Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

sábado, 19 de octubre de 2019

Dámosvos a terra, o mar, o ceo...

Iso é ó que facemos os pais cando traemos fill@s ao mundo, 
ou os adultos cando EDUCAMOS pasándovos a testemuña... 




11.000 CIENTÍFICOS ALERTAN DE LA EMERGENCIA CLIMÁTICA


El planeta Tierra se enfrenta a una emergencia climática", hace 40 años, científicos de 50 naciones se reunieron en la primera conferencia mundial sobre el Clima en Ginebra (en 1979) y ya alertaron de las "tendencias alarmantes" sobre el cambio climático y la necesidad de actuar. Cuatro décadas y varias decenas de cumbres y dos acuerdos climáticos después, "las emisiones de gases de efecto invernadero siguen aumentando rápidamente, con efectos cada vez más perjudiciales en el clima de la Tierra". Por ello, estos científicos piden que aumenten los esfuerzos para preservar el planeta. Y proponen que se apliquen medidas en seis campos concretos:
energía, contaminantes de corta duración, naturaleza, alimentación, economía y consumo. 
Los cambios necesarios implican "grandes transformaciones en la forma en que nuestra sociedad global funciona e interactúa con los ecosistemas naturales". Y aplauden los movimientos globales liderados por los escolares que están haciendo que aumente la concienciación.
Neste mundo complexo interconectado tecnoloxicamente, un dos problemas maiores dos seres humanos é a desconexión coa natureza.  Os seres humanos estamos conectados inseparablemente  coa natureza dende sempre, pero dende que chegamos a transformala e alterala tanto para vivir comodamente como urbanitas, pensamos que xa non dependemos dela.  Ese desenvolvemento tecnolóxico tan relevante, permítenos vivir estupendamente, pero nese "pack" de benestar e comodidades veñen  consecuencias medioambientais, que están sendo devastadoras nunha escala inédita, pola nosa voracidade hipercompetitiva e hiperconsumista.
Sabes a que feito recente pertence esta impactante imaxe?
Deberíamos de forma máis sesuda e consensuada e menos partidista e curtoplacista planificar que é o que queremos. En que cidades queremos vivir? Abandonamos definitivamente as aldeas? Deberíamos escoitar máis aos científicos e filósofos, coa tecnoloxía que temos poderíamos facelo moito mellor con máis ética social.

As evidencias científicas din que a EDUCACIÓN e a SANIDADE están cubertas "no primeiro mundo" ou crémolas prioritarias para a calidade de vida, 
 pero non asi a CONEXIÓN COA NATUREZA

Quen sente envexa deste grupiño de adolescentes alemanes? que navegan dun xeito real, non por internet... e a vante toda EDUCACIÓN integral-integradora, vaia chute de natureza en vena!!
Escoitemos dende a sensibilidade e a intelixencia a esta bióloga especialista en botánica e gran comunicadora. A súa definición de natureza é sinxela, poética e chea de veracidade científica.
"La NATURALEZA es el tapiz de la vida
 sobre la tierra del que formamos parte,
 el cual nos entreteje y atraviesa"
"En ese maravilloso entretejer y mezclarse el alquimista supremo son las plantas verdes que transforman las moléculas inanimadas en vida, alimento, cobijo, historias..." 
O mar que envolve a nosa cidade,  tan mal tratado, acidificado... aínda posúe esa capacidad máxica de captar toxicidade e devolvernos vida... Non fai moito tempo pensábamos que os recursos do mar eran infinitos, non imaxinábamos que a merda que botamos nel cáenos enriba da cabeza...

Os urbanitas non podemos dicir que a natureza é algo separado de nós. Natureza somos nós, todos os seres vivos estamos feitos dos mesmos átomos que veñen mesturándose, texéndose, destexéndose, retexéndose durante millóns de anos. Este tapiz agora está cheo de buratos, e estes buratos están distribuidos de forma lamentable por unha inxusticía ambiental global histórica...
 Ainda estamos a tempo de reentretexernos neste tapiz?
É posible dende estas fraxilidades reconstruir un tapiz robusto e saudable? 

Con moitos cartos e bens materiais, que seríamos sen aire saudable para respirar, mares contaminados, escasez de auga, infecundas terras? Os científicos din que non hai planeta B por moitos hexoplanetas que atopemos, e Marte é moito peor do que xa temos na terra.

Por iso cando imos en bicicleta e permanecemos abraiados na contorna da Torre, cando sabemos elixir mellor ó que comemos, cando non lle damos as costas ao mar, ao ceo, e cantamos ese amor ao noso mar... Cando aprendemos a ter outra ollada do mar e da nosa cultura mariñeira e viaxamos en bicicleta indo a escalar, facer piragüismo ou ir navegar a vela, facer surf en Bastiagueiro... cando estamos facendo educación integral conectándonos coa natureza, 
  ¡Estamos apoiando a ciencia!
Distingues cos ollos pechados o sabor de cada un deses compoñentes desta bicicleta?
Cal é a máquina de transporte urbano máis eficiente que se inventou ata agora? 
Que beneficios ten o seu uso?

