Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

sábado, 2 de junio de 2018

PERFORMANCE e a importancia dos procesos creativos


Por que sacamos a vida das aulas a rúa?
Que relación ten o corpo e a educación?
Que son as artes vivas ou artes do movemento? Que está a pasar nas artes?
Movemento, arte, cultura, educación, corpo, vida…  repensar e reinventar o mundo?
Educamos en saúde, valores democráticos e respecto as diferenzas?
Cal é a diferencia entre Ximnasia tradicional e Educación física?
Pode a educación ser un motor de cambio social?
Que importancia lle damos en Zalaeta a:

CUERPEAR, PENSAR E PALABREAR?

Os seres vivos  SOMOS CORPOpercibimos o mundo a través do corpo. PENSAMOS CO CORPO !!
Sentimos, comunicámonos, falamos, sociabilizámonos co corpo! 
É increíble que siga vixente  polos séculos dos séculos, o imaxinario cristiano herdado de "verdade" sagrada, absurda, parva e obsoleta, de asociación da mente e razón ao espíritu digno, sabio, nobre… sendo o corpo o oposto. Nada máis lonxe da realidade e
  unidade dun ser vivo
Debuxos e textos de Noela e Lucía de 1ºB ESO que reforzan a idea de que a EDUCACIÓN INTEGRAL ten que integrar ou conectar todos os saberes, artes, corpos... 
Nesta liña de apostar pola saúde e a educación artístico participativa, este curso:
-Colaboramos co proxecto MASA da programación expandida do TRCDanza debutando no teatro con Galaxia croqueta https://www.pe-trcdanza.gal/masa

-Fixemos un proceso ALABAILA moi motivador e integrador   http://movendocu.blogspot.com/2018/03/iv-gala-alabaila-para-facernos-voar-e.html

- Participación no  I Taller de Público(s) de artes vivas con Isabel Mendoza e Caterina Varela   https://www.pe-trcdanza.gal/publicos

-Colaboramos na “SENS ARTS WEEK”sensibilidade e transformación social   https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2018/05/29/sens-arts-week-impulsa-reflexion-sobre-educacion-artistica-ciudad/00031527585708479249883.htm

“A arte é a clave para formar xeracións capaces de reinventar o mundo herdado. Reforza a vitalidade das entidades culturais e promove a relación con outras comunidades.”(UNESCO)
 Que reflexión colectiva queremos compartir?
Aínda que algún neno participou no proceso, a performance non puderon ir, botándose en falta.




Da man de Patricia, profe de plástica e bailarina de contemporánea, o alumnado de 1º, 3º e 4º da ESO fixo un proceso creativo, conxuntamente coa Performer Marta Cuba, algunhas tardes dos venres no instituto para argallar o proceso.














Logo saíron a rúa coas mesas e sillas a amosarmos a súa realidade:

 CORPOS ZALAÉTICOS na contorna urbana próxima ao insti, nun momento de final de curso... Que pensamos? Que sentimos?
Que percibe quen mira? 
Hai quen vai pasexando e queda a mirar, 
outr@s ven, quedan sorpendidos pero seguen… 
Aquí todo está aberto, na realización da PERFORMANCE e tamén nas miradas...
 FOTOGRAFÍAS de Luisa Torres, a nosa cualificada reporteira, 
amante das artes dende o máis antigo ao máis contemporáneo...

 Ai tantas interpretacións como miradas, cada persoa que ve, mira, observa, saca as súas propias ideas do que está a ver na rúa, mentras a vida segue...
Se queremos que a educación chegue a ser motor de transformación social imos seguir saíndo das aulas, e deixando entrar especialistas que aporten frescura, axudándonos a achegar aos adolescentes novas posibilidades expresivas, novos camiños por percorrer…

Seguiremos activando o corpo e polo tanto o pensamento
Solos somos capaces de mirar e amar aquelo do que somos conscientes, ó que nos fai sentir e enchernos de vida… Seguiremos aprendendo a mirar as artes dun xeito máis integrado e integrador, con menos prexuizos e máis liberdade.


Grazas polos vosos vídeos, debuxos, textos... para concienciar da importancia de darlle valor e vida ao corpo, porque un corpo coidado é un cerebro máis osixenado e un todo conectado... 
Menos medicamentos e máis mover o cú... 

Noela, María Alejandra e Lucía de 1ºB contrastando as expectativas e realidades nun rexistro pouco serio... imos copiar ese modo de subir escaleiras tan "rompedor"...ja,ja

Celia de 1ºA invítanos a ver como é quen de acougar, concentrarse
 e atopar o seu EQUILIBRIO ou superporderes

Paula de 1ºC entrevista a Silvia, a súa entrenadora de patinaxe, cofundadora do Club Alquimia
 

Natalia de 2ºC recórdanos que para non morrer non hai nada que facer, pero para vivir máis e sobre todo  mellor siiii

Marta de 1º B ti si que tes maxia!!
 Grazas por compartir este debuxo-reflexión tan fermoso, na liña da peli "Campeones"...


E seguiremos con ese debate que xurdíu en 1ºB analizando o xogo "Pelota sentada":
"As mulleres, xa non nos conformamos
 con menos espazo-tempo que os homes" 
Símbolo de ocupar-acaparar noutros ámbitos da vida social...
Queremos coeducación, ser tratadas en igualdade de condicións,
non pedimos máis, pero tampouco menos...

Álex de 1ºB sabe xogalo, contalo, pintalo...

Mulu de 1ºB fainos ver os prexuizos que se agochan tras
 un balón de fútbol e unhas zapatillas de bailarina...

Tod@s coñecemos nomes de grandes futbolistas, e bailarinas?
Nesta sociedade androcéntrica hai que preparar aos nenos para que sexan guerreiros, para poder asumir poder. O deporte é outro reflexo da xerarquía social;
o valor que se lle da ao fútbol ou a danza é desigual. Neste vídeo podes escoitar un revelador tratamento desigual sexista na cultura africana...
Para ter unha sociedade máis aberta e xusta temos que asumir novos retos nas relacións humanas e modos de vida. Compoñer entre tod@s novos valores e novas formas de ver a realidade, o deporte, a cultura, é procurarnos o pleno desenvolvemento das capacidades corporais-intelectuais e afectivo sociais, e abrilas para tod@s en igualdade de oportunidades e recoñecementos...


E falando de artes en maiúsculas NOITE BOHEMIA somos tremendamente afortunad@s en Zalaeta de contar con esta compañía de semiprofesional coa que emocionarnos:
https://es-es.facebook.com/noitebohemia/

PARABÉNS a Javi e esas criaturas ás que lle deu tanta vida....  
Despois de EXCELENTE que ven?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.