Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

sábado, 2 de abril de 2016

RAFTING : E se chove? Que chova!!

As árbores de ribeira estreaban un provocador traxe de inicio de tempada Primavera 2016 cunhas follas húmidas e insultantemente novas e verdescentes...E o Ulla enorme de enchenta mimaaa...

O Ulla  e o Rafting nunca deixan a ningúen indiferente
E nós preparándonos para remar, rir, cantar e xogar
Gocemos do deporte e aprendamos
 a ler no reloxo dos tempos, da natureza, da vida, dos amores imposibles...
"Penar de Macías, por mor da desemellanza social, símbolo deses amores prohibidos"
GRAZAS!! aos compañeir@s do IES Macías o namorado pola cálida acollida 


Padrón ten un pedrón, e nós non temos "perdón", se ignoramos ou rexeitamos a nosa historia... as nosas tradicións e o noso patrimonio vital e cultural. Aprendamos a ler o reloxo dos tempos... Pensemos o mérito que tivo no S.XIX Rosalía de Castro para expresarse e inmortalizarse nese idioma de "paletos"...

Pensemos nas vellas formas de ruralidade, e as carencias ou penar fondo, o emigrar... e tamén nas alegrías dese mundo agrario do S.XX . Houbo un ditador, que por certo iba pescar ao Ulla, que ditaba ó que tíñamos que facer, dicir ou como falar e ata que pensar... ( En "La familia de Pascual Duarte" "La Colmena" podedes ver como retrata esa rancia e lúgubre sociedade, Camilo José Cela) onde por suposto o rol das mulleres era casar e mellor bonitas e caladiñas...
Procurémonos espazos libres de violencia de xénero machista ou sentimento de sexo forte dominando ao sexo débil. E pensemos e sintámonos en sintonía coas novas vías de ruralidade do S.XXI ou filosofía vital  do agro ou d@s "supervivientes" das aldeas... Como son os seres humanos que habitan nesta contorna rural? Porque as veces hai que recordarlles aos moz@s de Lacoru buuu neno mirar a hora en que vivimos neste reloxo do tempo...  Escoitemos con admiración esos cantos da terra que transmite a grande Sés! Quen che aprendíu eses cantos? 
Alegría é baixar en raftin, alegría é cantar...
                                                                                                                             
                      

 E pousa e pousa e pousa é non nos toques naquelas cousas...      
  E librémonos de todo tipo de ditaduras, violencias, incongruencias, intransixencias e incoherencias... Porque é bonita e nutritiva a DIVERSIADE de idade, xentes, ideas, proxectos, crencias e creadores.

Menos postureo urbá, e máis espírito de traballo de sacho 
máis agro rock&roll e admiración e dar vida ao noso!!!! 
Máis DAVILA!!







                       


Nunca choveu que non escampara...

sábado, 19 de marzo de 2016

ALABAILA: Eclosión de BAILE e bo humor!!

Cando é inminente a chegada da Primavera... 
en Zalaeta tamén experimentamos unha eclosión de vida!!
Na Gala ALABAILA  deixa voar o maxín e goza!!  
Bailando o corazón énchese de sangue, sentes calor no corpo, a respiración acóplase ao ritmo e a pel anuncia esa luz dos días de primavera ou sensación de poder...

Proceso integrador e desmitificador de roles sexistas



Houbo moita complicidade, sorrisos e gargalladas  o día da actuación.
A clave foi o xeito de traballo do alumnado !!
“O obxecto da educación é formar seres aptos para gobernarse
a si mesmos, e non para ser gobernados polos demais” 

O alumnado asumiu a organización, planificación, coordinación, montaxe e actuación final. Creando un ambiente moi agradable e positivo. Houbo colaboración e axudas entre compañeiros nos montaxes escénicos, música, luces, vídeo , e todo moi enriquecido e divertido cos monólogos.
        






            

O traballo e mérito foi de tod@s !! 
E non tan só daqueles que se viron sobre o escenario, ou dos gañadores.


En ALABAILA gañamos tod@s!! 

GRAZAS!! pola vosa implicación!! 

 Facendo que bailar teña sentido en Zalaeta!!

Cando chegan nen@s novos ao instituto e escoitamos: "A min non me gusta bailar" sentimos compaixón. Pensamos "pobriñ@", as súas rixideces e cerrazón non lle van permitir liberarse deses prexuizos, e vai perderse ese chute de enerxía vital primaveral.... pero foi un gustazo ver como aprendestes a sentirvos ben bailando, ó que vai permitirvos gozar bailando sempre.

