Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

viernes, 4 de octubre de 2013

Are you ready? Steady! GO!!

FRAN WELLCOME TO ZALAETA!! You are going to feel good... As the new pupils of ESO!

                              

O profesorado vemos o que hai, e o alumnado que temos en cada grupo. Programamos, ensinamos, avaliamos e poñemos as notas. Pero, tamén vemos as súas competencias e a fase evolutiva na que está cada alumn@, e intuimos a persoa que podería chegar a ser, ou na que se podería convertir algún día...
Que tipo de persoas buscamos?
Por que antes eras dunha familia humilde, estudiabas e titulabas nunha carreira e xa tiñas asegurado o acceso ao traballo e teu benestar. Agora non é así, non chega unha titulación, ademais tes que ter experiencia e:
- Coñecementos avanzados en informática e redes sociais-marketing
- Coñecementos avanzados en polo menos inglés
- Ter habilidades sociais, saber falar en público e traballar en equipo
- Ter iniciativa e capacidade de xestión e organización
- Ter afecións que che permitan no tempo de ocio manterte con saúde e vitalidade

                       Que aporta a EF na formación da persoa?
Antes a ximnasia cunhas prácticas de corte militar, servía para fortalecer o corpo e afianzar o espíritu nacional. A avaliación tradicional nese momento estaba moi ben, era un acerto.
Agora chámase EF e podes nas clases mellorar as túas capacidades de expresión, hábitos saudables, traballar en equipo en procesos creativos, ter experiencias deportivas diversas...
QUEN DI QUE A EF NON É FORMATIVA E UTILITARIA?
Nós estamos intentando facer unha EF do S.XXI, e aprendendo a facer UD por competencias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.