Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

domingo, 1 de marzo de 2020

Medrando a expansión do virus e os APLAUSOS!!

Aprazado pola alarma sanitaria eses momentasos de escenario, compartindo os vosos resultados artísticos ALABAILA, e gozando deses merecidos aplausos que non chegástedes a vivenciar. Agora a situación é outra e aplaudimos cada día nas nosas casas, en agradecemento aos profesionais sanitarios e tod@s os que están facendo todo o posible por revertir esta situación tan distinta a normalidade.

Ese aplauso tamén vai por vos!!
porque ser adolescente e estar pechado é moi duro.

Nestes días de instituto pechado , corazón e  mente aberta...

Medimos o tempo doutra maneira na casa en familia, sen a vida nosa de instituto, sen esas apertas e bicos de compas e amig@s, reflexionemos sobre as palabras e os xestos coas que nos relacionamos, e o tratamento que procuramos aos demais en condicións normais.  Nesta cuarentena é momento de falar cos amig@s por teléfono e pensar como nos relacionamos en familia. Acompañemos tamén polo teléfono aos avoas-avós, a nosa responsabilidade agora é manternos con SAÚDE; o máis tranquilos e contentos posible. Días moi duros onde o BEN ESTAR  agora é a asignatura máis importante!

Swingvergüenzas veñaaa a mover o cú!
Que cunda o exemplo imos replicar este vídeo versionándoo cada quen bailando ao seu modo... 
Imaxinade con escobas, sillas, mesas, sofás, libros, cortinas, roupa, accesorios deportivos, pelotas, globos, peluches, xoguetes, explorade como podemos darlle aos obxectos un protagonismo musical, e con xornais ou papel hixiénico... non digades que na casa non tedes obxectos aos que pedirlle para bailar...ja,ja instrumentos musicais como suxeríu Ana... adiante valentes!
  Coidándonos swuingmedos!
ESTE É O TEMA: STAY HOME!


Fagamos propostas de actividade física compartida coa familia.
Ánimo e moita forza, intenta rir aínda que maldita a graza que fai non poder saír de casa...  Ademáis de axudar na casa, podedes xogar cuerpeando a adiviñar pelis, dramatizacións de viaxes a lugares increíbles, karaokes de resistiré ou lema de apoio aos sanitari@s que están dándoo todo... e algo de forza-resistencia como planchas, sentadillas, burpees...
E bailar e crear as vosas coreografías
OllodeboiCOVIDeo vai petala, e nos?

Ou preferides rexistro latino? Dende Ibiza este exemplo tan vírico...ja,ja
  

Por se queredes marcarvos uns pasitos de muiñeira inspirándovos en Luis Prego,
veñaaa a saltar o regho...ja,ja 

E xa sabedes que con saúdos ao sol; estiramentos con respiracións, posicións abertas inspirar, e pechadas exhalar para desbloquear tensións, con técnicas de relaxación e pensamento positivo cun sorriso de agradecemento a vida, podemos darnos poder e valor. A vida vai devolvernos todo aquelo que botamos en falla se  xunt@s aprendemos a  axudarnos, animarnos, coidarnos, acompañarnos e ben querernos!
Este texto é de Paula Alonso Gutiérrez. Podedes empregalo para facer a relaxación guiada en familia, ou podedes facer o voso texto e  gravación. En posición sentados ou tumbados, cos ollos pechados e cun sorriso, podedes sentir as vosas respiracións completas e logo escoitar este mensaxe solidario, deixando fluír un estado positivo de ánimo, fortaleza e benestar. Para levar da mellor maneira posible estes días hai que abrir a mente e o corazón rir e mover o cú!

Outra opción moi terapéutica e ir facendo un diario-cómic ou un diario cómico... podedes entrar neste enlace de Ana Moreiras, onde cada día colga un como ese que tedes aí https://twitter.com/moreiras26?lang=es

Bailar, escribir, debuxar axudan a saírse da zona de medo
 aprendendo e medrando, saíndo das sombras a zona máis luminosa a nivel persoal


Ou para darvos valor preferides compoñer un poema ou recitalo, musicalo...
Por que ti que consideras que é o valor?


Considero valores todas las heridas


Considero valor cada forma de vida, la nieve, la fresa, la mosca.



Considero valor el reino mineral, el conjunto de las estrellas.



Considero valor el vino junto a la pasta, una sonrisa involuntaria,



el cansancio que no niegan dos viejos que se gustan.



Considero valor lo que mañana no valdrá nada y lo que hoy ya vale poco.



Considero valor todas las heridas.



Considero valor ahorrar agua, reparar zapatos, callar a tiempo,

socorrer a gritos, pedir permiso antes de sentarse, probar gratitud

sin recordar bien el porqué.

Considero valor poder saber dónde está el norte en una habitación

y el nombre del viento que seca la ropa.

Considero valor el viaje del vagabundo, la clausura del monje,

la paciencia del condenado sea cual sea su culpa.

Considero valor emplear el verbo amar y la hipótesis

que un creador existe.

