Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

martes, 31 de octubre de 2017

SURF, ESCALADA, RUTAS EN BICICLETA... Que bello es vivir!!

Os humanos somos parte da natureza. O modo de vida actual con déficit de natureza... en entornos tan artificiais, pantallas... está asociado a trastornos e enfermidades... inseguridades, medos, fobias... Precisamos máis "vitamina N de Natureza, máis mar e montaña..."
Educar na natureza!!
É un antídoto contra o aburrimento, os malos fumes, o botellón, a depresión, a ansiedade...neste mundo hiper tecnolóxico e hiper absurdo...
Que sente un nen@ de 12 anos despois de estar sentado en clase de 6 a 8 horas e ao chegar a casa teña que estar 2 horas máis con "deberes"...? Que sente un neno que vai en bici e escala ou surfea pola mañá en horario escolar?

Pronto na TVG veremos unha reportaxe aos AMIs (Asociación de montañeiros independentes http://amimontanismo.es/) na vertente de escalada na escola con nós; ZALAETA... mentras tanto aquí tedes un adianto...

É A NATUREZA A MELLOR ESCOLA DE VIDA?

Desplazámonos en bicicleta para achegamos a espacios naturais,  vivenciando ese sabio equiibrio... Practicamos hábitos de sostenibilidade medioambiental, reutilizamos bicicletas abandonadas...
Graváronos ao grupo de 1ºC escalando con porteador no espigón. Escalar na escola é espallar SAÚDE E EDUCAR PARA A VIDA!!
 Nun día radiante de veroño, cun azul ultramariño de estrea ... Escalar ensínate a comunicarte e confiar, a sentirte vulnerable, insegur@ ou con medo, aprendes a non negarlo, a recoñecelo e afrontalo sen que te bloquee... 
 E logo fixémolo máis alto no rocódromo, con todos os grupos de 1º ESO. É aceptarte sen compararte, é non chegar máis de prisa, nin máis alto do que podes esixirte... É facelo gozando...
AL FILO DE LO POSIBLE!!
 Se podes chegar arriba faino!! Esfórzate por subir todo o arriba que podas!! Estarás super feliz e satisfeit@ dos teus logros... escalando hai que sair da zona de confort e tirar para arriba... Tremendo subidón!! Sodes uns valientes!! 

En Zalaeta tivemos a inmensa oportunidade de coñecer a GALLO e a MARCELO dous exemplos de superación!! 

Nesta época de post verdade e vanidade... As cousas feitas da mellor maneira posible, dende a humildade e a verdade, son moito de agradecer, porque engrandécennos a tod@s. No ámbito deportivo temos que ofrecerlles aos nen@s e moz@s modelos válidos de conducta ou referentes que exerzan influencias positivas, que axuden a construir personalidades sólidas que saiban
  mirar a realiade con pensamento positivo e afán de superación!!  saber ver con outra visión interior...


A Gallo coñecíamolo de oidas "de toda a vida do surf"  
foi un dos primeiros adestradores de surf en España, formou a prestixiosos surfistas como: Aritz Aramburu, Asier Muniaim, Eneko, Kepa Acero... A este zarautztarra o mar dalle máis do que lle quitou...  e o SURF É A SÚA VIDA...
QUERER ES PODER e viceversa...ja,ja sigue a lo grande, lo que haces es brutal, nos dejaste totalmente ojopláticos y patidifus@s...NOS ENAMORASTE!!

O SURF ensínate a discernir e tomar decisións válidas para non poñer en risco a nosa seguridade. A saber ler as circunstancias cambiantes de mareas, ondas, periodo, vento, correntes, climatoloxía. A ser reflexivos, a non ir de sobrados, a ter paciencia e non precipitarnos, a ter constancia, a non rendirnos... Todo leva o seu tempo, hai que esforzarse moito para ober tan só uns segundos de subidón na onda... Temos que coñecer e valorar o aproveitamento que facemos do mar, a sobreexplotación... ter sensibilidade e sostenibilidade ambiental...


A Marcelo foi unha agradable sorpresa coñecelo e aplaudirlle cada vez que conseguíu poñerse en pé por primeira vez nunha táboa de surf... é look at this argentino-galician blind rider... in CREIBLE!! velo e coñecelo...


