Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

martes, 20 de diciembre de 2016

Poñéndolle sabor, amabilidade, humor, dozura e goce a vida...

Tranquilidade as familias, as clases non son ó que parecen... Raquel é unha fantástica titora!!
1ºs PREMIOS BROCHETAS DE FRUTAS
 Fostes elixidos polos vosos compañeir@s por asumir responsabilidades
 e dinamizar as
PRÁCTICAS DE VIDA 
SAUDABLE E AMABLE
Este diploma  lle foi concedido a
Laura ,David, Andrea e Marcos
como representantes da clase de 1ª ESO A
 Daniel, Ariadna, José e Ainara
  como representantes da clase de 1ª ESO C
  Patricia, Oscar, Gloria e  Anxo
como representantess da clase de 1ª ESO B
    Denis,  Mario, Fabia e Natalia
     como representantess da clase de 1ª ESO D
PARABENS POLO VOSO COMPROMISO E IMPLICACIÓN
Sodes un exemplo de querer superarvos e responsabilizarvos da vosa saúde ou levar unha forma de vida saudable e AMABLE!!

Gustaríanos que tanto andando como se decides vir en bici, podades facelo dun xeito seguro e o máis cómodo posible, acompañados e content@s!!
E agora todos os nen@s de 1º ESO saben andar en bicicleta, aplaudímolos e felicitamos tamén aos que o fixestes posible animándoos e axudándoos. Os que aínda estades en proceso de mellora para manexarvos con máis soltura, tod@s darlle pedal en nadal!! A volta imos escalar ao rocódromo en bici!!!

E para desexarnos FELICES FESTAS e o ano que ven, máis e mellor...
   Estivemos xogando dura mente... non si??

























Veña a liberarse das cargas das mochilas...
e exames, VACACIÓNS!!!
    E para darvos que reflexionar... para VIVIR e darnos valor...
E si, ou siiiiiiiii Augie ten moito que ensinarnos...
Augie quere ser un neno "normal"... a volta de vacacións seguiremos coas exposicións orais, en cada clase alguén terá que contar aos compañeir@s:
Cal é a lección que ten que ensinarnos??





lunes, 19 de diciembre de 2016

Christmas hollydays are coming... Are you ready for skiing?

¿Por qué hay sitios magnéticos a los que no quieres dejar de volver, Jaca, la estación de Canfranc...?

" Con las ciudades y pueblos pasa lo mismo que con las personas. A mi me flechó Jaca de primera vez que la vi, los sucesivos encuentros no han hecho más que aumentar aquel enamoramiento repentino"  

El Pirineo recibe a los inquietos y ruidosos grupos de estudiantes que vienen a pasárselo bien y a esquiar. Con sus entregados y motivados profesores, que vienen también a esquiar y pasárselo bien contigo, pero sobre todo, a inculcarte e inocularte valores y conocimientos, porque les preocupa la mala educación ,el presente y el futuro vuestro...

¿Por qué crees que atraía en el S.XX a personas ilustres en diversos ámbitos como: Ramón y Cajal, Ortega y Gasset, Pío baroja, Antonio Machado, Sorolla, Valle Inclán, Unamuno...
¿Y a ti, que te atrae de Jaca? ¿Por qué viniste  a esquiar? 
1- Para escapar de la rutina de las clases en el instituto y el agobio de exámenes
2- Porque quieres probar o estás enganchado a este deporte
3- Porque te da la gana, pagaste y punto
4- Porque valoras el esfuerzo que hacen tus padres y profesores para ofrecerte esta experiencia

  Esta es una actividad multidisciplinaria o EDUCACIÓN para APRENDER A VIAJAR,  educación cultural para el ocio, comunicación en un idioma diferente al propio,  consumo  responsable...

 El nombre de San Pedro se debe a que el rey de Aragón, Sancho Ramírez, viajó a Roma y le pidió al Papa vasallaje para ser protegido, obteniendo la sede del episcopado o cátedra, que era condición imprescindible para poder levantar una catedral...¿Encontraste alguna marca de maestros canteros? ¿Viste las dos varas de medir?


