Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

miércoles, 23 de abril de 2014

RAFTING: Dando palada e traghando auga da risa...

GRAZAS a Neves polas súas ricas e enerxizantes achegas poéticas.
 A Serafín por situarnos na "4ª dimensión", os obxectos nun plano teñen dúas dimensións: lonxitude e anchura, pero non profundidade, e o espazo? Como percibimos a realidade e a trasladamos a unha folla? e viceversa... se sabemos ler planos non imos perdernos nos metros das grandes cidades, nin nas estacións de esquí, espacios naturais, saberemos se nos timan na casa que nos están facendo, montar os mobles dunha coñecida cadea escandinava... ja,ja
Aos monis de Arrepións por facernos pasar un pouco de medo... medo eu...?
Os profes de EF cremos que o que facemos ten significado ou un valor engadido a vosa educación zalaética.

É BRUTAL VER ALGUNHAS CARAS NO RAFT!!
Un grupiño elixistes vir facer rafting e orientación, elixistes aprender facendo,  as veces as aprendizaxes non son precisamente situacións cómodas ou seguras...  se non mirade as expresións...ja,ja

E hoxe toca volver aos libros... sabemos que en primavera  non é fácil concentrarse e poñer codos... pero non queda nada de curso e neste sprint final tedes que ter claros cales son os vosos obxectivos, as vosas opcións, e elixir dalo todo, ou non dar nada pola causa de
APRENDER: saber, saber facer e saber estar!!!
Perdón Maestro, os profes de EF sabemos que ler da sueños...ja,ja
Algunha vez sentiches a necesidade de ler poesía ou de facela como terapia?

Publish at Calameo or read more publications.
BOTA PARA FORA “OS TEUS” VERSOS,
NON SEXAS EGOÍSTA,

COMPÁRTEOS!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.