Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

lunes, 7 de octubre de 2019

SAIL TRAINING é preciso e máis precioso...

Sail training
é concienciar a sociedade da necesidade de preservar o legado marítimo e cultural dos pobos. Abrimos un proceso de reflexión máis ambicioso sobre cuestións inspiradas na 1ª volta ao mundo:
A RELACIÓN DOS POBOS COSTEIROS CO MAR, 
A SOSTENIBILIDADE, IMPACTO DA CIENCIA E TECNOLOXÍA NO DESENVOLVEMENTO DA SOCIEDADE, CONVIVENCIA ENTRE CULTURAS E MUNDIALIZACIÓN.

A pesar de vivir nun mundo hiperconectado e globalizado, nestos momentos pouco edificantes os dirixentes do mundo non parecen entenderse ou ser capaces de traballar en colaboración pola ética e benestar social. Nós dando exemplo de boas prácticas abordando conxuntamente dende todas as materias: 

ACCIÓNS COTIDIANAS PARA 
TRANSFORMAR O MUNDO E FACELO MELLOR
Aparecen mortos 3 TONELADAS de peixe, crustáceos e reptiles (tartarugas)  https://elpais.com/sociedad/2019/10/14/actualidad/1571055035_567032.html
 na Manga do Mar menor, o goberno di a causa da gota fría, os grupos ecoloxistas din que é polo desenvolvemento agrícola e urbanístico desaforado e inacción dos responsables políticos. Isto podería pasar en Galicia? Pasa noutros sitios do mundo?

Magallanes partíu de Sevilla no 1519, rumbo ao descoñecido, na procura das especies das Molucas. Foron 239 almas que acabaron en pena ou morte. Das cinco naves só volveu Elcano cunha, só regresaron 18 homes. Como non había neveiras levaban animais vivos. As tartarugas foron moi utilizadas neste sentido. Como facían á parrilla os alimentos sen risco de que se prendera lume? As potencias náuticas España e Portugal buscaban con recelo eses codiciados productos, para chegar as indias repartíronse áreas de influencia, os barcos españois irían polo oeste e os portugueses polo este.

Esas aventuras bárbaras a todo trapo era cousa de homes, pero daquela xa houbo unha raíña dos mares do sur: Isabel de Barreto, muller intrépida que partiu de Galiza ao Perú, no s.XVI. Foi famosa a súa presenza nas grandes expedicións polas costas do Pácifico. A súa vida daría para protagonizar unha película diferente a de Penélope Cruz en Piratas do Caribe... É a 1ª e única Almirante da Armada, ao mando dunha flota na historia da navegación mundial

PROS, réplica da nao Victoria https://www.youtube.com/watch?v=Jvh5Z874Rls. que está facendo a mesma ruta en iguais datas, como homenaxe a conquista do mundo polo mar.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lavozdelaescuela/2019/10/02/aula-academica-viaja-navegante/0003_201910SE2P1991.htm
 Podes seguir o seu percorrido con AGNYEE(Amigos de los grandes navegantes y exploradores españoles) https://agnyee.com/15/08/2019/tras-la-estela-de-elcano-sevilla-sanlucar/

Mentras non vaiamos a Marte esta foi a aventura máis intrépida e atrevida da historia da humanidade; o mundo cambiou facéndose redondo ou primeiro paso da globalización. Daquela as expedicións non tiñan a prioridade científica ou visión humanística actual. Buscaban o poder deses codiciados recursos, iban a conquista do descoñecido  co máximo poderío de navíos, e  impoñían unha nova orde nese novo mundo  

Ángeles Alvariño (1916- 2005)  “He nacido en una noche de huracán. Volaban tejas, caían arboles y murallas. Así me embelesa el viento, el mar furioso y las olas bravas y arrogantes batiendo las costas graníticas. Y así es también mi carácter”
Muller ferrolana recoñecida pola comunidade científica internacional, precursora da investigación oceanográfica e destacada pola calidade da súa labor investigadora. Chegou a descubrir 22 especies de novos organismos oceánicos. Cuestionou a Cook como protagonista da 1ª expedición científica

ASPIRANTES A TRIPULANTES, 
IMOS COÑECER E VERIFICAR AS NOSAS 
HABILIDADES MARIÑEIRAS

Este buque escola pode ser gobernado por 3/4 tripulantes cualificados. Formando a unha tripulación nova, seremos 12 tripulantes, polo que vir a visitar o barco non é só un divertimento. Haberá que saber o básico para cando entre tod@s teñamos que izar velas coas drizas, cazar as escotas co winche para portar vento e levar un rumbo determinado co timón, correxilo orzando ou virando, facer unha maniobra de virada ou trasluchada, ou de saída ou entrada a porto, sacar, colocar defensas...
Tod@s imos encargarnos das tarefas que se nos asignen
en cada momento e circunstancia. 