Podemos gozar bailando  dende os 0 aos 100 anos...
Para mostra este pequeno terrícola levando o ritmo da música folk con entusiasmo

  E este "abu" de 90 anos BAILANDO revive a súa mocidade!! Bailar é reVIVIR!! ou vivir a primavera en calquera época do calendario e da vida...  
 

Mira como Rosa ghasta pista!!

E despois do proceso ALABAILA ou darte valor e gustarte bailando,
E a volta de vacacións en EF faremos

DEPORTE:  MOTÍVATE PARA SENTIRTE FELIZ!!

"Un cerebro infeliz es un cerebro menos inteligente, menos creativo y menos productivo. La felicidad, además, es un factor de protección contra enfermedades, ansiedad o depresión asociados al estrés. Otra habilidad a entrenar es el optimismo: tiene que ver con pensar que uno es suficientemente bueno e inteligente y que, además, está aprendiendo, por lo que hay espacio para cometer errores. Este optimismo, a su vez, lleva a que efectivamente logremos mejores resultados. Las personas, cuando se sienten bien, se enferman menos, viven más y tiene una mejor calidad de vida. Hagamos de la felicidad un ejercicio cotidiano .

 El ejercicio físico también es fundamental, ya que reduce el estrés. Los deportes además pueden ser una fuente para construir un sentido de pertenencia a un grupo y un factor para desarrollar confianza.
 Sin duda, entrenar el cuerpo 
sirve para entrenar la mente."
Facundo Manes (Neurólogo y neurocientífico. Cambridge University)



miércoles, 17 de febrero de 2016

UDI: "A culpa non foi do chachachá... "

Foi da sociedade... 
Décheste a oportunidade de moverte conectándote coa música sen prexuizos?  

Un grupiño de nenas entusiastas ou "Comité de sabias", están facéndoos bailar polas mañás ao chegar ao insti e preparan a
 II Gala ALABAILA que se celebrará o
 Xoves 17 de Marzo no salón de actos, de 12:30´a 14:10´

Ao abrirse o telón poderá verse o resultado final, a clave é o xeito de traballo do alumnado que asumíu unha metodoloxía altamente participativa e proactiva.

Actuamos na prevención de prexuízos ou estereotipos sociais de calquera tipo, promovendo a elegancia nas formas de ser, estar, e falar... a solidaridade, o espírito democrático, a implicación respectuosa e responsable nas actuacións colectivas e a resolución de conflitos en todos os ámbitos.



Ensinamos a ver con "gafas de aumento" para ver e interpretar a linguaxe verbal e corporal, para procurar relacións dende o respecto e o afecto. Corriximos condutas para evitar que haxa quen quera exercer poder, presión, violencia, "micro machismo"...
 Non podemos minimizar os efectos negativos do incivismo. 


  Se és quen de vencer as emocións negativas de inseguridades, medos, inhibicións, bloqueos...

Bailar libera o corpo e a mente !

Mola ver como en EF tedes máis prisa por chegar a clase que por marchar!! E ise é o mellor indicador de que bailando xa xodes uns sinvergonzas...


domingo, 31 de enero de 2016

CONCÉNTRATE: Que é ó que queres conseguir?

Experimento que propón o experto en Mindfulness Fernando Tobías Moreno para tomar conciencia do noso escaso nivel de atención
Por que temos que aprender a enfocar a atención na era das distraccións? Tele, videoxogos, ordenador, mensaxes, múltiples comunicacións, móbiles e grupos de wasap, redes sociais...


Hai que ser capaces de estar atent@s para aproveitar as clases, ENFOCAR A ATENCIÓN, CONCENTRARSE!!
Pero a realidade é que moit@s nenos teñen TDAH e moitos moz@s caen na depresión, ansiedade... Hai unha enorme demanda de pastillas e remedios para dores de cabeza, barriga, malestares diversos asociados ao estrés no ámbito académico, social...
 Cales son os medos dos rapaces? Cales son os medos dos profesores? Cales son os medos das familias?


Por que temos que conectar corpo-mente-emocións?
Por que o traballo práctico e integrado por competencias? 
Por que aos procesos grupais baseados no respecto, a escoita, a valoración aos demais tendo en conta os límites, a responsabilidade, a toma de decisións...

 Por que non podemos deixar a creatividade fora das aulas?
  Que tal van eses bailes nos vosos grupos?
Sodes orixinais?
Segundo Tina Seelig -Universidade de Standford-
Mentras bailas salsa escoita (ja,ja) estes consellos na voz dunha coach profesional...
 
Esfórzate en pensar de xeitos diversos, adquire coñecementos, persiste e non abandones, faite cun contexto estimulante, inspirador, mobilízate e valora os teus recursos materiais e humanos, non teñas medo a non facer as cousas ben, inténtao e acepta os fracasos, só fracasa quen non o intenta...