Cando se inventa a bicicleta? A consecuencia de que? Que aporta no SXIX a bicicleta as mulleres victorinas que non sucumberon ao medo a perder a feminidade ou a honra?

Que tipos de bicicleta se compran máis en Europa, España, Galicia, Coruña? Tipos de bicileta e usos.
Cantos adultos, moz@s e nen@s van aos coles, institutos en bicicleta? e a universidade, traballo?
Empregámolas máis para desprazarnos e viaxar nela, ocio, deporte recreativo, competición? Por que?

Que sabes do funcionamento dunha bicicleta e o seu sistema de transmisión?
Como funciona unha bicicleta? Por que non caemos dela? Principios da física e do Equilibrio. Gravidade. Inercia. Fricción. Cadea de transmisión do pedal a roda traseira e  relación entre engranaxes; plato e piñones, ou relación entre: Velocidade/ Forza, baixamos ou subimos?
E mantenimento? Como debemos usar e gardar a bici para evitar que se salga a cadea?

Coa POLICÍA LOCAL e colectivo Mobi-Liza estamos a desenvolver este programa  https://www.coruna.gal/educacion/es/programas/detalle-de-actividad-de-programa/rodando-por-nuestra-historia/contenido/1453666648678 xunto coa achega de BiciCoruña

Venres 25 de outubro de 12:30´a 14:10´ obradoiros de bicicleta:
- Ergonomía. A que altura ten que estar o sillín? A que distancia do manillar? Como é a posición correcta de nocello, xeonllo, cadeira, costas, cabeza, mirada, brazos- muñecas. Uso do casco. Grazas María de Mobi-liza   por facernos entender en que hai que fixarse para que a bici se adapte a nosa estructura corporal, porque non deberíamos comprar unha bici pola cor...
- Mecánica básica. Partes da bici e funcionamento eficaz e mantenimento axeitado, cadea, freos. Grazas David  de Bici Coruña  por ensinarnos como podemos evitar que se salga a cadea ou poñela
- Educación vial e mobilidade sostible. Coñecer a contorna do instituto e a nosa cidade, "carril bici", sinais, normas de tráfico e de educación e cortesía na convivencia. Grazas Jóse, da Policía local por ensinarnos cales son as nosas obrigas e responsabilidades conducindo un vehículo de dúas rodas
Podemos dicir xa que en Zalaeta todos os nen@s xa saben andar en bici. Os que non sabían xa arrancaron e tan content@s. Seguiremos mellorando as habilidades, facendo circuitos, roteiros... porque é moi bonito ver como os compas estades a axudarlles, coidando daqueles que aínda teñen inseguridades, que irán deixando atrás coa vosa axuda, tod@s vivímolo como un logro compartido, é unha chulada, porque VIAXAR EN BICICLTA CHE CAMBIA A VIDA A MELLOR!
E seguimos en EF collendo manexo e habilidades
 
Nesta pendente aprendemos a coller equilibrio baixando sen apoiar os pés

Grazas Alex, por esa práctica moi breve pero moi chula. Atendístes as explicacións? Estivestes centrado? Axudastes en todo? Recollistes material? Deches as gracias?
Para non ser unha carga para ninguén algúns ainda teñen que seguir practicando. Outr@s que xa teñen máis habilidade terán que axudar e animar máis, e así tod@s gozaremos máis!
Preparad@s?
 Imos saudarnos, és quen de darlle na man ao teu compa, ou a Alex?
Cantas burbullas fixeches estoupar?
Imos facer unha carreira si!, pero de tartarugas
Sen apoiar os pés
Volve intentalo!
O máis despazo posible
 Mira para atrás, cantos dedos sinala coa man o voso compañeir@
E sen apoiar o pé, iredes colléndoo
 Que distancia somos capaces de desprazarnos coa inercia da bici sen apoiar os pés?
Pasáchelo ben nestes obradoiros? Pois imaxina cando fagamos a saída tod@s pola cidade e vivamos aos pés da Torre algún momentazo de enerxía grupal en conexión coa NATUREZA!