Muchos de estos valores no los he conocido.

  Erri de Luca,  antoloxía da súa obra poética “Sólo ida. Poesía completa”

En tempos de pandemias as artes son máis necesarias...
ARTE para poder voar ou facer máis comprensible o mundo absurdo e fantástico... A arte está rexida polo emocional, simbólico e cultural, ademais do técnico. Facer arte é xerar no espectador sensacións, é compartir reflexións sen solucións, é soñar para vivir... É procurarnos un espazo de consuelo para poder recuperar a serenidade, harmonía, alegría...

A MAR...
O tema dos nosos vídeos ALABAILA sería a  búsqueda dun paraíso tamén dentro das aulas... mirando cara adiante navegaremos na procura da felicidade ou respostas diversas as preguntas esenciais da vida:
ONDE ESTOU? QUEN SON?

 O mar envólvenos, e está pedindo a gritos que o escoitemos; estamos a 3´ del... A Torre é a nosa orientación espacial, cultural e histórica. Tamén o Muro ou símbolo da Coruña mariñeira, é inspiración de futuro e imos contalo no ALABAILA. Agora "Un muro" separa as actividades do porto da cidadanía, e os libros  non nos falan da xente que cada día levántase moi cedo...


- Saberías localizar nesta foto onde queda o muro ou...?

- Cantos barcos entran ao día na nosa cidade?

- Cantas persoas traballan cada día no porto, e que traballos desempeñan? A que horas?

- Canto peixe e marisco fresco chegan de media cada día? e canto chegou no 2020? 


- Recuperará a cidade o espazo portuario identitario como lugar de paseo e encontro? (cando os muelles queden liberados polo petroleo e a industria marche ao porto exterior de Langosteira)


Ao día entran uns 200 barcos e cerca do 70% que se vende no muro expórtase para outros lugares. Conforman a flota 94 embarcacións locais, pero tamén veñen a vender barcos doutros portos.

Cada día é abrumadora a presencia de aproximadamente 5.000 persoas, entre encargad@s de inspeccionar e catalogar o peixe e etiquetalo segundo peso, de onde ven, cando e como foi pescado. Maioristas de alimentación, exportadores, peixeiras ou placeras, responsables das cociñas en hostelería...

94 empresas entre as de venta de maioristas e  poxadores; subastadores que fan as poxas a viva voz en corrillos para vendelo peixe,  estas a súa vez teñen os seus clientes . Cada día hai entre 400-800 compradores;
Se venden-compran aprox de media 120.000 kgs diarios de peixe. Levántanse sobre as 4 e as 5 a pleno funcionamento, moita vida de noite na nosa cidade. E logo están  os muelles pesquerios e as instalacións auxiliares  do porto e Cofradía en Oza. Ogallá podamos volver pasexar cos nosos mairoes e nen@s polo porto, interactuando coa vida salgada que alí se respira.

A verdade que o increible é todo o peixe que nos dá o mar, en todos os lugares do mundo.  Galicia é unha potencia de peixe e marisco de calidade; o mellor do mundo mundial. O porto de Coruña é o primeiro de España en descarga de peixe fresco, seguido moi de cerca polo de Vigo, cada un descargou case 40.000 toneladas de peixe no 2019. 33.780 Coruña e 33.622 Vigo, sen embargo a Coruña só facturou 69 millóns de € e Vigo 104 millóns, porque aquí se descargan especies de menor valor como o xurel, lirios e alí máis peixe espada, rape, galo...


VENRES 27 MARZO (aprazada)
12:40´14:00
ALABAILA 2020
A mar, que foi, que é, que será?
E CANDO PODEREMOS VOLTAR...?


 Canto máis  mar vivas, máis profundidade terá a túa mirada. Pasando dunha capa máis superficial a unha mirada con máis capas e goces!!


Propoñémosvos que credes guións para vídeos 



VIVIR A MAR
é conectarse coa natureza, co noso pasado mariñeiro, é compartir emocións positivas soñando un futuro mellor ... e volveremos a exclamar tongo, tongo… ja,ja  Sabedes por que? Que din os rumorosos "maliciosos"...? ja,ja Pois que Xurxo Souto como xurado vai ter preferencia polo grupo onde está a súa sobriña... Coñecédelo, non si?  ese enstusiasta hevicheiro de MA coa cabeza chea de música, a boca chea de auga salgada, cunha man prolongándose nunha corna calcárea para chamamento tribal sonoro, cunha alma redeira que apaña canto conto e canto oceánico hai para atesoralo e espallalo en libros peixe... Asi que berraremos:
Medre o mar!! Medre!!
 Ese mar de María Antonia, mar da serpe, ese mar interior noso, ese mar de Vigo, Boiro ou...
ese mar de mulleres!!
Alí en Boiro OLLOBOI  https://www.olloboi.com/ 
e as súas MUCHACHADAS DE MATINÉ
   https://www.olloboi.com/muchachada-matine-2019/
 a canteira do audiovisual galego, PARABÉNS por esta traxectoria de cine na escola, e eses festivais de curtos ENORMES!
 
