Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

lunes, 13 de febrero de 2017

ESCALADA: Feliz día de San VALIENTÍN!!

A vida trátache como ti trátasche a ti mesmo!!

Cada un de nós ten que tratarse ben, ten que darse a oportunidade de crer nel e saíndo da zona de confort arriscarse a probar algo que da medo. Porque a escalada nestas condicións, co material axeitado de calidade e  excelentes monitores é totalmente segura, a realidade é que non ten perigo algún. GRAZAS a Félix, Elena, Chicho e Mariquiña por darnos esta oportunidade tan chula de superación persoal a través do deporte da escalada en rocódromo.

Fomos ESCALAR coa intención de achegarnos a un deporte onde o físico e a técnica son importantes, pero sobre todo a cabesiña ou fábrica de pensamentos. Quen foi quen de convencerse de eu quero e podo facelo, quen recoñeceu e enfrontóuse ao medo con pensamento positivo e esforzo pola superación, quen loitou e non se rendíu a primeira gozou moitisimo, experimentando un tremendo subidón de autoestima. 

Foi unha práctica altamente educativa, polas alturas adquiridas e pola profundidade emocional; tod@s sentimos inseguridade e medo, depende como actúes e como te trates,  obterás satisfacción e goce ou ben dor e sufrimento. Conectarse coa dor e bo se aprendes a ter un diálogo interno positivo. 

Nin o teu peor enimigo pode facerche tanto dano como os teus propios sentimentos cando son negativos, nese caso quedas ríxido, bloquead@ e estás a limitarte nunha experiencia que podería ser moi enriquecedora. Sabemos que isto costa logralo, polo que é moi bonito dicir, que a totalidade do alumnado de 1º ESO foi quen de superarse e gozar.

Escalar é un aprendizaxe deportivo, pero aínda máis importante, é EDUCACIÓN EMOCIONAL para a vida.

 A vida non é unha competición a ver quen chega antes, a ver quen é o primeir@, a vida é recoñecer e seguir o propio camiño, cada un ten que asumir os seus propios retos, e cada logro hai que sentilo e disfrutalo!! 

PARABENS A TOD@S, SODES UNS VALIENTES!!

FELIZ DÍA DE SAN VALIENTÍN!!
Escalando fostes tod@s uns valientes !!



























ENQUISA DE INICIACIÓN A ESCALADA DEPORTIVA
 - ROCÓDROMO -  Febreiro 2017

1º ESO  GRUPO:                                                                                                       
 IDADE:                  SEXO:
1.- Escalastes con anterioridade algunha vez?         Onde, con quen?

2.- Gustaríache volver escalar?           Por qué?

3.- Cales cres que foron os obxectivos de ir escalar?
Persoais.-
Sociais.-

3.- Valora a práctica de escalada deportiva:
 Moi boa      -      Boa      -       Regular      -      Mala

4.- Valora aos profesionais de AMI
Moi bos       -       Bos      -       Regulares    -     Malos

4.- ¿Cres que o vídeo que viches con Mariquiña axuda a coñecer  o universo (deporte/aventura/cultura)  da montaña?

5- Que outros deportes de montaña coñeces? Que modalidades che gustaría practicar?

6- Coñeces as posibilidades que tes de achegarte a montaña se te fas socio de AMI? Estás pensando nesa posibilidade?

E agora a seguir bailando corazones!!!!! ja,ja
 e viaxando en bici, ata que toque ir a SURF e PIRAGÜISMO!! oleeee

Quenes ides facer LASER e ESCALADA? como extraescolar??


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.