Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

jueves, 12 de mayo de 2016

Supernenas e supermansitos: A vida non é xusta...

EDUCAMOS PARA A VIDA, peeero a vida non é xusta...

"La vida no es justa. Contamos a nuestros hijos que lo es, pero es una maldad. No es una simple mentira, sino una mentira cruel. La vida ni es justa, ni lo ha sido, ni lo será" Mítico Goldman "La princesita prometida"

E ningún heroe con super poderes vai salvarnos
Supernenas
 Supermansitos...


Coñecernos, querernos, crer en nós ou valorarnos e querer superarnos aprendendo cada un dos días da nosa vida, divertirnos e estar a gusto con nós!! Entrenar o corpo-cerebro e emocións  son os nosos  SUPERPODERES!!

“Se un ve algo mal ten o deber de cambialo” 
(Sadiq Khan) Porque nas nosas mans está mellorar o mundo!! Os retos que temos no planeta terra non teñen arranxo só pola vía tecno , máis ben pola lóxica... A tecnoloxía do peor móbil do mercado actual que temos nas nosas mans, é tan complexa como o cohete que foi a lúa por primeira vez... a tecnoloxía progresa vertixinosamente, xa estamos humanizando robots... No que non avanzamos ou retrocedemos a humanidade é no comportamento dos seres humanos en relación ao poder...

En ESO algúns queren reivindicarse ou facerse un oco, amosando actitudes de poderío... Por que?
Por que hai grupos onde son os propios nen@s ós que están máis cómodos cun profesor sarxento?
A adolescencia é unha etapa vital onde hai unha necesidade real de poñer límites!!

Para estar a gusto nun grupo precisamos: 
- Crear sensación de pertenza ao grupo e importancia de cada un dos membros, ninguén sobra ou é menos que ninguén

Conexión emocional ou búsqueda conxunta de solucións para lograr retos

Disciplina positiva ou ensinar a proceder con firmeza e asertividade

- Asumir retos educativos ilusionantes:
 Pais, profes, sociedade, medios... ou a tribu ao completo... seguemos sen materializar  prácticas reais e alternativas válidas e re válidas...  ao modelo hiper competitivo, con inflamación de examinitis...  Non acabamos de comprender que estamos nun vertixinoso S.XXI... 
A ver cando EDUCAMOS BONITO? 
 EN DISCIPLINA POSITIVA, porque
                                 


GRAZAS!! A Lummerland  por "EDUCA BONITO con disciplina positiva"  unha interesante charla de María Soto que vai de  ferramentas para educar para a vida e crer nun mellor mundo posible



O final de curso está a volta da esquina e aumentan o corre e corre, descansar peor, e veñen lesións, dores estomacales, de cabeza e a medicación en vez de a meditación... e máis "sedimentarismo" en vez demover o cú... tensións e mal humor...
Aumentan as actitudes de rebeldía da adolescencia  ou desafío ao poder, a calquera tipo de poder...

Por que?Por desalento? 

Alentemos aos nosos moz@s e aprendamos xunt@s a ter valentía e pedir perdón polos nosos erros...



Cal é a emoción na que recoñeces que és mellor persoa, pensas,  actúas e che sentes mellor?

O DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA A FAVOR DA DISCIPLINA POSITIVA








A FAVOR


Disciplina positiva

      Asumir respecto polas persoas, TODAS as persoas, temos dereito a ser respectadas, somos dignas dun trato aflable e asertivo. Tod@s temos dereitos e tamén deberes que cumprir.
          Convicción de que o cumprimento das normas de convivencia benefícianos a tod@s.

    Autoridade moral lograda co exemplo de quen obra con compromiso, coherencia e ten credibilidade
           Autoridade baseada na firmeza co prepotente e arrogante e cercanía para axudar a sentirse segur@s ao débil e diferente.
       Establecer bos líderes con sensibilidade social e xuizo crítico, que sexan verdadeiros modelos morais, que saiben resolver conflitos dende a asertividade e empatía.
            Prácticas reflexivas e recoñecemento de quen fai as cousas ben, de quen é bo no seu traballo, darlle valor aos bos estudantes que se esforzan por mellorar no ámbito persoal e académico; desenvolvendo as súas competencias (Aprender a aprender, Social e cívica, Espírito emprendedor…) O bo estudante non necesariamente é o que saca as mellores notas. Vaiamos pola inexplorada vía de programar por competencias clave, a diversidade de instrumentos de avaliación,  a disciplina en  positivo, o traballo en equipo, máis responsabilidades aos nen@s nas súas aprendizaxes, máis nivel e aprendizaxes, grado de satisfacción e integración ou espazo educativo onde non sobra ninguén.  