¿Supiste leer en las piedras alguna historia? ¿Encontraste alguna serpiente y sabes su significado?

Ejemplos de episodios narrados en la Biblia en los capiteles:  Aquí vemos a Isaac desnudo y atado de pies,  mientras un ángel sostiene la espada de Abraham, que está dispuesto a sacrificar a su hijo.
                            
Aquí el  adivino Balaam va montado en su burra dirigiéndose a maldecir el pueblo de Israel, en un momento esta se niega a seguir camino, Balaam la golpea con un palo duramente hasta que la burra le habla inquiriéndole porqué la maltrata, pues un ángel le impide seguir camino, en ese momento el ángel del Señor se hace visible a Balaam y le previene.

 ¿Quieres curiosear los capiteles que cuentan historias...?

La estación de Canfrnac, mítico edificio que cambió el curso de una guerra mundial. Si las paredes hablaran nos contarían múltiples situaciones de paso de wolfram en momentos de guerra, intriga, espionaje, contrabando, estrategias de esconder y hacer llegar a España judios que escapaban de una muerte anunciada... Esquiadores que vieron llegar de los Alpes un nuevo deporte...


Ambos caminos a Santiado: El de Somport, que pasa por Canfranc, y el de Roncesvalles, como sabemos se unen en el Puente de la Reina.

ATRAPAD@S POR LA MAGIA DE CANFRANC Y DEL ESQUÍ


                      SOMPORT : El summus portus latino.

Yes we can!! There´s no I in TEAM!!






jueves, 17 de noviembre de 2016

Facéndonos eco do escaparatismo dos maniquíes...

É o que ten vivir nestes tempos de enredos da globalización e exhibicionismo... Aproveitando este tirón mediático, en EF revindicámos todos "motivaos" conxelar momentazos!!

Por que en EF lle damos moito valor aos procesos creativos? A tí que te parece...?
Nesta prepotente sociedade competitiva de exclusivistas portas douradas, muros, rexeitamento, bestialidade, descalificacións . exhabruptos, ordinariez e mal gusto... 

Dende a nosa normalidade, queremos 
sentirnos a gusto e felices!!
Excepcionais ou de capacidades extraordinarias somos moi poucos, e nós queremos aceptarnos tal e como somos, ter  dereito a  tomar iniciativas, equivocarnos... Sabemos autoavaliarnos e asumir erros, defectos... e sabemos rirnos ata de nós mesm@s!!
 Isto lévanos a querer superarnos e  facernos máis grandes individualMENTE e como grupo.
 A práctica de EF e hábitos de vida saudable fainos máis felices e mellores persoas. 

Argallando posibiliades expresivas do parkour, habilidades ximnásticas (equilibrios, saltos e xiros) e acrosport... tedes 4 clases para facer algo chulo por grupos, adiante!!! 























Aquí podemos vernos e valoranos ou darnos valor!!!
 ao que fago eu e ao que fan os demais!!!  

Sigamos sumando iniciativas!!!


viernes, 4 de noviembre de 2016

Coidado co IOGA INTEGRAL, é sumamente perigoso...!!!

É unha perda de tempo, é algo totalmente prescindible, incluso pouco recomendable, e podería ata resultar pernicioso… En EF aínda podería ter sentido estar relaxados, atentos e content@s porque son requisitos para interiorizar e posibilitar APRENDIZAXES SIGNIFICATIVAS AFECTIVAS E EFECTIVAS co corpo-mente-emocións.


Pero facer relaxación vivencial nas aulas é outra cousa, e ter en conta a corporalidade na aula é un erro enorme, dános posibilidades de SENTIR:

- Sentir agrado e goce vivenciando momentos de atención, tranquilidade, silencio , risas, complicidade… Aillando a mente dos problemas, levándoa a un estado de ánimo e benestar que xere biorritmos positivos ou un bo karma…

- Sentir a realidade mellorable de cada un de nós.  Saber na aula escoitarnos, comprendernos e aceptarnos vai axudarnos a mellorar o RENDIMENTO ESCOLAR, a educarnos para conservar a SAÚDE e a ter mellor  AUTOESTIMA ou tratarnos ben, querernos, mimarnos.

