Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

lunes, 30 de marzo de 2020

Despois "de todo isto"... ESO!

Mentras esperamos que a ciencia avance e se mobilicen conciencias...
Bailaríns profesionais parisinos confinados falan co corpo, deste xeito tan lindo do
  anhelo de LIBERDADE E PROXIMIDADE
Mentes activas en corpos forzados ao límite que loitan por ser perfectos e consígueno! Hai paises onde as ARTES DO MOVEMENTO! teñen máis relevancia nas escolas, na sociedade, na cultura, na vida... aquí na de na... ja,ja
  Aquí completo porque admiralo anima, alegra o día! 
Que partes do vídeo chéganche máis?
 ou transmiten para ti o que está a acontecer en cada casa,
ou en cada caso desta endemoniada pandemia viral universal...
ARTE e corazón enchendo de significado soidades e penares.


Era unha sociedade do SXXI a.c (antes do Covid-19) hipercompetitiva e enferma, con escolas cheas de nenos con estrés,  TDAH e outros trastornos de conduta, sedentarismo, migrañas, obesidade, ansiedade, depresión e medicación temprana. Tivo que chegar un virus expansivo galopando polo mundo enteiro, e converterse en pandemia cos humanos aillados, para ter que darlle unha volta ao concepto de SAÚDE, entender que nin o sol nin a mar nin o aire nin os virus teñen fronteiras.

Os nenos pechados nas súas casas botaban en falla sobre todo os recreos vivos e bulliciosos cos seus compañeiros de xogos e de vida, e compartir razóns e emocións por absorber saberes e saciar curiosidades e inquedanzas. Precisábamos a volta a natureza, a carencia desa vitamina N de Natureza que proporciona gozar do movemento ao aire libre e abrazar a vida, aturar iso foi moi duro de levar.
"STAY HOME" SWINGmedo 
Compartindo imaxinación, sentido do hamor e umor e creación en Zala neste
mundo tan absurdo e tan  MARabilloso a vez...
Para saber falar co corpo non hai que ser bailarín profesional, a linguaxe coa que máis falamos ao longo dun día os seres humanos é a lingoaxe corporal. Por iso é moi importante coñecer e saber interpretar as posturas, expresións, xestualidade... 

Gozar bailando ou deixarse levar pola música xogando co corpo é absolutamente terapéutico.
A materia menos relevante, convirtíuse de repente na única importante, a saúde é o que máis importaba. En EF e hábitos saudables os nen@s estaban acostumbrados a integrar corpo-mente e emocións. Pechados nas súas casas eran coñecedores da importancia do movemento, dos procesos creativo artísticos musicais, poéticos, plásticos para coñecerse mellor, para sacar para afora os seus propios pensamentos e sentimientos, e tamén as técnicas de respiración-relaxación para atopar acougo nesta desestabilizadora situación. A lectura comprensiva e cine compartido e as visitas ou espectáculos virtúais tamén axudaban, pero sobre todo o humor.

Neste curso 2019/20 a.c o tema interdisciplinar que desenvolvimos en todas as materias e eventos festivos foi : A mar .  Moitas vivencias quedaron no aire en suspensión, polo maldito virus, aínda asi algo perdurará, porque a colleita das mareas as veces é a máis longo prazo.

Ogallá este parón servira para repensar unha lei consensuada de EDUCACIÓN onde importaran os saberes competenciais en vez de enciclopédicos. Pero xa vemos que nin ante esta situación tan complicada están pola labor do entendemento, seguen na súa confrontación política pensando nos réditos partidistas.

Aplausos tamén por vos... ÁNIMO familias!tedes uns fillos macanud@s! E agradecemos ESOS chutes de felicidade desbordante e idealismo adolescente que son o máis bonito e potente do mundo, compartir esa vida nas aulas é a mellor e máis bonita profesión do mundo. 

DESEXANDO QUE PRONTO PODADES VOLVER SENTIR 
 CHUTES DE NATUREZA EN VENA
E como cousa de encantamento fun polo aire
e vin polo vento...ja,ja
 Fixádevos no xogo de luz e sombras. Por que as sombras "desobedecen"'. En  Helsinki ou Cuba como variaría o tamaño da sombra? En que punto cardinal está o sol ao mediodía no HN?  Cal é o día do ano onde a sombra é a máis pequena? e a máis grande? Algún viu estas noites Venus espectacular?

