Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

lunes, 10 de abril de 2017

ALABAILA ou como evitar "Dar un mal paso"...

Como sabemos Francia foi un país cun papel decisivo no nacemento do BALLET CLÁSICO. Pero non só causou gran impacto en  Luis XIV, o Rei Sol que no S.XVII creou a Académie Royale de Danse, onde se nomearon e sistematizaron as 5 posicións de pés, brazos e pasos básicos...

Tamén o comediante Moliére dicía de alguén que da un paso equivocado na dirección de asuntos de estado, exército...
"Non será esta unha evidencia dunha falta de habilidade no baile?"
Nós tamén desconfiamos de quen non ten sensibilidade, aprezo e consideración polo baile, polo que ALABAILA é unha forma de liberar das ataduras, complexos, condicionantes e prexuizos aos nenos e moz@s para que gocen bailando como afecionad@s e tamén para que coñezan e valoren as diversas manifestacións culturais e artísticas profesionais. Nunha cidade onde o 80% dos nenos xogan ao fútbol tamén hai que dar a coñecer outra forma de traballar o corpo e o espírito... O traballo corporal dun bailarín é bestial, hai que velo para creelo!!

Agradecemos enormemente a colaboración de Chedes, a Directora do Centro Coreográfico Galego:
Coas súas achegas aos nen@s de 1º ESO agora entenden como esta manifestación artística foi evolucionando dende os comezos dos tempos, pasando por Grecia xa como arte, Renacendo en Italia no Renacemento, e acadando maior trascendencia en FRANCIA SXVII,  posteriormente en Rusia no romanticismo do SXIX e en USA no SXX onde despois de ter unha base de clasicismo se racha con todas as rixideces en todas as artes,  reinventando e reivindicando novas manifestacións artísticas modernas, actuais... nace a DANZA CONTEMPORÁNEA, o cine, innovacións tecnolóxicas...

Agora xa poden argumentar e discernir sobre estas cuestións:
- Por que tradicionalmente se asocia que o baile é cousa de mulleres? De onde veñen eses prexuizos?
- Quenes usan tacóns por primeira vez, as mulleres ou os homes?
- Por que non é falso dicir que os homes están mellor dotados para bailar?
- Que ocurre  co Ballet en Francia tras a Revolución Francesa en 1789 contra o absolutismo dos reis?
- Que ocurre coa revolución rusa e a ideoloxía comunista soviética? Que movemento artístico triunfa no S.XIX nas artes? Que aportan as puntas e os tutús?
- Cando e onde o ballet clásico da paso a Danza contemporánea? Cando comezan nas compañías de ballet a haber tantos homes como mulleres?
- Sabes por que hai un día internacional da danza, e por que se celebra nesa data?
- España é un país con bailaríns mundialmente recoñecidos, por que ninguneados aquí?
- De cantos e de cales destes nomes propios sabes cal era ou é o seu oficio e beneficio?
Terpsícore, Luis XIV, Noverre, M. Taglion, Petipa, Tchaikovsky, Vagánova, Anna Paulova, Rufolf Nuréyev, Maya Plisétskaya, Sergei Diaghilev, Fokine, Balanchine, Loie Fuller, Isadora Duncan, Martha Graham, Mary Wingman, Barysnikov, Bob Fose, Pinna Baush, Nacho Duato, Tamara Rojo...


ALABAILA vai de poñer en valor esta actividade integradora e  desmitificadora de roles sexistas. O deseño das coreografías é  a través de procesos de aula ricos e moi nutritivos. O suculento premio , unhas brochetas de froita!


Isto é bailar xa non dun xeito afecionado, GRAZAS "doblemente"... a esta parella de Druida por compartir con nós a súa arte.
ALABAILA Bailaríns Druida from efzalaeta on Vimeo.

E os nos@s finalistas por unanimidade do xurado,  foron 1ºC co seu Black & White fusion...  jasusito, jasusito...  que ben bailas!!
 A ver se facemos bo de ti bailando...
1ºC Finalistas ALABAILA from efzalaeta on Vimeo.

Un par de sabios consellos de Chedes sobre comunicación e complicidade entre público e bailaríns dende un escenario:
1- Evitar tocarse o pelo
2- Evitar momentos de espera sen facer nada
Se vos fixades neses momentos o espectador focaliza a atención en distraccións, pérdese esa fluidez , rachamos ese fío condutor que transporta ao espectador elevándoo pola maxia da música cos movementos expresivos... O público merece o noso máximo respecto, para iso temos que facerlles sentir a gusto con nós, estando cómodos na súa presenza e agradecidos por compartir con nós enerxía vital flow, vidilla... Por que non queda ben mascar chicle? Mirar para o chan, ou tocarse as narices...



Unha chulada ver como os de 3º, 4º ou Bacharelato axudaron coas luces, música, cámara, telón, presentación, monólocos... co seu saber estar e animando aos esit@s para que ALABAILA teña máis percorrido. 



 GRAZAS Ximena, María, Sabela, Carmen, María, Eva, Carmen, Nicole, Nacho, Mateo e Iván, e aos xuices de luxo.  O noso aplauso dende o Dept. de EF!!

Co proceso ALABAILA comprobamos un ano máis que bailar da moito subidón...

E agora que sabedes quen foi Loie Fuller ou Isadora Duncan... esta peli vai das súas vidas...




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.