- Sentir paz, afecto e ÉTICA DO COIDADO polos demais. Aprendendo a coidar aos que senten inseguridades ou medos, practicando unha conviencia positiva e integradora. Respectando e responsabilizádonos de que esteamos cómodos e a gusto tod@s. Establecendo relacións contrutivas, non de dominio-sumisión. Tod@s contamos, tod@s somos diferentes pero moi válidos, non hai ninguén que nos sexa indiferente, ou que se crea máis que ninguén… porque tod@s somos valorados e tratados con afecto e admiración.

   Se ata os esit@s de 1ºB parecen boa xente...ja,ja

COMO É O NOSO GRUPO? QUE SENTIMOS?
  QUE TEMOS QUE MELLORAR?
Apliquemos a vida real o aprendido en ioga integral, temos a intelixencia, a sensibilidade, a vontade e a forza ou poderío de conectar corpo-mente-emocións para sentirte invencible como o príncipe guerreiro que fai 5.000 anos facía o saúdo ao sol… Entre tod@s podemos se queremos facer un bo grupo, adiante valentes!! Quérelo?? Pois demandemos Ioga tamén nas aulas para ter máis forza e loitar pola igualdade e contra as inxustizas!!! Xa vos dicíamos que facer ioga é perigoso, estades avisad@s!!!






ÁNIMO GUERREIR@S... aummmmmm!!!!!!

Que letras do alfabeto emocional practicas,,,??
Como inciden as emocións no  corpo e na  mente... 






miércoles, 12 de octubre de 2016

ESCALANDO e aprendendo a voar...

Peregrinación ao santuario do Petón...

Escalando sentes medo pero tamén subidón superándoo, chegar ao ceo... tes que probalo!!

 Grazas aos AMIs Mariquiña, Félix, Elena e Chicho por transmitirnos en pequenos grupos as claves da ESCALADA DEPORTIVA e facernos felices nas alturas. E a Kanka e Rozalén por facer estas cancións "para nós..."
Es quen de superar medos? Que che fai feliz?

Foi moi bonito sentir comunicar a Félix a súa paixón polo fascinante mundo da montaña. Contóunos aventuras e desventuras que foron xurdindo na súa última gran expedición ao Himalaya na India, ao Thalay Shagar. Facendo reflexións deportivas e máis sobre a procura da consecución da felicidade e a realización persoal... A ter moi en conta nesta etapa vital da adolescencia.  Contestando as preguntas que lle facían os nen@s dende a humanidade e humildade  cun  profundo respecto a natureza dentro da cal os seres humanos formamos parte dela.
AMI:
http://amimontanismo.es/tag/felix-criado/

Non vos perdades o vídeo da Expedición Talay Shagar 2015:


Video Expedición K2 2013:
Recordemos a frase inspiradora de Félix para saír da zona de confort e ir explorar
outros mundos posibles...

Alguén que sabe estar a altura e nas alturas...

 Se queres algo ao sofá de casa non vai vir...
Busca en ti mesm@? De que queres encherte? Como queres medrar?
Que fas para ser feliz??


Queres abandonar a pasividade, medos aos cambios,  preguiza...
 Neste programa de Rtve2 TIPS podes ver a maneira de visualizar cales son as cousas que tes que cambiar na túa vida para sentirte máis satisfeit@ e destemid@!!
http://www.rtve.es/alacarta/videos/tips/tips-otimizate-10oct/3751760/#aHR0cDovL3d3dy5ydHZlLmVzL2FsYWNhcnRhL2ludGVybm8vY29udGVudHRhYmxlLnNodG1sP2N0eD0xMDE2MzAmbG9jYWxlPWVzJm9yZGVyQ3JpdGVyaWE9REVTQyZwYWdlU2l6ZT0xNSZzZWN0aW9uRmlsdGVyPTEwMjA1MCZtb2RlPVRFWFQmbW9kdWxlPU9USEVSJmFkdlNlYXJjaE9wZW49ZmFsc2U=
Roda  Valoración - Instrumento de Auto Avaliación -
 para facer CAMBIOS na vida!! ou DARTE VIDILLA!!