E outro luxo na Coruña IMPRESCINDIBLE
coñezamos en persoa a LYNN HILL e a EDURNE PASABAN ... 
se ves vas flipar... se queres atopar a estas mulleres mira para o ceo...
que bello es vivir...

Para @s que lles va a FÍSICA Por que un surfista non cae dunha parede vertical? E un escalador?....
ImPOSIBLES... cando o centro de gravedade está por debaixo do punto de apoio...

Para @s que lles va a EDUCACIÓN FÍSICA, Como entrena un surfeiro?
E un pro?


"Keep calm and ...(carry on)"
Sabes de onde provén este "mítico" slogan? Orixe, evolución década 90 e agora xa "tipo cansino"...

Keep calm and... con cal identifícasche máis?

En realidade que che interesa do mundo da bicicleta, da escalada ou do surf?
 Pois indaga, curiosea e compárteo
 nas exposicións orais de EF... 




domingo, 8 de octubre de 2017

Zalaeta na cresta da onda!!

Estimadas familias, tedes uns fill@s estupendos, transmitámoslles que paga a pena esforzarse na vida.  Aprendamos a non rendernos, a buscar a superación persoal e a divertirnos nese ilusionante proceso!!

Démoslle valor a boa EDUCACIÓN!! Aprender é un proceso rico de TRANSFORMACIÓN individual e colectivo moi bonito, hai que vivilo con alegría!!


Artigo moi revelador  "Islandia sabe como acabar con las drogas entre adolescentes, pero el resto del mundo no"... https://elpais.com/elpais/2017/10/02/ciencia/1506960239_668613.html


Semanita intensa de Surf en Bastiagueiro  grupo de aloitadores de 2ºESO

GRAZAS: NACHO, FABIÁN, CATA por facer posible que gozaran subidos a unha táboa deslizándose nas ondas. Boa sintonía GALIZALA!!
Grazas tamén a   RUFO por contarnos a súa inspiradora frase motivadora... e se algún manitas quere aprender a fabricar táboas de Surf, ou seguir surfeando xa sabe con quen... 

Máis DEPORTE NA NATUREZA EN VENA!!


Nesta mesma liña surfeira motivacional: Gallo (Aitor Francesena)   adestrador e surfista vasco, agora campión mundial de surf adaptado, moi tolo polo surf...

"SOMOS PERSONAS PRIVILEGIADAS, MIRA DONDE VIVIMOS, 
MIRA LO QUE TENEMOS..." 

 
É posible surfear sen ver para afora?
Como pode Gallo ter tan boa vista "para adentro"? Por que prefire guiarse por ambos oidos? 

Dende logo que moito temos que aprender del...

Pronto teremos na biblioteca do insti un exemplar firmado por Gallo para que sigan aprendendo os surfeir@s...

Os practicantes de Surf cremos que o Surf é un deporte moi chulo que educa en competencias para a vida: Iniciativa e valentía, ilusión, perseverancia, humildade, novidade contínua; nunca unha onda é igual a outra, actitude saudable, sensibilidade medioambiental...

Esta semana de surf a totalidade do alumnado deuno todo e acadou o reto de poñerse en pé tantas veces como lle fora posible. Moi excitante ir surfear nas tardes soleadas a Bastiagueiro, moi bonito ver eses sorrisos de surfeir@s satisFEITOS...!!

