Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

lunes, 1 de mayo de 2017

SEXTAS no Campeonato de España xuvenil feminino.

                                                                                                                                                                                Auuuuuu!!  AS NOSAS GUERREIRAS Volei Zalaeta dándoo todo!!

CAMPIONATO DE ESPAÑA6ªs!! PARABÉNS!!

Mozas que deixan pegada de mans en Zalaeta, as que admiramos e aplaudimos:

Inés, Paula, Emma, Lidia, Elisa, Ainhoa, Andrea, Maria, 
 Maria Orro, Noemi, Claudia, Laura e Alejandra.


PARABÉNS a Pepe, David e Tania, a todo o corpo técnico do CV Zalaeta. E por suposto a esas nais e pais entregados que apoian as súas fillas para que podan facer deporte.  Para saber máis: http://clubvoleyzalaeta.blogspot.com.es/

Cun obxectivo inicial de estar entre as 12 primeiras, chegamos a sextas!!
 Gañamos a equipos potentes como as de: Burgos, Torrelavega, Castellón. Facendo o imposible tamén gañamos as enormes de Baleares. Eso foi pola mañá do venres, e ntentándoo de novo pola tarde contra as de Granada, neste caso non pudo ser unha victoria, porque a pesar de dalo todo, xa non había máis que dar e non chegou.  Pero, as nosas guerreiras ou aloitadoras,  en todo momento  amosando unha motivación e unha entrega  total.  

E cun público comprometido co seu equipo, totalmente entregado que vibraba en cada punto, aupándoas en en xogos e puntos moi bonitos. Había nenas cadetes no campo, observando atentas e facendo as crónicas do partido para colgar no taboleiro do insti.


 Temos un equipaso do que podemos sentirnos ben orgullos@s. Son todo un referente para as nenas de 1º,  é o espello onde mirarse as categorías inferiores. Porque levar os estudos ao día e entrenar un día si e outro tamén e todos os fins de semana de pavillón en pavillón non é facil de compaxinar.


Estas mozas senten paixón polo volei, loitan, non se rinden. Por iso, no barrio das Flores a temperatura na grada subía, mentras o arbi asubía... A algúns lles recordaban tempos onde os profes berraban nas gradas: "Arre coño, carajo, puñetas, Zalaeta, Zalaeta..." ja,ja


                                                                Inés Rivas Fiel

Paula Rey López



 
Lidia Gudge Cerejido




Andrea e Paula coas súas compas sen deixar de pensar en positivo

Tania recordándolles por que están aquí e que é ó que queren conseguir

 



 Tempo "morto"? O equipo e a súa afeción estábamos moi vivos!! Nesos momentos intensos e inmensos de alegría colectiva zalaética.


Arriba Zalaeta!!

                                                       
 Aí estamos, GOzala!!  Zala Norte animando!!


No deporte e na vida, non fracasamos cando perdemos algún partido ou non veñen ben dadas algunhas cousas. Fracasa quen non cree nun mesmo ou non intenta superarse.


Porque chegar ata aquí non é un camiño fácil, hai que varolalo e apoialo!!


Estreliña, a nosa Dire!!

Colgándose medallas quenes meréceno!! Nivelón de volei en Coruña!!
 

Parabéns as de Professional Answer Alcobendas: Campionas de España .  Que foron quen de vencer  na final ao DSV San Cugat por 3-0 (25-19; 25-19 y 25-16).

PARABENS a todos os equipos de supernenas!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.