Achegándonos tamén ao noso pasado. Nas casas as galerías acristaladas ou parte traseira e soleada das casas, cos soportales ou baixos para gardar as chalanas e realizar as faenas relacionadas coas redes, salgar o peixe, vendelo...
daquela o mar chegaba as casas...
Galerías de La Marina a principios do S.XIX
Alguén oíu falar deste libro?
"El mar es el inicio de la vida y el futuro del planeta y a pesar de los daños que el ser humano viene causando a los océanos, este libro es un canto de optimismo: mujeres que han hecho del mar su razón de vivir. Deportistas, científicas, artistas, aventureras, que con su esfuerzo y entusiasmo han alcanzado la excelencia en sus distintas actividades, y que nos hacen creer que hay esperanza."
                                                 
Ou se alguén quere ver ata onde chega a capacidade de adaptación dos humanos desafiando a natureza en entornos moi complexos. Mary Kingsley, embarcou nun carguero e adentróuse polo atlántico en África intentando comprender a xente dalí, costumes, poligamia, tribus caníbales... con moito humor dicía que era ela como muller victorina á que daba medo e non ao revés
http://www.rtve.es/alacarta/videos/mujeres-viajeras/mujeres-viajeras-mary-kingsley-reina-africa/4526080/

Benvid@s a bordo!

Comparade un cruceiro de pasaxe " A lo Marineda, centro comercial" cun buque escola. Nós embarcámonos noutra dimensión de diversión con educación, na sensibilidade pola sostenibilidade e a esencia ou tradición mariñeira da nosa cidade, porto de mar. Aquí non ides ter móbil para navegar.
Nós imos ir a vela achegándonos a como se facía cando non existían os motores 
E sentadas nun tambucho de costas a botavara do trinquete, 
atrás quedan as galerías da pescadería...
Unha tripulación é un grupo unido que comparte nunha estreita conviencia 
Tod@s temos que traballar en equipo na cuberta
ou na cabina e espazos interiores.
Tes curiosidade por saber onde se gardan as cousas nun barco?
Porque ten que estar en orden todo? E ben suxeito?
Quen cociña nun buque escola? É importante comer ben?
 
 É o teu soño facerte a mar? Ahhh a vida pirata é a vida mellor...
 Pois escoita a quen sabe do goberno dun barco no mar
Que utilidade tiñan as cartas náuticas? Que hai agora para substituílas? 
E se faia a electricidade ou os satélites?
 
Sabes cales son as tres rías do Golfo Ártabro?
 Que outras cousas útiles tedes que aprender aspirantes a tripulantes?
 Recordas a regla nemotécnica para o as de guía?
 És capaz de reproducilo?
Para ser un bo grumete e adquirir destreza practicaremos o manexo dos nós básicos https://www.nauticalnewstoday.com/nudos-marineros-indispensables/
 Cada nó ten unha utilidade
Aprendiches algunha dun as de guía?
E dun oito?
 Os cabos teñen que estar perfectamente ordenados, sen que estean mesturados ou con nós imposibles
 Onde están as amuras nun barco, cara a proa ou cara a popa?
Os obenques que suxeitan os mastros  polos costados son cabos de corda?

Por onde se sube a parte superior dos mastros: Trinquete e maior

  Que é un winche e para que se usa?

Como se di botavara en inglés, e portugués, sabes algún outro modo "turbio" de nombrala... ja,ja
 Saberías cazar a escota do foque por babor?
 Que é o compás? E onde iba tradicionalmente?
Que aparellos poden verse dende o timón ou lugar de goberno?
Sonda, GPS, Plotter. 
Radio baliza, sinais de emerxencia. Seguridade: Chalecos. Balsas salvavidas. 
Auxiliar, anclas... que foi ó que máis te chamou a atención?
 Hai curiosidade por coñecer que hai detrás de cada porta?
 Baño de popa.
Non poden baleirarse augas fecais en augas litorais nin en áreas sensibles.
 Camas do camarote de popa
 Con espazo para gardar todo ben ordenado
 Aquí o rincón dos manitas do bricolaxe a bordo
 Camarote na amura de babor
 Con zona de lectura ou descanso
 Camarote de proa
 Baño de proa
Con ducha

 Como sabemos para onde mira un barco pola noite que non vemos?

Para seguir dando que pensar antes de embarcar...
 Por que o Juan de Lángara non vai afundirse?
Cando hai que facer máis forza? para afundir unha pelota ou unha tina? Por que hai que facerlle caso a Arquímides? De que depende que un obxecto se afunda ou non?
 En que embarcación a resistencia da auga será maior?
 Este debuxo dun optimist coa orza pode servirnos para entender porque a orza ou a quilla dun veleiro fai que o barco se deslice como se fora por un raíl
 O soplido é ó que aspira a folla cando pasa por enriba dela. O aire acelerado de enriba aspira a folla, mentras que o aire máis lento de abaixo a empurra para arriba. Coa vela ocurre o mesmo.
A estructura da parte sumerxida dun velero fai que o barco se deslice lateralmente grazas a resistencia da auga empurrada pola quilla e orza. Tranquil@ o Juan de Lángara non vai envorcar, o casco está diseñado para que as velas podan soportar moito vento, escorar si, envorcar nunca.