OBJETIVOS GENERALES
-Aprender las claves del surf y disfrutarlo en grupo
OBJETIVOS ESPECÍFICOS
-Promover hábitos saludables, aumento de la motivación  a través del conocimiento del entorno marítimo próximo tan privilegiado
-Educar en la igualdad de género potenciando la corresponsabilidad
-Mejorar la autoconfianza, la autoestima y el autoconcepto.
-Conducta proactiva en la comunidad escolar
-Fomentar inquietudes por la conservación de la naturaleza
-Promover el trabajo en equipo a través del deporte del surf                                                   - Mejorar las habilidades comunicativas y sociales con procesos creativos lúdicos
OBJETIVOS TÉCNICOS ESPECÍFICOS:
-Conocer el medio acuático, los múltiples lugares para practicar el surf que ofrece Galicia y los aspectos más importantes para la práctica como sus corrientes, los vientos o las mareas y su interpretación.
-Elegir el material acorde al perfil o nivel de surfista, sus condiciones o el estilo de surf que se realice y como mantenerlo en buen estado.
-Prevenir los posibles riegos y ser consciente de nuestros límites para   realizar la práctica de manera segura en un medio acuático cambiante.
-Tener una posición correcta en la tabla desde tus inicios en el surf y como prevenir posibles lesiones.
-Tener una actitud correcta con el entorno y el respeto en el agua, ya que aunque el surf es un deporte individual, estamos continuamente interactuando con otros surfistas, bañistas y con el medio ambiente.
-Remar adecuadamente tumbados en la tabla y esperar las olas.
-Superar las olas hasta llegar a la rompiente.
-Elegir las olas con criterio y seguridad.
-Take-off (levantarse de la tabla) y sus fases.
-Posición de surf base en la espuma y en la ola.
-A ladear la espuma o una pequeña pared en la ola.
-Ser consciente de tu evolución y progreso para avanzar de manera fluida afianzando tu aprendizaje.

Ningún verdadeiro surfista  quere quedar pola noite sen durmir bebendo, fumando... as mañás son para erguerse gozando do subidón das ondas cos compañeir@s... 

 Nós a semana de surf fixemos 22 horas de EF a semana... sen contar os recreos activos adictivos... siiii o deporte é a nosa drogha...ja,ja

                                                                  
Lo educativo de las prácticas deportivas no es el aprendizaje de sus técnicas o tácticas, ni siquiera los beneficios físicos y psíquicos de una buena preparación física que sustenta su rendimiento, sino que lo realmente y único educativo son las condiciones en que puedan realizarse esas prácticas para que permitan al deportista comprometer y movilizar sus capacidades de tal manera que esa experiencia organice y configure su propio yo, logre su auto-estructuración”.(Francisco Seirul-lo)


1ºs ESO:  tras a semana de waterpolo, e a exploración do instituto con plano e cámara de fotos, agora estamos aprendendo a traballar a corporalidade , a expresión corporal das emocións, a desenvolver as capacidades motrices c, habilidades ximnásiticas ... porque só coñecéndonos, respectándonos e gozando de equilibrio emocional, pensamento positivo e afán de superación poderemos sentirnos felices tod@s!! e pronto asumiredes procesos creativos grupais!!

 E siiii é o momento de traer as bicis xaaa!!! imos seguir na liña de educación ambiental e vial e imos ir escalar e superar medos... a semana do 24 ao 27 de Outubro!! Súbete a bici, e axuda aos que aínda non saben ou non se sinten segur@s...

E para estar en forma alimentos ricos para o corpo e espírito... cales son as froitas de tempada que fan riquisimas ensaladas...?



Vemos demasiados nen@s "repunantiños" a hora de comer ao mediodía froitas e verduras... Que os vosos fill@s coman froita ou non, de que depende?
https://elpais.com/elpais/2017/10/20/mamas_papas/1508489477_797987.html
O paladar é posible educalo ou REDUCALO...siiiiiiii

domingo, 24 de septiembre de 2017

Imos en BICICLETA!! a practicar WATERPOLO...

BENVID@ ao instituto en bicicleta!! 
Que me gusta e desgústame do MEU/ NOSO instituto?
Acompañad@s da ONG Arquitectos sen fronteiras!! imos facer un roteiro polo instituto, lendo un plano, para que pensedes que cousas podemos mellorar entre tod@s. A aventura de vir ao insti por primeira vez!! e rodar e rodar...

Vir ao insti nunha sinxela máquina de dúas rodas, pedaleando para avanzar coa transmisión cadea-plato-piñóns, levando baixo control os frenos, sin pasarse de velocidade ou de frenada... eso pode facelo calquera...? Pois non...

Aínda que  VIAXAR EN BICICLETA CHE CAMBIA A VIDA A MELLOR!!
iso é cando a cidade e os seus cidadáns teñen ó que hai que ter...  e se aínda non a temos,
 CAMBIEMOS AS COUSAS!!

Comezamos celebrando coñecernos na piscina do Club do Mar, facendo WATERPOLO,  da man da ex alumna Marina, xogadora do Club Natación Coruña e Sara a Adestradora e Seleccionadora. Na piscina hai quen elixe estilos, combinada de triathlon,  natación sincronizada ou xogar a waterpolo... 
Algúns queredes máis e ides probar co equipo de iniciación mixto un adestramento no INEF.


