LIBRE configuración é innovadora, rompedora, disruptiva e queredora. É algo que queren ter a posibilidade de elixir os rapaces!!

Se en EF estivéramos ensinando como fai 20 anos atrás, deberíamos mirar de cambiar, é o que estamos intentado facer: ensinar mellor EF intentado incidir nos hábitos saudables perdurables. E se esta atropellada e non consensuada LOMCE permite que cremos e creamos nalgo novo deixade que intentemos mellorarnos, por favor.

Por que nos equivocamos se non incluimos no PEC (Proxecto educativo de centro) como relevante e prioritario as prácticas en hábitos saudables para fomentar unha educación actual de calidade por competencias e unha cultura do ocio?
Logo non nos queixemos de que non descansan, non almorzan, están estresad@s e toman moitas manzanillas... Nós si que podemos facer algo polo benestar social no noso instituto!!

¿La alimentación o la nutrición deberían ser tan importantes como las matemáticas o la literatura en el currículum escolar? ¿Por qué? ¿Te parece bien la prohibición de vender refrescos, snacks, dulces y comida basura en las escuelas? O educamos para un consumo responsable? ¿Ofertamos también productos saludables?...

De momento non temos a posibilidade de poder comprar froita, nin enteira nin troceada na cafetería do centro, e nunha charla cun pai médico, onde estaba o director, responsable da cafetería, profes e pais, pedimos por favor que axudemos entre todos a cambiar hábitos nocivos para a saúde!! GRAZAS RAMÓN!!

http://blogs.elpais.com/el-comidista/2015/04/entrevista-jamie-oliver-food-revolution-day.html

O outro día fomos xogar e bañarnos no Orzán, e seguiremos divulgando unha cultura do ocio, ou acabaremos como Susanita...ja,ja

MÁIS ORALIDADE E CORPORALIDADE
EN ZALAETA!! 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.