Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

miércoles, 10 de junio de 2015

Hábitos saudables: DANZA!!

ASUMAMOS NUESTRO COMPROMISO CON LA SOCIEDAD Y CON NUESTRO TIEMPO!!
Vivimos nunha sociedade hipercompetitiva e dual,  na escola segue a estar moito máis valorada a mente que o corpo... A dirección enfrontou a oralidade e a corporalidade nun claustro, e tod@s sabemos cal gañou por goleada para impartir como ALC, asignatura de libre configuración... Vemos que non están integradas as intelixencias múltiples, que non se traballa por competencias clave e
os nen@s  precisan expresarse, liberarse e requilibrarse-conectarse:
corpo-mente-emocións. 

A EDUCACIÓN non pode desenvolver o potencial das persoas, se estas non se coñecen a elas mesmas. O autocoñecemento leva a autoaceptación e isto é imprescindible para a motivación dos nen@s e as gañas de superación.
Por que triunfa a meditación nas escolas?

Nunha educación polo autocoñecemento, bailar é necesario para conectarnos coa nosa esencia, para crear, para sentir poder... A mellor maneira de relaxarte: requilibrarte e RENERXETIZARTE é bailando. En Zalaeta sabemos bailar, e temos as nosas musas, como Xiana, María, Giselle... que coa súa arte emociónannos bailando!!

Grazas María por este vídeo divulgativo tan chulo, feito dende a razón e o corazón!! 
         

A DANZA É A EXPRESIÓN DE SENTIMENTOS INDIVIDUAIS
 E COLECTIVOS, SÍMBOLO DE CULTURA DUNHA SOCIEDADE.

Unha sociedade culta ou ben educada prioriza a educación, non ten complexos, e cre no benestar colectivo. Nunha sociedade mal educada,  cada un mira o seu ombligo e  está incapacitad@ polo medo... E si deberíamos desconfiar daquelas persoas que non bailan...ja,ja


En Ioga con Álex as nenas fan biodanza,  liberan emocións escolares negativas, neste sistema escolar tan opresivo e aprenderon a utilizar as respiracións completas profundas reparadoras, para aplicalas neses momentos da vida onde senten estrés... (exames, saír ao encerado e falar en público...)

Un respiro ou"3 completas", un sorriso, un querer... e a vida ten máis sentidiño!! 

           

Moitos nen@s din que non poden facer deporte, bailar, xogar... porque non teñen tempo!
E precisan facer outras cousas enriquecedoras ademais de estudar. Escoitémolos!!

Actuemos en consecuencia para favorecer un desenvolvemento integral da persoa!!, 
 e que cada nen@ saque para afora o talento agochado que leva dentro!!


Por iso ó departamento de EF quería darlle aos rapaces esa vidilla que están pedindo dentro das aulas, esa proposta de ALC de HÁBITOS SAUDABLES: DEPORTE ESCOLAR NA NATUREZA, gustaríanos que ninguén en Zalaeta, por falta de tempo, quedes sen saber xogar ao volei praia, porque temos praia para compartir e gozar xogando!! E porque nin ir de centros comerciais,  botellón, nin caer no tabaco ou outras drogas van facelos felices e equilibrad@s  

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.