A próxima actividade na cidade iremos en bicis... Queremos unha cidade con máis vehículos privados de uso unipersonal ou nen@s que vaian ao instituto en coche, ou en bicicleta por camiños seguros?? Queremos beirarrúas e paseos peatonais de pedra e fríos e sen alma?? ou máis verdes que permitan camiñar a modo, pedalear, pararse, sentarse, apegarse a natureza e encherse de vida escoitando as conversas das aves...

Nesta sociedade urbanita hai quen colle o coche para trasladarse e ir facer spining cunha bicicleta estática...??  Nós imos aprender e gozar en bicicleta!!

GRAZAS a DGT polo material que nos facilitaron: chalecos, brazaletes, guías de ciclistas, revistas e CDs con contidos específicos de educación vial, seguiremos avanzando!!

A bicicleta  non é algo anticuado que deixamos atrás, ou miramos cunha nostalxia friki para ir a moda "inditex"... Hoxe en día contadas cidades teñen solucionado os problemas de tráfico, contaminación ambiental, e obesidade infantil... a bicicleta non só  foi unha boa cousa  e causa do pasado...
 A BICICLETA  é un magnífico vehículo do futuro!!unha cidadanía que cre na educación ten que apostar por vir ao cole andando ou en bici. As entradas e saídas de coles hai sempre un lote de coches mal estacionados entorpecendo a circulación... Están os aparcamentos dos institutos cheos de coches ou bicis? Hai un proxecto de facer peatonal a pequena rúa en fronte do insti, nós tamén temos un proxecto para poñer aparcamentos de bicis onde agora só aparcan coches...

 Que bonito podería ser parecernos aos paises nórdicos ou a Pontevedra cos "Colecamiños"... Que bonito gozar dunha boa EDUCACIÓN e  VIR AO INSTITUTO EN BICICLETA NUNHA CIDADE LIMPA E AMABLE!!

Por que non imos aos colexios, institutos ou universidade, aos traballos en xeral en bicicleta en Coruña? Podemos facer algo para revertir esta situación? Porque viaxar en bicicleta che cambia a vida a mellor?




Que tipo de bicicleta é a máis apropiada segundo o uso que queremos darlle?
Porque en España seguimos comprando máis bicis de montaña?
https://elpais.com/elpais/2017/09/22/escaparate/1506064957_637047.html


Nós imos comezar de novo cos 1º ESO espallando cultura da bicicleta, non imos conformarnos cun día da bicicleta, nin cunha semana da bicicleta, nós queremos que este curso 2017-18 sexa o ano da bicicleta en Zalaeta!! 

 Ademais de alumnado, profesorado e familias van colaborar Masa Crítica, Reciclos e o obradoiro de bicis que promove a Plataforma cárcere. E aí están os prazos para cumplir da ampliacións dos carris bici para entrar ou sair da cidade que firmou o Concello, que terá que crear unha estructura de vías seguras polo centro da cidade... Tamén está Tráfico para seguir regulando e espallando normas de seguridade.
Fagamos entre tod@s espacios máis agradables e saudables!!!
 Por unha cidade a pé de rúa e de pedal e dúas rodas... Como interpretarías estes debuxos...?


















Sabías que ...?
A bicicleta debémoslle a liberación da muller da opresión dos corsés ou condicionantes de estereotipos imperantes na sociedad...
https://m.xataka.com/historia-tecnologica/la-bicicleta-hizo-mas-por-la-emancipacion-de-la-mujer-que-cualquier-otra-cosa

A ver cando facemos un roteiro estilo Jane Jacobs pola cidade saíndo do noso instituto... en bicis!! Sabes quen foi esa Jane...??
http://www.rtve.es/alacarta/videos/la-aventura-del-saber/aventurampaseo/3880752/


Para saber máis do noso proxecto de EDUCACIÓN VIAL E AMBIENTAL!! e do deporte na natureza que imos facer desprazándonos en bicicleta...

Facilitemos para que cada vez sexamos máis...






jueves, 7 de septiembre de 2017

Five days to DANCE!! e moitos días máis por diante...