Propoñémosvos un xogo sensorial en familia. Despois destes días tan domésticos, nalgúns momentos tamén salvaxes...ja,ja És capaz cos ollos pechados cun pano, e acompañad@ dun lazarillo, percorrer toda a casa, e recoñecer cada recuncho e cada obxecto no seu sitio? A vista é un sentido tan voraz que anula os demais, non é facil, intentádeo! e que o lazarillo sexa de confianza...ja,ja

Fas cada día algún saúdo ao sol? para coñecer máis o teu corpo e axudalo a atoparse mellor, ou outros alongamentos con respiracións para desbloquear tensións? Neste enlace tedes táboas para traballar de forma pautada a flexibilidade, segundo deportes, grupos musculares, especiales para dor de espalda... podes personalizar a túa táboa, os beneficios son:

Que tal estás alimentándote? Xa lle botaches ollada a sección de EF de aulas galegas? Algo haberá do teu interese https://aulasgalegas.org/category/ed-fisica/

xogo con actividades guía:   https://aulasgalegas.org/escaleiras-e-serpes/

 Por se queres seguir co paso da Muiñeira de  saltando o regho


Xa tes a túa música favorita? para alegrarte estes días de privación de movemento e sobre todo de primavera ao aire libre. Estes ne@s de Mamá África teñen moitas carencias, pero tamén van "sobraos" vivencias xogando, bailando, vacilando e gozando ao AIRE LIBRE!... este tema é moi luminoso, alegra o día bailalo varias veces seguidas en bucle dándoo todo, e esa cara dos nen@s
son felices, lo petan!


NATUREZA  EN VENA!  en tempos de non poder saír de casa. Busca unha foto túa na que esteas absolutamente conectado e poseíd@ polo poderío da natureza. Que emocións te veñen recordándoa? Con quen estabas? Que facías? Que estación do ano? Hora?
Se queres compartir foto natureza, debuxo, poema ou vídeo baile inspirador envíanolo porfaaa 
Poderías facer un debuxo a acuarela, ou... 
E un poema que falen deses sentimentos e dalgún xeito revivilo, regozalo?





VOLTEAR DE DÍAS



Voltear de días
voltear de olas.
 Equilibrio
  pura energía.

Fantasía, poder
elevación efímera.
Agua, cielo
volar sin alas.

 Fugazmente
grandiosa.

Gracias, vida!
Gracias, mar!








O SOL impulsa o vento, o vento impulsa o mar, e A MAR impúlsanos a nós... E mentras non podamos viaxar físicamente a vital Costa da Morte, démonos vidilla CAMARIÑANDO...
da man de Luz nese Luar na Lubre...  viaxemos emocionalmente!

Unha compa do insti hoxe saudándome ou desexándome saúde, e ambas pensando en clave de agradecemento. Eses deditos estaban en you tube, bonita idea!
 

Se non pode ir a montaña, a montaña vai a súa casa... ja,ja


E para que xoguedes EN FAMILIA movendo o cú, aquí tedes esta idea moi chula: 
Elaborade o voso taboleiro e podedes seguilo tal cual, ou meterlle variantes como saltos sobre o pao da escoba a diferentes alturas, traballo de equilibrio, forza de brazos e abdominais, planchas, burpees, se tedes un can podedes empregalo nas sentadillas...ja,ja pobriño




E comezamos replicando esta cadea de retos poéticos feitos neste uniVERSO de enclaustramento por pandemia. Se alguén te reta tes que facer un poema en 48hs.   https://www.yorokobu.es/inversos/
Inspirándonos nestes versos de Jota Santatecla moi atinado e chulo para este viaxe interior que faremos en Semana Santa. Xerando  poesía como defensas contra este maldito virus e viaxar co maxín nas distancias...

Distancias

La noche, un espejo paciente 

que late con el don de los aplausos. 

No importan estas maletas vacías, 

sólo restablecer lo que nos une. (...)



 Nerea Delgado amosa no seu instagram unha sensibilidade e intelixencia dignas tamén de aplauso. Cada unha destas frases súas son unha micropoesía enorme.

"No nos vamos a caer,
 nos han crecido alas en todas las cicatrices."

"¿Estás sintiendo cuánto te pienso?"

“Que todo acabe, para que todo empiece"


"Tengo miedo, pero también tengo canciones"



E falando de contos e cantos, a nosa Dire, Estreliña da claridade desexounos aos compas unha feliz semana Santa con estas fermosas verbas de
  Celso Emilio Ferreiro 

Si un intre só
conquiro darvos folgos
co meu canto,
ficaréi moi contente
e non perciso
máis
nada.


E Antonio García Teijeiro aquí en POEMAR O MAR

Quero chegar ao mar
                         (se está fuxindo)
para abrazalo.
Quero chegar ao mar
                       (e que non fuxa)
para agarralo,
Quero chegar ao mar
                             (se está durmindo)
para arrolalo.
Quero chegar ao mar
                            (se está chorando)
para alegralo.

