Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

viernes, 2 de octubre de 2015

O corpo humano: Manual de instruccións

A EF é  ou manual de instruccións  
 dun  maravilloso aparello de inxeniería: O CORPO
Que apartados compoñen un manual de instruccións? 
Descripción do aparello, eficacia ou fiabilidade e recomendacións de hábitos saudables para a súa conservación, averías e servizo de mantenimento...
Que di este manual de instrucións en relación a saúde? 
A condición física relacionada coa salud é a habilidade que ten unha persoa para realizar actividades da vida diaria con enerxía, porque ten desenvolvidas as capacidades aeróbica, músculo esquelética, motora e de composición corporal, que se asocian cun menor risco de padecer enfermedades crónicas  A evidencia científica indica que as oríxes das enfermidades cardiovasculares atópanse na infancia e adolescencia. Polo tanto, a evaluación e evolución da condición física relacionada coa saúde nestas idades é de gran interse dende o ámbito clínico e de saude pública.


O exercició física non só mellora o corpo, tamén osixenamos o cerebro e melloramos os procesos cognitivos. Que descoñeces do funcionamento do teu corpo-mente-emocións?

Que é o que leva a tomar perigosos "atallos" para sentirse ben?. DEBATE:
"Eu prefiro quedar cos amigos para ir de botellón, fumar... que quedar para facer deporte e actividade física na natureza" 
Por que os moz@s as veces déixanse levar e seducir polos que teñen un comportamento idiota?... Presión de grupo...??


Descripción dos aparellos que compoñen a "maquinaria" co corpo-mente-emocións:
APARELLO RESPIRATORIO
APARELLO DIXESTIVO
APARELLO CARDIO VASCULAR

APARELLO  NERVIOSO
 APARELLO ENDOCRINOAPARELLO  INMUNOLÓXICO


Por que dicir:  NON A FUMAR?

Reflexiona sobre as drogas legais ou non, comezar probando, facerse dependente para ter subidóns, adicción, consecuencias irreversibles físicas, psíquicas e sociais...!!



Outro tipo de drogas:
Energy runner: Por que hai tanto runner "enganchao" correndo polas cidades do mundo?

RUNNERS WORLD
Artigos  relacionados coa condición física e saúde, adestramento, competicións, viaxes,
consellos de especialistas...
Como practicar exercicio saudable: 
http://www.runners.es/nutricion-salud/articulo/como-practicar-ejercicio-forma-sana
 A que pulsacións adelgazas correndo?
http://www.runners.es/nutricion-salud/articulo/a-que-pulsaciones-se-adelgaza-corriendo

CANAL BIENESTAR 
Aquí podes atopar dende relaxacións guiadas ata repasar técnica carreira

   FIT SEVEN 
 Con artigos intersantes sobre hábitos saudables...
Como facer dieta sen facer dieta?
http://fitseven.net/pierde-peso/alimentacion-saludable


  Ou podes inspirarte con experiencias vitais de sensacionais e excepcionais campeóns, ou
  "extraterrestres" !!



Están estes "anormais" e despois estamos a maioría,  @s que somos "normais"...
Coñece, coñécete e ten personalidade, 
elixe, decide... 

Actividade física ou sedentarismo?

Auga ou cocacola?

 Froita e comida saudable ou chuches e comida basura?

Descanso e durmir ben ou trasnochar e despertar canso?

Enerxía ou apatía e cansanzo?

Quedar cos amigos para facer deporte, ou botellón, fumar e  outras drogas ?

Asertividade ou agresividade?

Optimismo ou pesimismo?

Superación ou abandono?

Loitar ou rendirse?

Solidaridade e benestar social ou egoismo puro e duro?

Proactivo ou reactivo?

Empatía ou confrontación?

Humildade ou soberbia?

Ilusións ou frustracións?

Argumentar, debatir,  ou desprezar, berrar?


Queres? ti te queres? ti que queres?



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.