BENVID@S a un ilusionante novo curso 2017-18!!
Queremos que haxa 10 horas de EF a semana, pois fagámolo!!
En infantil non paran de moverse, en primaria aínda se moven,
porque paran aos 12 anos??
https://www.nytimes.com/es/2017/03/28/los-ninos-no-deben-estar-quietos-en-clase/?smid=fb-share-es

 HORARIO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
Organizadas polo departamento de EF


ACT compl/ extras
1ª AVALIACIÓN
2ª AVALIACIÓN
3ª AVALIACIÓN
1º ESO
Ioga, exp corporal, AF na natureza en horario lectivo: Bici, escalada, surf, piragüismo...
2º ESO
BLUE WEEK
(1º ESO tamén)
ESQUÍ/SNOW 7/12 Xaneiro
PIRAGÜISMO            
3º ESO
ESCALADA E SENDEIRISMO
4º ESO
Colaboracións con departamentos e intercambio alumnado extranxeiro

RAFTING
1º BACH

2º BACH
ALC: Elixen é posible practicas deportivas, exterior…









E ti, activas o teu centro??
Queres ver vídeos colaborativos feitos por alumn@s motis pola súa EDUCACIÓN e SAÚDE:
Organizadas polos Clubs e Ampa. VOLEI NO PAVILLÓN

XIMN.
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
16:30-
17:30
BALONCESTO
ESO

   CLASES
BALONCESTO
ESO
Axedrez
BALONCESTO
BACH.
Axedrez
VOLEI Infantil (16:30-18:30)

TEATRO

17:30-
18:30
BALONCESTO
BACH.
ESGRIMA 17:30-19:30
(Laser run 18:30- 19:45)
VOLEI Infantil    (18-20)

CAPOEIRA
18:30-
19:30
ESGRIMA
(Laser run 18:30- 19:45)
VOLEI Infantil (18:30-20:15)
PARKOUR
INICIAC.
18:30-19:15



PARKOUR
AVANZADO
19:30-
20:30
19:15-20:30
CAPOEIRA
ESGRIMA



 VOLEIBOL feminino: Alevín, infantil, cadete A,B e Xuvenil.

ACTIVIDADES DE BENVIDA:
3º e 4º ESO - ESCALADA NO PETÓN Martes 26 Setembro
2º ESO-  BLUE WEEK  Opción A ou B Semana do 2 ao 6 de Outubro
1º ESO - Semana do 25 ao 29:  Iniciación WATERPOLO piscina Club San Amaro
Isto é o comezo dun curso con proxectos moi chulos...


Nun 1º ESO aínda por determinar, coa axuda de bailaríns profesionais de Danza imos facer 
ALGO MOI BONITO!!, ides facer, ALGO MOI VOSO!!

As mulleres coas que estamos a soñar e facer realidade este proxecto de expandir a DANZA, a través destas propostas do TRC Danza https://www.pe-trcdanza.gal/ 
convídannos a seguir desenvolvendo  complicidades. Agora estamos argallando con elas e para vos algo brutal, aquí tedes para ir facendo corpo e ilusionando mentes...


Tedes a forza e o poder!!
Ti tes valor por ser quen és e como és!!
Sigamos construindo corpos e mentes libres de prexuizos, que saiban gozar  dun mesm@, da natureza, dos amig@s, das distintas expresións artísticas... Nos 2ºs ESO imos facer unha UDI: "Somos luz...Somos reflexo" na que estamos argallando, queremos contar a historia da humanidade a través da expresión corporal e danza... Precisamos guionistas e xente sin vergüenza...

A DANZA vai axudarnos a recoñecernos e construir a nosa personalidade ou identidade corporal-mental-emocional e social, a nosa autoestima ou benquerencia, expresarnos co corpo axuda ao noso benestar,  libérarnos, danos valor ou fainos voar!!

