Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

martes, 24 de septiembre de 2019

"Navegar é preciso"

BENVID@S a bordo! curso 2019/20
BOA VIAXE CARA O DESCOÑECIDO!
En Coruña gústanos o cheiro profundo iodado de alga, gústanos o sabor limpo a MAR...

"Navegar aos sabor das ondas dun mar que aproxima e une correntes. Contando, cantando e sumando voces, emprender un "eterno navegar" para sentir as brisas mariñeiras, arrecendos e sabores salgados..." (Uxía Senlle "Navegar é preciso")  "Cantos na maré" sabes ó que é?
Grazas Iria 1ºB polo teu debuxo tan chulo
Grazas aos patróns Jorge e Fernando do Juan de Lángara http://www.langara.org/  por axudarnos a chegar a bo porto. Para que non andemos a deriva, ensinarános como se fai camiño polo mar.

 Na charla inicial puxéronos este vídeo para que os nen@s entendan que navegar é algo máis que poñerse diante dun ordenador, móvil, tableta. Navegar é tamén descubrimentos,  dominio dos mares, batallas, comercio, pesca, transporte, ocio, deporte, coñecer outras xentes e outras culturas, aventura
Facer "Sail training" é enrolarse para non quedarse a palo seco. É traballar en equipo, descubrir mundo, descubrirse a un mesmo enfrontándose a resgos controlados que impliquen retos físicos e emocionais, potenciando as propias forzas e habilidades, é darse poder, é asumir responsabilidades é gozar do mar con sensibilidade cultural e medioambiental. Na liña da educación en igualdade de condicións, nun barco non hai baño de homes e mulleres, hai un baño de proa e outro de popa. Tod@s izan velas, limpan, cociñan, levan o timón, fan gardas...

"A VIDA A BORDO" curiosear a goleta amarrada a porto, tocar e preguntar todo. 
7,8,17 e 18 de Outubro de 12:30´a 14:30´ (1ºs ESO)

- "NAVEGAR É PRECISO"  
"O FARO DO FIN DO MUNDO" Visión do noso porto, ría, dique de abrigo, illa marola, menhires, faro do fin do mundo dende o mar.  Que sentes levando o timón? 
6, 13, 20 de Marzo e 4 de Abril. Venres as 16:00 en adiante. (1ºs ESO)  

"ARTABRANDO"  Sairemos da ría de Betanzos/Ares e percorreremos as tres rías ártabras
venres 27/sábado 28  con navegación nocturna e fondeo.

Posiblemente haxa algunha travesía máis, apetecible? Pois comecemos preguntándonos:

- Por que hai algas no mar? (hai urbanitas aos que lles molestan máis as algas que os plásticos..) E ti que accións fas polo noso "mar de mares"?
Quen é Greta Thunberg, que sentes cando fala da emerxencia climática?

- Interésate polo mundo das primeiras navegacións esas brutais viaxes que redondearon o mundo http://vcentenario.es/actividades/ Saíron 5 barcos e 239 homes e chegou un barco e 18 homes...Como podían orientarse daquela?


- Por que a nosa cidade está ubicada asi? Por que ten esa disposición na actualidade? Que significado ten a Torre de Hércules para nós?

- Que veu a Torre de Hércules e Breogán ao longo das distintas etapas históricas? Á quen veu saír ou entrar no porto da Coruña? Sóanche Isabel Zendal? Balmis? Humboldt? Juan de Lángara? Méndez Núñez? Algún chino cociñeiro?  Por que na nosa cidade os humanos e os petroleros tropezamos varias veces nas mesmas pedras?

- Por que se afunden unhas chaves e non un buque de carga con máis de 100.000 toneladas?

- Canto pode pesar unha áncora ou ancla? Sabes que é ancla de esperanza ou de caridade?

- Que fai que as velas dunha goleta sexan empurradas por rachas de vento fortes e non volque?

- Coñeces algún apaixoado das embarcacións tradicionais de madeira?
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2019/03/12/carpinteria-ribera-septima-generacion-mantiene-viva-construccion-barcos-artesanales/00031552422824764345432.htm
E algún percebeiro?

- A quen coñeces que pesque, venda ou cociñe peixe? Cantas veces comes peixe ou marisco? Fresco, procesado, ultraprocesado?