Nos procesos de baile só fracasaron aqueles que non o intentaron...





lunes, 18 de enero de 2016

Franccesco e Aimor coñecéronse en Jaca...

Un ano máis ir esquiar convértese nunha declaración de principios da ensinanza en actitudes para a vida. O mundo vai e ven e vira... pero o sistema educativo permanece inamovible, ou ós cambios son só  para disimular e "parecer algo actual" cambiando de nome os contidos.  Pero aínda que non queramos velo "Eppur si muove"!!

"Se miente más de la cuenta
por falta de fantasía;
también la verdad se inventa"
(Antonio Machado)

A verdade sempre foi contada, relatada, fabulada. A verdade é algo construído...
a verdade sempre foi un conto... "A filosofía parece ocuparse só da verdade, pero quizás non diga máis que fantasías, e a literatura parece ocuparse só da fantasía, pero quizá diga a verdade." (Tabucci)


E porque as historias non son datos, se non relatos...
a nosa Sherezade  nos cativaba cada noite con fantasías ou verdades... 
Dándonos unha lección de humildade e humanidade, ríndose sobre todo dela mesma...

 Nese rexistro integral vital fora das aulas os nen@s comprenden as cousas,
 entenden as normas e os límites...

Por iso ir esquiar é tocar o ceo cos pés...

Que bonito é namorar ou deixarse idiotizar, como fixeron Franccesco e Aimor. Nós tamén conectamos ou namoramos da grandeza e beleza da natureza cuberta dun manto branco, da complicidade dos amig@s, da sensación de poder ou subidón entregad@s a paixón de deslizarse sobre esquís ou snowboard.

Como canta Sés dun xeito "inhumano"; subidón e poderío de forsa desatada 
"Eu quero bailar ao rítmo do que vive ilusionado..." 
Ahí vai o vídeo para compartir esas vivencias 
do mar a montaña na procura dun aquel sanador...


"E quero bailar ao ritmo 
Do que vive ilusionado 
E cabo do silenciado 
Cantar quero con paixón 
Coa querenza e coa emoción 
Da que non pretende nada 
Máis que seguir namorada 
Mentres quede corazón"

Temos que sacarnos o velo, desvelar ou deixar pasar a luz, a vida, a fantasía, a curiosidade, a verdadeira esencia de ensinar "a demanda"... Sigamos viaxando e iluionándonos!!


lunes, 28 de diciembre de 2015

Queridos Reyes Magos, os pedimos...

Los europeos llevamos siglos educándonos a través de mitos, cuentos e historias sagradas. Conformando nuestro PATRIMONIO INTELECTUAL o memoria cultural del occidente cristiano.

Los míticos reyes magos existieron, primero fue la transmisión oral de hechos, luego en lugares diversos con versiones varias y a través de siglos, fueron recopilándose escritos y admitidos como textos sagrados por los fieles.

El maestro florentino, Giotto representó como un cometa anaranjado a la estrella que guió a los magos venidos de oriente. Probablemente fue  una aparición posterior del cometa Halley en cielos italianos, el mismo que guió a Belén a los magos, y se cuenta en el nuevo testamento.


¿Reconoces alguna figura? ¿Sabes que quería decir, subrayar, revelar... el artista?


Los artistas como Giotto, o los maestros que construían catedrales como la de Jaca, ayudaban en este marketing o campaña publicitaria  de la iglesia, divulgando el bien,  conmoviendo el corazón del creyente  que no sabía leer ni escribir, para extender el mensaje bíblico de salvación cristiana.   Creer esto os salva!! 

Los Magos se dedicaban a la astronomía y a la astrología, interpretaban sueños y estudiaban los enigmas cósmicos, además  de cumplir con sus funciones religiosas. Estos astrónomos judíos, versados en las artes mágicas de los persas,  habrían interpretado la aparición de la estrella como signo de la llegada del Mesías.
Se representaron tres por conveniencia con el simbolismo teológico de la Trinidad, porque eran tres las partes del mundo conocido: Europa, Asia y África (fisionomía tipo caucásico, asiático y negro) y por las tres edades del hombre (juventud, madurez y ancianidad).  Simbolismo del Oro: poder, del Incienso:  purificación al nuevo Dios. Mirra: la Muerte ya que era utilizado en los rituales funerarios, representa la parte humana de Jesús y una anticipación al sufrimiento que padecerá.



En estos tiempos de moda disruptiva "antisistema", 
( peeero, lo contrario de sistematizar, organizar, estructurar... es el caos.)
se busca romper con lo establecido, provocando y leyendo de forma actualizada y  alternativo las tradiciones... 