Pescadores, exploradores, cartógrafos, oficiais, mariños, cociñeiros, baleneiros, ciruxáns, artistas, naturistas, exploradores, aventureiros, piratas, comerciantes, negreiros, investigadores, ricachos, emigrantes... É COMO SE NUNCA EXITISEN AS MULLERES DO MAR... E as mulleres en Galicia sempre tiveron que traballar para contribuír a sacar adiante o fogar. Fixérono de forma invisible e sen remunerar ou sen chegar a salarios mínimos. E foron, son e serán moitas!! e están e estamos moi orgullosas delas: mariscadoras, bateeiras, percebeiras, operarias das conserveiras, limpadoras de pescado, vendedoras, redeiras. E hoxe en día tamén patroas en barcos que van ao gran sol, en buques petroleiros, inxenieiras construíndo barcos, na formación nas escolas náuticas, en talleres formativos de pesca, nas universidades e centros de investigación, na mariña. Están intentando facerse un oco entre os sectores do poder, nas cofradías, na xestión ou órganos de goberno e decisión, por iso hoxe neste ALABAILA ultramariño IMOS DARLLE VOZ AS MULLERES DO MAR!!

Outra mirada  as mulleres do mar: o Titanic galego,
 as heroínas de Sálvora,
 
unha historia con mulleres protagonistas, tan cinematográfica que está a ser convertida en película. A madrugada do 2 de xaneiro do ano 1921, afundíuse un vapor dun xeito aínda máis pavoroso que o titanic, as ondas eran de entre 5 e 7 metros. 
Dos 213 pasaxeiros salváronse 59 e elas salvaron a 54 

O buque era moi moderno e por ser este suceso 8 anos despois do afundimento do Titanic, tiña lanchas salvavidas para todos, pero subirse a elas era arriscarse a que as ondas eleváranas e escacháranas contra as ondas, como asi ocurríu cunha. 
O primeiro gran protagonista foi Luis Cebreiro, o 2º oficial de enorme corpulencia e humanidade,  aquela noite salvóuse "incomprensiblemente" e tivo unha larga vida de "salvador" mariño.  Este libriño cóntao dun xeito sinxelo, dinámico, breve pero contundente e moi esclarecedor. A lectura engancha tanto como as de Conrad, non poderás deixalo e querrás facelo dunha tacada. Moi recomendable esta emocinante novela baseada nesa noite de desesperados esforzos para sobrevivir.

Exemplo feito por Cristina de la Torre (especialista en audivisuais, quen querría colaborar con nós para facer un vídeo ALABAILA) e máis Ruth Balvís (bailarina referente das artes do movemento, ou danza contemporánea na nosa cidade) e outros vídeos protagonizados polo alumnado do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz.  


E quen gañará o ALABAILA 2010?
Non necesariamente gaña quen baila mellor ou ten máis técncia e calidade de movemento. Será a peza que máis cautive, emocione ou transmita algo especial, e isto pode ser por diversos motivos que non sexan incluso explicables, de todos os xeitos revisade os apartados que o xurado vai valorar. Ánimo e ide pechando tempos de músicas, escenas, vestiario... e como sabedes, facendo ben as cousas GAÑADES TOD@S! a verdadeira riqueza está no proceso creativo vivo e aberto
Despois da tolada do antroido no sambodroMAR zalaético

Adiantándonos as sospeitas dun xurado sobornable como cada ano,
 fagamos unha práctica:
 Destas máscaras chulísimas feitas polo alumnado de comercio
Cal é para ti a mellor? Por que?
Fai un esforzo de atención e análise, e aínda asi,
 credes que ides elixir a mesma máscara tod@s?
 Primeiro unha máscara ou varias poden chamarnos máis a atención polo impacto cromático e disfrute plástico, texturas de material, orixinalidade na proposta... 
Ou polo impacto temática: infernal, tribal...
 
 pictórica "van gotica"...
 
animal

veneciana

isleña ou carioca...
xestualidade maliciosa
  transgresora
 ancestral galega
 choqueira de barrio…
Logo debemos fixámonos mellor en cada máscara e cada unha terá algo que dicirnos. A mesma máscara pode contarnos cousas moi diferentes a cada un de nós, dependendo dos gustos personais e mochila cultural que portamos. Podemos valorar a máscara polo traballo que ten detrás, sen embargo deixarnos fríos, ou ben levarnos a un recordo, unha vivencia, unha asociación de ideas. Fixándonos na técnica, miraremos con máis detalle cales están máis ben feitas, acabadas, cales teñen máis dificultade. Elixirás tres finalistas e logo decidirás só unha. 

Se foi fácil a túa elección, posiblemente fixéchelo dun xeito únicamente intutitivo, se te leva máis tempo é que queres que a túa decisión sexa razonada e coherente, non deixándote levar só pola primeira impresión, aínda que esta será moi importante, posiblemente teñas dudas, porque unhas che gustan por unhas cousas e outras por outras... 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.