E agora pensa no vento e como actúa sobre o veleiro. Iste exemplo é moi sinxelo. De que parte da orilla da lagoa hai que saír para chegar entre as bandeiras empurrados polo vento? ou vento en popa
Observa ese plano inclinado ou costa arriba o coche vermello sube un pouco, para, e volve para abaixo. Igual pasa se queres navegar totalmente perpendicular ao vento, non podes
 "costa arriba é imposible de subir"

O ángulo morto é a zona onde o veleiro vai  aproarse ao vento,
 as velas non poden coller ou portar vento e flamean
Fíxarvos ben neste gráfico, as flechas azuis sinalan a dirección do vento, podemos ir en empopada, de través ou atravesados ao vento, podemos ir de largo ou ciñendo. Imaxínate que é unha tarta redonda, poderás comerte todas as porcións menos unha... pero mellor non veñas con fame ao mar...ja,ja
Acelerar ou frear?, cazar velas ou soltar velas?, 
queremos que o vento nos empurre ou que pase de nós?
Se o entendiches poderás dicir nese debuxo 
que barco é imposible que estea a desprazarse?

Ou contestar sen errar que dous traxectos son imposibles de trazar? Por que?

 Barlovento é a zona máis próxima a onde ven o vento, sotavento a máis lonxana. Hai algunhas illas ou terras costeiras denominadas Barlovento, a orixe deste termo é mariñeiro. No barco se precisan palabras sinxelas que definan conceptos, non vas dicirlle a un tripulante nunha maniobra coloca la vela a túa dereita e ponte ti pola zona por onde ven o vento... dices amúrate a estribor ou babor, e pode facelo de inmediato e sen error.

Orzar é achegar a proa ao vento ou ir máis a barlovento e arribar o contrario, 
alonxar a proa do vento ou irse máis a sotavento.
 Para levar un rumbo e non saírse dese percorrido imaxinario que queremos facer, hai que ir correxindo e virar ou trasluchar en función do vento. O vento tamén pode rolar ou cambiar de dirección e obrigarnos a reaxustar o rumbo.
 Por exemplo nestas maniobra que estan facendo os barcos?

Arribando ou orzando?

Cando imos ciñendo e queremos cambiar de bordada, e pasar dunha amura a outra, pasando a proa do veleiro cara o vento, estamos facendo unha virada por avante.

E cando imos nun largo e queremos cambiar de dirección pasando a popa polo vento, temos que trasluchar, ou cambiar a botavara de banda. En ambas maniobras avisamos a tripulación da maniobra para evitar golpes coa botavara ou... sabes como dicilo en inglés? e portugués? nalgún idioma máis?

A ver, un repaso, para ir a illa que rumbo ten que facer Miguel?
Mariña para chegar a boia vermella?
 Teñen que pasar por diante desas pedras, por detrás? 
E Ana para chegar a boia negra?
Supoño que xa estades pensando nas preferencias... pero iso xa imos velo navegando...

Unha máis de pensar:
Hai unha única dirección do vento verdadeira, na que é posible que estean navegando todos os barcos en rumbos distintos, só hai unha, cal é?

A seguir aprendendo os conceptos básicos para futuros grumetes, 
e non ter problemas coa agulla de marear...

Co pequeno balanceo do barco hai aspirantes a tripulantes que se marean na cabina
 e teñen que subir a cuberta para que lles dea o aire
 O compás por se queremos saber onde está o norde ou a que grados está o rumbo que queremos levar
 e xa preguntadas as curiosidades facémonos máis a idea do que é 
 a vida mariñeira, e a pirata das pelis de "piratas honrados"...
 Baixamos igual que subimos, mirando a escala de fronte, é máis seguro
 E deixamos descansar a Jorge e Fernando, que a tarde terán a visita do alumnado de bacharelato
Observando ó que está por debaixo da liña de flotación. Este barco precisa de augas de 3 metros de profundidade para non poñer en risco a obra viva do barco. Este casco ten 3 compartimentos estancos polo que tranquil@s non imos afundirnos como lle pasou ao Titanic.

Mentras nós aprendemos cousas do mar nun buque ESCOLA, amarrado ao pantalán do Parrote, que está no porto deportivo da dársena, hai quen regresa de faenar do mar
A pesca, a pescadería... Recordemos que ise foi a orixe deste lugar
que é comezo e principio de camiño polo mar. 

Grupo de 1º Bacharelato xa cun punto de vista máis reflexivo e un aquel cultural máis amplo 
Bemvida e Fernando ensinando que fai a un buque ser unha ESCOLA?
 Estes moz@s por idade xa poderían enrolarse nunha etapa da Tall Ships Race do verán 2020 





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.