Os martes estamos practicando máis manexo de bici:  andando ou correndo e levándoa cunha man, sen unha man, equilibrio dinámico sen pedalada...  
Alex máis pendente de Sabrina
María con Lía, Aldara, Miguel e Iker
E abrazos a María que hoxe estaba de cumple
 E simulando carril bici unidireccional ou de ambas direccións e diferentes anchuras, sinalizar coa man: quero ir a D/E, ou pon atención que vou frear, ten coidado con iso...
Gardando distancias de seguridade, nivel de atención as sinalizacións
E sumando máis martes de bicis para coller máis manexo
con percorridos máis longos no pavillón
Día e noite, non imos rendirnos!! Estaremos ben preparad@s para  pasalo moi ben nese percorrido pedagóxico- festivo pola nosa cidade ata a Torre que estará esperándonos en pé de pedra
Noa, Sabrina estades facéndoo xenial!! unha bici, un reto e moitos sorrisos!!
É moi bonito veros progresar en cada sesión de EF e os Martes con Alex e María.

 Aos máis curiosos e manitas presentámosvos a Mario, un alumno de 4º que é un encanto, vai facer Surf a Basti en bici, parece holandés, dende pequeno emprega a bici para viaxar. Pode ensinarvos a arranxar un pinchazo ou cambiar a cámara dunha roda. Marcos tamén controla. En tecnoloxía fixeron un mapa-metro-minuto da cidade a pé e en bicicleta, molaaa!!

Seguide practicando e moito en EF, martes a tarde, en familia, cos amig@s! Pronto imos vivenciar, mobilidade sostible e educación vial:
VENRES  8 de NOVEMBRO  roteiro en bici pola cidade e contorna da Torre,  virá Míl Espáine, que queredes coñecer daquela?

    " Eu son o vento no mar
son unha onda no océano
son o ruxido do mar"

 Inspirémonos e deixémnos enfeitizar polo mar... Preparando temasos que cantaremos navegando no barco e representaremos bailando e teatralizando no ALABAILA!

Amergin, e logo, ti quen ves sendo? és fillo de Mil e Escota, neto de Breogán? Fostes bardo, poeta, augur, druída... Foi certo que erguendo o teu báculo de madeira de carballo na proa dun barquiño de coiro, enfeitizaches o mar coa túa verba certeira?

Ben saben galegos e irlandeses que a ambas orillas do Mar Maior os finisterraes atlánticos azotados polo vento e a salitre, o mundo non acaba, se non é onde comeza ese gran mar dos milesios que cantaba Amergin.

E se alguén está content@ de máis torriando ben merecería o momento tribal para botar algún ATURUXODin que polo mar veu de mamá África o primeiro aturuxo. Como sabedes, ou non, un aturuxo é un berro de alegría atávico agudo, forte e prolongado que se fai cando queres dalo todo nunha festa rachada, cousas do noso sentir galego.

"Mi primer aturuxo. Yo tenía cuatro años, a lo sumo. Era la boda del hijo de mi prima. Todo estaba transcurriendo con la normalidad acostumbrada en esos casos: comida, mucha comida; risas, muchas risas; conversaciones, muchas conversaciones.
De repente, sucedió. Mi prima emitió un sonido que a la vez silenció y llenó de ruido la sala. Era un sonido que expresaba a la vez alegría y tristeza; a la vez era masculino y femenino; a la vez era ruido y música; a la vez era el bien y el mal; a la vez antiguo y moderno. Yo me quedé embobado mirándola, preguntándome que qué le pasaba a aquella señora, víctima, sin duda, de una pérdida transitoria de conciencia. El resto de los comensales no acudió en su ayuda. Nadie pareció asustarse por aquel sonido." ja,ja un aturuxo ben botado, bendita tolada galega!!

E se damos outro vertixinoso salto histórico e queredes curiosear a música dos 40 principales na época de Magallanes  SXVI, non vos perdades este vídeo ensalada dun naufraxio... podería ser nun rexistro cómico un bo tema para o ALABAILA  “Y porque en la ensalada echan muchas yerbas diferentes, carnes saladas, pescados, azeytunas, conservas, confituras, yemas de huevos, flor de borraja, grageas y de mucha diversidad de cosas se haze un plato, llamaron ensaladas un genero de canciones que tienen diversos metros, y son como centones, recogidos de diversos Autores."    http://www.musicaantigua.com/las-ensaladas-de-flecha-1-parte/

E falando de ensaladas, froita, verdura, legumes, froitos secos, ovos e os bo peixes que estades feit@s... comprobaremos coa  OLIMPIADA SAUDABLE 
que clase se responsabiliza máis da súa SAÚDE? (física-mental-emocional)
Pronto sumaremos e analizaremos os datos grupais de cada clase.
 Grazas por estes debuxos tan chulos!

 Sara Pousa 1ºA 
Sabrina 1ºB
Iria 2ºA
 Violeta 1ºB
A vida tamén cambia a mellor a quen non vai en bici. Moitas bicis nas rúas é aire máis respirable para tod@s; 0 emisións!! Pedaleando sigamos promovendo un cambio cultural; máis natureza en vena!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.