QUE LE PIDES A LOS REYES 

Y "REINAS" MAGAS?



 Los profes de EDUCACIÓN física, que nos hemos portado estupendamente... ja,ja les pedimos que nos ayuden a comenzar con unas vivencias chulisimas en la nieve. 
Magos ayudadnos a hacer posible que los interesad@s en ir al curso de esquí o snow puedan cumplir con su sueño 

Este año para enriquecernos vendrá Ana, la profesora de historia del arte. En los juegos de animación cultural vamos a ponernos en la piel de los artistas que hicieron posible tantas bellezas que encierra Jaca y buscaremos mensajes ocultos dirigidos a los peregrinos para que no pequen...
http://www.romanicoaragones.com/Colaboraciones/Colaboraciones04325Serpientes.htm
Por si quieres probar a descifrar más enigmas que esconden las bellas artes pictóricas
http://www.rtve.es/noticias/20130206/javier-sierra-invita-sentir-museo-del-prado-desvelar-secretos-maestro-del-prado/606836.shtml
También escucharemos historias que nos cuentan los mayores!! Y como la ciencia tampoco es tan distinta o distante al arte,
  nos acercaremos a los cielos!!

El cometa Catalina liará en la madrugada a los reyes magos, tiene dos colas... menos mal que ahora contamos con el gps instalado en los móviles...


Más sobre la polémica iconografía de la epifanía
http://bloghistoriadelarte.com/2014/12/27/iconografia-de-los-reyes-magos-iconography-of-the-magi-kings/

Más sobre astronomía 

y la guerra de las galaxias... 
http://surftitan.blogspot.com.es/


También pediremos a los reyes magos que

 Que las niñas y las mujeres sean respetadas y bien tratadas. No te rías de cosas que no hacen gracia, no compartas todo aquello que menosprecia y denigra a la mujer,
NO rotundo a la violencia machista!!
Por que tenemos que respetar? Pasar de ideas preconcebidas dañinas , creer en nosotros, darnos valor y tener afán de superación, POR QUE?



Por que no debemos permitir que nos maltraten  ?

Por que esta película es imprescindible para saber 
de donde venimos?


Comenzaremos el año bailando en EF TOD@S!!, imos pensando en...
A  danza, dende a orixe ata o S.XIX
http://pilesmusic.net/images/pilesmusic.net/material/historiadanza1_material.pdf
Século XIX, XVIII...



Unha coreografía actual...




viernes, 11 de diciembre de 2015

Móvete ao ritmo da actualidade...!!

Cal é a imaxe do corpo humano máis antiga facendo creacións grupais ximnásticas, figuras acrobáticas... ?

Baixo relevos do templo de Luxor (S. IV a.C ou pasado remoto...)

Dende as culturas máis antigas a actualidade, a humanidade está dominada por representacións de imaxes do corpo non realistas. Disimulando partes do corpo e resaltando outras, as veces grotescamente esaxeradas como nesta Venus paleolítica

Hoxe en día trucamos o corpo con photoshop...  presión social  
ou imposición dun canon de beleza non realista da muller!!

Bailarina terracota 4.000 anos a.C


Imos deixarnos de historias... e  ver as vosas CREACIÓNS GRUPAIS!! 

   
Parabens a tod@s por poñer en práctica ademais das habilidades ximnásticas, 
valores como a responsabilidade, respecto, solidaridade e integración.
Que chulo cando saimos de casa pola mañá cun sorriso posto e gañas de facer as cousas benou o mellor posible, superando atrancos... En dúas sesións!!

Bailar é unha das mellores cousas que podemos facer para ser felices, é gratis, reduce o estrés, non engorda, e siii despeina!!

Na 2ª avaliación imos bailar!!
Polo que comezaremos a poñernos en situación.
En Nadal cantaremos, bailaremos, brincaremos e brindaremos...
Por se queredes pillar pasitos desta familia que baila xunta e permanece unida!!



"A danza foi durante séculos unha das linguaxes máis empregadas para comunicarnos cos Deuses" 




Completisimo blog de historia da evolución dos distintos estilos de danza oriental:
http://world-feels-better.blogspot.com.es/

A perfección existe...


Cal é a túa escena dun musical favorita?


Falando de faraones... imos ver unha danza faraónica!!


Ou prefires deixarte levar polo Bollywood style of live...?



Veña, dalle vidilla ao corpo with dancing!! Para motivarte
con el proceso creativo de bailes grupales!!

En que estilo de baile estás máis cómod@ bailando? En que rexistro...?
Repasillo de evolución postureo típico...


Repasillo para hip hoper@s...