A bordo da goleta amarrada a porto
 Fixate ben en que morfoloxía e partes ten. Que aparatos mecáncios, eléctricos e electrónicos hai? Observa as cartas náuticas e atende, pregunta moito!. Como é o aparello e compoñentes?  Que nudos podes aprender a facer?Cal é o vocabulario básico de maniobras?
Precisamos un mínimo de coñecemento sobre a goleta, sobre
navegación e maniobras a vela.
No mar non hai carreteira, nin camiño trazado, os navegantes tiveron que inventar palabras para orientarse e para designar as maniobras. Orientación con respecto a que? Cantas palabras ou expresións coñeces que veñan do mar?
(Sóanche : amarrar, atracar, fondear, anclar, aproar, amurar, orzar, arribar, ceñir, virar, derivar, flamear. Barlovento, sotavento). Exemplo de como dicir proa noutros idiomas: ahead, avant, devant, a prora, avantei, a prua, a proravia...

 Se queres ser hábil navegando terás que implicarte, escoitar a quen sabe ensinarte, axudarche a facerte autónomo, crítico e  cando leves o timón, observando, aprendendo, tomando decisións, levando a iniciativa sexas moi feliz.

Daquela terás que interesarte por:-  Como está o mar? Que tipo de vento, intensidade?  De onde ven o vento? De costas? Vento de través? É posible navegar cara o vento?
- Como é a maniobra de acelerar, e frear? porque aquí non hai costas arriba e abaixo, ou si? Como actúa o vento sobre a goleta?
- Que rumbo imos levar? Como orientar as velas para levar ese rumbo? Que pasa se comprobamos que esa traxectoria imaxinada non se corresponde co rumbo que levamos? Como cambiar de rumbo e por que? 

 - Que refráns, coplas, poemas, pinturas, debuxos, contos, cantos de mar inspírante? Que tipo de relación tes ti co mar? Que exposicións, museos, actividades, libros, películas son imperdibles para ti? 


A exposición recomendable "NO FUERON SOLOS" estivo ata setembro no Museo naval de Ferrol
Reivindica o papel das mulleres nas expedicións ao Novo Mundo. Poden verse pezas relacionadas coa vida a bordo dun barco nos séculos XVI, XVII, contando a historia dunha treintena de mulleres ata agora absolutamente descoñecidas.

Nesta peli están moi ben feitas as secuencias de navegación a vela, conseguidas por reais, como cando teñen que orientar a remo a goleta, pensade que aínda as embarcacións non podían ceñir moito ou que as velas portasen co vento en contra


E mentras estamos argallando esos ventos da roseta que imos crear colaborativamente e poñer na entrada do  noso instituto... Inspirémonos na nosa xente con corazón de sal...

 Quen leu xa esta gran travesía do noso Diplomático de Monte Alto?  Este acordeonista, contador de contos con memoria, cantador e encantador comunicador de paixóns, gran coñecedor dos camiños oceánicos, de seguro que vai invitarnos con Chiruca a gustar e gozar dese cheiro profundo a alga e sabor limpo a mar...

Xosé Iglesias, MARiño, poeta, pintor, defínese así no seu 1º poemario "Transfusión oceánica"
Eu creo que son humano reconvertido
e sinto que nalgún momento
sufrín transfusión oceánica
porque este sangue do meu corpo
non é sangue é auga salgada
Sinto tamén que sufrín metamorfose
non é nariz o meu senón proa
non son brazos os meus senón amuras
e as miñas costelas cadernas



Escoitaches roncar o mar?

AVISO A NAVEGANTES
 Se queredes estar boiantes e que este curso ou viaxe cara o descoñecido vaia vento en popa e non vaiamos ao garete, haberá que saber facer unha boa tripulación, non vale facerse a ostra. Atención as velas, cacemos ou larguemos cabos, tomemos un bo rumbo e boas decisións  contra vento e marea, e a capear os temporais que podan presentarse. Andar sen goberno ou a deriva non é unha boa opción. Preparados para zafarrancho de combate? avante todo valentes! Xa botaremos anclas en xuño, que é unha época ideal para non ter que ir a remolque ou ter que rePESCAR... ja,ja Boa viaxe mareantes!!

A vante esa travesía zalaética...
Loitamos nesa rebeldía, o sistema educativo actual está mal, pois nós imos facelo ben e bonito!!

Comezamos cos esit@s (1º ESO) nunha piscina nadando e xogando a Waterpolo






Os de 3º e 4º escalando no Petón cos AMIS  
Ese rappel fai que o corazón neses primeiros pasos de horizontal a vertical vaia un pouco máis rápido
Pero non hai como o ánimo e alento dos compas para virse arriba
 Quen dixo medo?

 Penedos graníticos "míticos" de Monte Xalo


 Esa profeee

 Comeza o curso, arriba eses ánimos zalaéticos!!

E os de 2º, 3º e 4º cunha semana de surf en Basti e Caión










No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.