Quero chegar ao mar
                      (se está celoso)
para bicalo.
Quero chegar ao mar
                            (se está berrando)
para calmalo.
Quero chegar ao mar
                         (se está perdido)
para inventalo.
Quero chegar ao mar
                           (se está volvendo)
para gardalo. 



"ESPERANZA- que é un nome ben bonito- e ánimos a todos; o meu agarimo, miles de bicos e apertas no desexo, que logo chegará o momento de podernos bicar e apertar na realidade. De novo, o sol - aínda que chova- volverá iluminar a Nosa Terra."  (Ángel Carracedo é profesor,  catedrático e investigador  de xenética e un gran divulgador de humanidade e ciencia)

María Xosé, a profe de galego, enviounos esta esperanzadora pomba.

Tamén comezou infectar con poesía, retando a  Neli que a súa vez continóu o contaxio. Con este salseiro de amor e gratitude para que flúa o pensamento positivo na tribu zalaética dinos:

SEGUE ADIANTE

Apóiome no mar 
das túas verbas de amizade
que me din:
segue adiante.


Apóiome no amencer
das miñas verbas de amizade
e dígoche: amiga, amigo,
 segue adiante.


Grazas polas túas ondas
de agarimo
nos bos intres
e nos malos,
grazas polo ronsel que creamos 
coas verbas,
cos feitos,
con cada alento.
Grazas e
segue adiante. 


Mentras con este poema recordando a Aute, Conchi reta a Mario (1ºA) Elexinte porque foi bonito compartir contigo o proceso Alabaila, aínda que o papel que facías non era para gañar simpatías... e ti terás que contaxiar e espandir virus poético ata chegar a unha pandemia de poesía zalaética...ja,ja 

UN SLOWLY WITH YOU

O tempo medido doutro xeito
silenciadas aulas e alabailas.

O tempo medido por cancións,
e voces de poetas sempre vivos,
que morrían por bailar un slowly.

O tempo a tempo, ou a destempo,
cuarentena na casa, confinados,
confiados do valor dunha lección
que non se aprende nos libros.

Quiero bailar un slowly with you...

Que é o que vos di a vosa titora a cada un de vos, que ten morriña de vós 
STAY SAFE! STAY HOME! Así é como soa AUTE
   
E Mario infectou de poesía a súa titora


Conchi tamén infectou a Nacho (Galisurf) o profe que fai do surf un momento de plenitude ou espíritu ALOHA! Aí vai o seu poema para nós:

ESENCIAL

Una casa y sus cimientos
tú y tus raices que plantan, 
sueños que brotan.

Y vientos que mueven montañas, 
que bañan Mares en sus Ríos, 
tus pensamientos, en agua salada.

E a Luisiña (Luisa Abad) que foi a anterior Orientadora en Zalaeta, xusto antes de María Xosé, ela é mestra de paixón e poeta de vocación e estes versos dan boa conta desa bipolaridade, esperanzadora e desacougante a vez, é o que toca...

TOCA MIRAR CARA DENTRO

Toca mirar cara dentro
alí onde se agochan
un feixe de confusión
e tan poucas certezas.

Vese un corazón
que gallopa inconsciente
polo último tramo do camiño
nun espellismo de felicidade.

Golpea nas tempas
coma vento e choiva
coas teimas polas que seguir loitando
incansable
na colleita de esperanzas
en aceptar o que é imposible de modificar
pensar, sentir
que o tempo vivido está
cheo de forza
empurra cara adiante. 



Neli e os compañeir@s que retou:




E Mario (1ºA), que precisa sentir a vida estando dentro dela, non como espectador pechado na casa, pasounos o seu poema onde non disimula o seu malestar a punto de tolear... Ánimo Mario, oxalá non fixera falla pasar por isto, pero é o que toca, que isto nos faga máis fortes e disfrutones...

CANSO

Xa estou canso da cuarentena

que pena!

quero sair xa da casa, 

e non mirar a rúa

tan só a través da xanela.




Veñaaa con fortaleza ou disciplina FÍSICA- MENTAL- EMOCIONAL, con responsabilidade, sentidiño e moito HUMOR, e sobre todo CONFIANZA gañaremos esta batalla como xa gañamos outras! Deixar que o corpo fale e exprese emocións é moi liberador e terapéutico, a mover o cú!
Que te meto virus...ja,ja
Todos llevamos un niño dentro, a algunos se nos nota mucho Neste sentido é unha gozada ver estes nen@s, como cuerpean, danzan, cantan, vacilan,
 mirade os seus sorrisos, non vedes que os verdadeiros maestros da vida  son eles?