Tod@s estamos expostos  ao poder enorme da publicidade, presión dos medios, imposicións sociais e de modas ou cánones de beleza irreais e perversos!!... Queren que as mulleres teñamos a pel perfecta, sen imperfeccións faciais, pelo brillante, sedoso, medidas perfectas, uñas moi extendidas...?? Nunha sociedade tan consumista como a nosa, hai que xerar demanda para comprar produtos e deixar de ser imperfecta... Queren que sintámonos feas, gordas, baixas, inseguras e dependentes para ser felices buscando a aceptación nos demais, fora dun... E os demais só van aceptarte se és guapa, sexy e mellor caladiña...
A industria saca moi bo partido se non estamos a gusto no noso corpo!! Pois non é así, se ti estás a gusto no teu corpo, se es quen de sentirte bonit@, porque estás satisfeita contigo mesm@, se te aceptas tal como és, os demais tamén van aceptarte, non tes que parecer algo para ser aceptada no grupo. Con VÉNCETE!! , temos que vencer os nosos medos e inseguridades, non tes que darlle tanto valor a como te van valorar ou xulgar os demais, ti es quen tes que darte valor, gustarte, quererte e ter a túa opinión, saber ó que che gusta ou te convén a ti...

E como podemos axudar aos adolescentes a medrar  destemidos? Como podemos axudar a construir seres plenos e felices? Como din dende o TRC:

"A danza é unha ferramenta poderosa de expresión, autocoñecemento e aprendizaxe así como unha experiencia vital individual e grupal." 

Dinnos: "Imos activar o Proxecto MASA (Mover As Aulas)  que aborda a normalización da danza e da creación contemporánea na comunidade adolescente da nosa cidade dentro das aulas de secundaria.
MASA brinda a oportunidade ao alumnado de formar parte dun proceso de creación da man dunha artista local quen, a través de varias sesións traballará cun grupo de entre 1º da ESO e 2º de Bacherelato tendo como cómplice ao profesorado implicado.  Imos traballar na construción dunha peza conxunta entre todas as persoas participantes. Esta creación final será presentada ao público no Teatro Rosalía de Castro no mes de decembro. Aínda que a presentación final no teatro importe, non eclipsará o proceso de creación alimentado polas individualidades de cada participante. Buscamos un centro cómplice activo do proxecto, por iso será preciso un compromiso forte por parte do centro de acompañar o proxecto da forma máis arroupada posible. O profesorado involucrado terá unha posición co-protagonista no desenvolvemento de cada unha das sesións..."

 Queremos que vos, o alumnado sexades os verdadeiros protagonistas deste proxecto tan rico...  

READY...??? GOOO!!!!! GOzala!!!!
Programación TRCDanza:
https://www.pe-trcdanza.gal/copia-de-programatrcdanza2016-gal?utm_campaign=20517f84ba-EMAIL_CAMPAIGN_2017_05_15&utm_medium=email&utm_source=Contactos_PE_TRCDanza&utm_term=0_d0f6c9b61a-20517f84ba-140524189
Estas son as próximas... aí podedes ver vídeos tamén...  pero hai moitas e moi boas opcións máis para                                        deixarte levar por propostas escénicas interesantes...

 Esta de  Toni Jodar é totalmente imperdible!!
                                  Ides perdervos esta Historia viva da Danza...??


Toni Jodar ilustra, co seu propio corpo, a historia da danza nunha “performance pedagóxica”, a cabalo entre a conferencia e a performance, co humor como arma.
Unha oportunidade de ouro para deixarnos levar pola evolución do clásico ao contemporáneo, polos diversos xéneros e formas que encontrou o corpo para expresarse en movemento ao longo da historia. Isadora Duncan, Martha Graham, José Limón, Merce Cunningham, Mary Wigman, Pina Bausch…
 Persoaxes fundamentais da historia da danza traducidos en vivo en corpo e voz por Toni Jodar.




 E  para vir bailar a clase mellor maquilladas... Neste tutorial con moito sentido do humor podedes reflexionar... 
A idea é:"Si no te pareces a Kim Kardashian, hay algo que estás haciendo mal. Despiértate dos horas antes  e invierte más de 600 € en maquillje. La actriz Ana Vayón te enseña cómo hacer que la gente te valore solo por tu imagen." 
Están a dicirte,  nena terás que gastar moito máis do necesario en roupa, calzado, colonias, ximnasios, tatuaxes, maquillaxes... para ter éxito na vida... ??

Hai un potente imperativo de hipersexualización tempran, hai que consumir un tipo de música, baile, roupa e accesorios fashion para ser sexy ou guai... e ti que opinas? Nós poñemos o foco ou prendemos a luz para que vexas... a mirar tes que aprender ti...