Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

sábado, 26 de mayo de 2018

ESGRIMA: E ti, por que deporte toleas?

Daniel Pennac: Este pensador, profe e novelista aclamado, chegou a ter a sabiduría dun "passeur", é dicir, transmisor xeneroso e altruista de coñecemento, non vai de intelectual inaccesible...Escoitalo da gusto porque podemos entendelo e identificarnos... Ensinemos a distinguir aos adolescentes entre os desexos  e as necesidades fundamentais ou competencias clave. Saquémonos o medo do corpo, o medo a soedade, ao fracaso... e fagamos proxectos conxuntos que nos axuden a comprender...

A FELICIDADE e COMPRENDER e COMPARTIR!!

Unha evidencia, ningún profe-alumno-familia podemos desentendernos das nosas responsabilidades na EDUCACIÓN, non podemos botar culpas ao sistema e quedar sen loitar por facer mellor as cousas... 

Outra evidencia: A actividade física é algo máis que mover o cú...

"La evidencia indica que la actividad física puede ser un motor de desarrollo, tanto de los individuos como de sus sociedades"


ESGRIMA, TRIATLÓN e PENTATLÓN MODERNO
Tol@s pola integración social a través da esgrima. Podedes escoitar a Ruth sobre cales son as razóns que moven aos 100Tolos. En Zalaeta sabemos do que ben leva facendo dende todos estes anos esta combativa muller, xerando posibilidades de medrar destemid@s a quen aínda non se decatara de que facer deporte faite máis poderos@ ou menos vulnerable
Que ningún nen@ en Zalaeta quede sen facer deporte;
INTEGRATLÓN! e a por máis tol@s...

 Esta familia de tol@s  superando un reto deportivo en Cádiz, con moito humor, ánimo e saber facer fora e dentro da competición, practicando deporte, pero sobre todo creando hábitos, vínculos e valores para a vida... PARABENS ANDREA! eseeee podium nun campeonato de España


E ti, por que deporte toleas?
Ninguén poñe en dúbida que ao final morremos tod@s fagas deporte ou non... 
e que a xenética pode condicionar tanto para ben como para mal...

Pero se podes pasar a maior parte da vida gozando de saúde, sentíndote feliz, activ@, rindo e compartindo deporte... por que conformarse con menos? O exercicio físico desenvolve o corpo, osixena e  axiliza o cerebro, fai que sintas benestar social e emocional... e aínda que non é pouco...
E que máis? pois deberías ler este artigo:

"Un estudio en Alemania mostró que los deportes activos aumentaban los ingresos de quienes los practicaban
en cerca de 1.200 euros anuales"

y la productividad al mejorar la salud física y mental, 
desalentando el abuso de sustancias nocivas,
y ser una fuente de inspiración
 para logros atléticos y académicos"

Neste estudo conclúen con que aínda hai moitas cidades que poñen barreiras. A ausencia de carril bici de verdade é unha barreira para vir ao insti en bici. Paises que non facilitan ou promoven a practica do deporte, lexislacións absurdas para sociedades e clubs deportivos, federacións corruptas, inexistencia ou programas moi mellorables de promoción de hábitos saudables...  Colectivos máis vulnerables:
 nen@s,  mulleres e poboación  en situacións de pobreza.
A darse valor en Zalaeta!!  

Además, además, además... además...además...ja,ja 

Esperamos máis vídeos onde vexamos alternativas de ocio activas e divertidas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.