A práctica de HÁBITOS SAUDABLES
agora é a asignatura máis importante!
Esta música de MAMÁ ÁFRICA pode servirnos para comezar o día cun sorriso e inspirarnos bailar. A mellor mediciña: chutarse serotonina e dopamina en vena, as hormonas que provocan ben estar, tranquilidade, alegría, satisfacción e goce. Hai que baixar os niveis de cortisol porque o que sobra é estrés ante o descoñecido, sobreinformación, bulos, medos... Fora pensamentos negativos e co que estamos vivindo e sentido, aprendamos algo de saúde persoal e social.
          
CAL É A TÚA MÚSICA FAVORITA 
NESTES TEMPOS DISTÓPICOS? 
Con cal te das máis vida facendo exercicio, circuitos de condición física, bailas coa túa familia?
Facemos outro vídeo colaborativo? cada quen coa súa música en situacións de traballo fitness ou habilidades ximnásticas con mesas, sillas, sofás, colchóns...

O primeiro vídeo de swinverguenciería das nenas en chegar foi o de... Marina, xenial! GRAZAS!
O primeiro vídeo de swingverguenciería dos nenos en chegar foi o de... Javi, xenial! GRAZAS!

E o primeiro en chegar dos profes foi o de... Ana,  ela non actúa, ela interpreta!! e de tal palo tal ardilla... obviamente moita swinverguencería nesta profe que polo que amosa tamén sabe contar historias co corpo na casa, xerando a mesma expectación e admiración que na aula.
 Enorme, brutal, DIOSA!

https://www.youtube.com/watch?v=SZHUTu5yxYk SIGNIFICADO DE TER MOITO SWING 
Máis que ter moita técnica de baile, é que cando escoitas unha música, os sons provocan en ti unha resposta motriz, de acompasarte, os pés, a cabeza, o corpo ao ritmo inundándote dun xeito natural e persoal. Hai temas que che fan flotar ou sentir que estás nun espazo-tempo máxico. A música é algo máis que matemática é sentimento en vena!
 No estilo SWING (Jazz)  hai un movemento arriba e abaixo de boucing como botar un balón e o rockstep ou botar un pé para atrás como para impulsarte, e os músicos de dan moito groove, e fan breaks con improvisacións... é unha gozada bailalo en parella establecendo beroll ou xogando dun xeito cambiante e vacilón a asumir ser leader ou follower... molaaa!

SIGNIFICADO DE TER TUMBAO...
A Cubanitis é unha infección vírica altamente contaxiosa, aínda non chegou a ser pandemia...ja,ja de cubanía; vivir e bailar ven sendo o mesmo é sentir e gozar, a pesar dos atrancos, bo humor e moito amor "mijit@" na procura das mellores solucións posibles."La consagración de la primavera"  conta como Vera,  bailarina rusa que na revolución de comezo do SXX marchou para Cuba,  imparte alí clase de ballet clásico. Un día quere saber como bailaría un negro afro-cubano esa música de Tchaikwoski e queda tan impactada... pensaba que ela sabía bailar... tiña moita técnica pero... Será que non tiña tumbao: "Esa negra tiene tumbao" é que camiña con gracia ou en estado de gracia cando baila...ja,ja mola intentalo aínda que en versión rostro pálido... ja,ja
O estilo Salsa que é como en Europa chamamos ao SON que veu da percusión primitiva de  MAMÁ ÁFRICA, máis o punto guajiro, todo iso mesturado co jazz americano, dando unha riqueza afrocaribeña sin igual: son montuno cubano, que emprega como patrón rítmico a clave de son 2/3 ou 3/2 cun contratempo, a rumba, danzón, guaguancó, mambo, guarachas, conga, bolero, chachachá...

SIGNIFICADO DO REGGEA EN JAMAICA...
É un sentimento cultural jamaicano de animosidade, supervivencia e loita, que é o máis fascinante de bailar que é darte poder, siiii, moito power!! Cos pasiños de step-touch ou xunto separo, simples ou dobres, adiante, atrás, algún xiro e que o que che pete...adiante1!
Ten unha cadencia lenta e rítmica envolvente e suxerente, deste derivan máis rápido o ska e  o rockstedy. Tamén é a mistura da cultura de MAMÁ ÁFRICA, o caribeño máis os ritmos estadounidenses: Rhythm&blues, Rock&roll e Soul.A fusión das culturas trouxo


Arriba o ánimo compas!
Hai quen conta un día enteiro desta distópica cuarentena con moita swingverguencería, e todo nun minuto...ja,ja grazas Ana grande! profesora de apoio arriba, na aula, ou onde faga falla

Outras contan como dándolle a cabesiña seguen pensando en acurtar as distancias cos seus alumn@s e a vez facendo tarefas domésticas, como unha regadeira esta tecnóloca...ja,ja Grazas Paz grande!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.