Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

martes, 1 de octubre de 2019

BLUE: Diminuto planeta azul

Cantándole a la vida, Macaco&Jorge Dresler
"Todo ocurre en un instante, blue diminuto planeta azul..." 
El punto de vista lo pones tú!"

Comezamos pasaxeiros de Zalaeta a nosa ilusionante viaxe. Se os políticos e o sistema educativo non están a altura dun novo século, nós co noso punto de vista zalaético, asumindo a nosa responsabilidade, imos facer as cousas bonitas. Porque non merecemos menos, temos un alumnado estupendo e moi competente, fagámolo gozar aprendendo.
Grazas Sara por compartir con nós paixón polo xogo do waterpolo

E xa no mar, onde co grupiño de surf imos indo a máis e mellor. Fixemos un primeiro día en Caión;condicións moi boas, día perfecto!. Comezamos recollendo nuns minutos lixo da praia, que logo servíunos para facer instrumentos musicais. 
 Aparentemente non hai moito lixo, pero se miras máis polo miúdo toda a praia, pero sobre todo na liña onde chegou a última marea, hai  multitude de plásticos pequenos, palillos de limpar oídos, anacos de redes, tapóns, colillas, microplásticos...
Logo ensaiamos nun momentiño e víndonos arriba xuntamos voces e instrumentación para facer desta vivencia unha forma colectiva de falar co mar e preocuparnos polo seu coidado.

Versión GaliZala NON BOTES O LIXO Ó MAR!
con David Blanco de Surf and Clean. 

Grazas David!
E tamén fixemos o noso temaso, na boa onda...



Na area quecemento específico e 
 corrección técnica individualizada por niveis
 Grazas Bea polo teu saber ensinar, animarnos e celebralo todo
 Grazas Fabi por corrixir e volver corrixir os nosos erros dende o cariño e comprensión, sempre atendo aos diversos ritmos de aprendizaxe de cada quen
Grazas Nacho por facer de Galisurf unha realidade, fai moita falla esa sensibilidade cara ao mar que transmites. Sigamos ensinando a surfear afianzando os valores de VIDA!
Poñémoslle unha morea de optimismo, vitalidade, esforzo, 
música-composición-concienciación e bo humor. 

Hoxe en día en Zalaeta hai tantas nenas boas surfeando como nen@s, atrás quedan  situacións absolutamente ridículas, si o surf era ou é bo para os mozos, por que non para as mozas?

Laura Revuelta unha das primeiras mulleres surfistas en España."Si subirse a una tabla de surf no es fácil, menos aún siendo mujer y en los años 70". Mirada atrás cando non existían as táboas de iniciación, nin os neoprenos ou  inventos, e aínda por riba sendo muller había que actuar segundo as normas establecidas da feminidade.  https://www.redbull.com/es-es/surf-entrevista-laura-revuelta-primera-mujer-surfista 

Ademais de facer SURF e PIRAGÜISMO
En Zalaeta a bordo do Juan de Lángara comezamos este curso unha nova singladura a vela, o departamento de EF enrolado conxuntamente cos de de ciencias e letras, xa levamos anclas, agora adquirindo coñecementos mínimos relacionados co mar para poder navegar a vela tripulando o barco. Aprendendo os conceptos básicos para que os futuros grumetes non teñan problemas coa agulla de marear...

Zalaeta na cresta da onda!
Os nosos surfeir@s seguirán despois da semana intensiva os fins de semana dándoo todo na auga salgada. A Basti comezaron dous mozos indo en bici  polo novo carril bici e isto é só o comezo.
Este día fomos a Caión
Dependendo da marea baixa en Orzán ou alta en Basti, e sabendo ler con anticipación as condicións de mar, tamaño, dirección, orientación da praia, vento, e  nivel dos practicantes, hai que saber elixir onde vai romper mellor ou en que praia vai ser mellor...
Somos un insti onde o mar ten moita presenza
Porque nos estimula, nos compromete, nos fai mellores persoas
Cada día é distinto, cada momento do baño, cada onda da serie
No mar compartimos, superámonos
Cando comezamos temos medo a subir ao pico, aínda non temos habilidades suficientes
A medida que loitamos por facer as cousas ben imos obtendo moito subidón de satisfacción
A natureza sempre te pon no teu sitio...
Satisfacción persoal e grupal 
Facemos relevos colectivos alegrándonos dos avances e logros dos compañeir@s
En Zalaeta sempre haberá alguén que te axude a atopar no mar unha forma de vida
Caerse e volverse a poñer en pé, compartindo atrancos é algo moi estimulante

En cada curso de surf facemos unha canción ou cantamos unha prestada
 David comparte paixón de músico e amante do mar, transmitíndonos coa mensaxe da súa letra pegadiza e enerxía positiva o gusto por unha vida máis saudable dentro e fora do mar
E enfrontámonos aos retos que nos plantexan os monis e que facemos nosos
Segundo as prediccións, virían ondas chulas
 e fixérono dándonos ondas moi lindas
Arriba, Zalaeta na cresta da onda!
Grandes @s nosos surfistas!
Cada ano con novas incorporacións aportando moita vidilla
@s maiores dando exemplo aos pequech@s
Corrixindo accións, posicións 
A actitude neste grupo xa non pode ser mellor
Tod@s estivestes sensacionais!!
Compartir ondas é unha forma de amizade que da moito xogo
Esa dereita aí abríndose para que Marcos a aproveite ao máximo
E un aplauso ecolóxico especial aos que foron e volveron en bici
GRANDES MARIO E MARCOS por comprobar que son 45´ pedaleando
dende a fonte dos surfeir@s a Basti, outro día máis bicis! 
Non están todos @s que son... aquí falta Ablay, Vale, Daniela, Lucía... e haberá máis incorporacións en primavera cos esit@s...

 Somos surfeir@s en Zala con ciencia,
 (apoiamos a ciencia actuando en consecuencia)
e máis conciencia de pertenza a un pobo que é mar!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.