EN CONTRA


Disciplina
negativa

               Non todo vale para obter disciplina nun grupo
        Intentar a desesperada con disciplina imposta con autoritarismo e única vía: sancións a “aula de convivencia inclusiva” apercibimentos, expulsións, expedientes… como única vía ou a máis válida para lograr mellorar a disciplina e os resultados académicos dos bos.
       Disciplina baseada nunha autoridade xerárquica que impón ou exerce o poder con represión e violencia: infravaloración, descalificación, menosprezo, humillación a alumn@s . Que xeran escenarios onde son “normais” ameazas, mal entendidos e mentiras, medos, castigos grupais con deberes abusivos, inxustizas…
       Autoridade que procura alumn@s sumisos para manter unha estrutura xerárquica ríxida na que se aplican arbitrariamente as normas de comportamento, sancións, criterios de avaliación...
       Jactarse e beneficiarse do poder que nos outorgan os nosos dereitos recollidos na lexislación vixente
             Incumprimento dos nosos deberes e imposición de sancións para intentar disimular o desorde, desmotivación, carencia de rigor…
        Establecer líderes que exerzan a presión de grupo e o dominio, e xeren medo a discrepar o expresarese libremente dende a boa educación e o xuizo crítico razoado.



O desexable sería reducir o control externo para chegar a unha auto disciplina ou disciplina positiva razoada baseada na confianza, cada un ten que facerse responsable da súa propia conduta e toma de decisións. 




lunes, 18 de abril de 2016

PIRAGÜISMO: Ensina ao que non sabe amar a MAR!!

Amar a vida, amarse a un mesmo, amar a natureza, amar a beleza, amar aos demais,  amar o noso... Pero para amar antes hai que respectar, coñecer e aceptar...

Que signifcado ten a auga para a humanidade?? 
Adquirir coñecemento non significa crer no que din os profesores e os libros como se fora un dogma e memorizalo. Se só chapas e logo vomitas todo nun exame, quedarás baleir@ e insatisfeit@. Entende e conta ó que estudas empregando as túas propias palabras, fai por sentir e vivir os coñecementos… Adquirir coñecemento non consiste en crer, consiste en crear!!! Crear preguntas, sementar moitas dúbidas...


VIVE O MAR!! COÑECE E VALORA O NOSO  
PATRIMONIO MARIÑO!!
O mar que tes diante das túas narices vivindo na Coruña non sempre foi así, nin será así sempre… A pesar de que na nosa cidade estamos rodeados de mar, a realidade mariñeira é unha descoñecida.
Que preguntas che inspira vivir na beira mar? Que dúbidas te xorden? 
Dando paladas ao mesmo compás...  
      

Quen dixo que os mellores camiños son os camiños do mar??


Nocións básicas do piragüismo (kaiak e Canoa) e o remo explicados por un especialista da sociedade deportiva as Xubias ubicada en Oza. E máis fotos...
http://sdasxubias.eu/pirag%C3%BCismo/

 Dende a súa orixe para cazar e pescar... ás competicións deportivas de hoxe en día, dependendo do número de palistas K-1 K-2 K-4 ou C-1-2-4.
 En augas tranquilas, bravas, mar, kaiak surf, kaiak polo...

Escachando coa risa... para pensar en  problemas serios...





Verbas, sons, cores, cheiros,  goces e dores, sabores...
 feitos de sal!
        
                                               
 Unha de percebes!!Marchando...
            
http://www.naranjasdehiroshima.com/2012/01/direcci-on-david-beriain-guion-fernando.html

Achegándonos ao medio natural mariño da ría da Coruña, dende perspectivas diversas, non só a través da práctica deportivas de piragüismo, tamén lúdico-educativa, ambiental e natural, histórica, etnográfica… Analicemos dun xeito crítico construtivo feitos de sustentabilidade da vida do ecosistema,  diversos usos dos portos, recursos económicos e profesións derivadas do mar, artes de pesca legais e ilegais, sobreexplotación, vedas, contaminación e lodos na ría, tráfico marítimo, complexidade do ecosistema acuático e biodiversidade mariña. Furtivismo marisqueiro
                         
http://galizacontrainfo.org/grande-manifestaci%C3%B3n-prol-do-sector-do-mar-compostela-27022016
Estuda para ser feliz, para saber escoitar e falar, para aprender quen es, que che gusta, para que tes talento, para coñecer como funciona o teu corpo, unha embarcación, o universo, a humanidade, para relacionarte cos demais, para saber viaxar, para atraer compañías interesantes e compartir interesantes conversas, para compartir as túas dúbidas.
 Conéctate coa naturez e  fai camiños polo mar...



domingo, 10 de abril de 2016

3x3: 9 razóns polas que xogar... E como facelo mellor??

Cales son as túas razóns? Como podemos gozar das prácticas deportivas? Que é o que queremos/queres conseguir?

A quen se lle ocurriría inventar o basket ball...? E o volley ball? Cando? Onde? 

                                                       
                                   NAISMITH James 1861-1938. Inventor del baloncesto
                                                               
                                    MORGAN, William G. 1870-1942 Inventor del Voleibol 
                                 
AVALIACIÓN DE PROCESO dos FUNDAMENTOS TÉCNICO TÁCTICOS APRENDIDOS volei (1ºs) e basket (2ºs)  ESO!!

- Valoraste o teu nivel inicial e seleccionaste cales son os teus obxectivos a curto, medio e longo prazo. Valora agora se estás mellorando en función dos standares de aprendizaxe propostos.

- O máis importante é aprender  a xogar cos compañeir@s, aplicando os fundamentos técnico-tácticos dos deportes de equipo tanto en ataque como en defensa. O máis importante non debe confundirse co máis urxente, que ao comezo foi   o traballo de técnica básica e necesaria para poder xogar.

Mantemos o balón en xogo dun xeito fluido e divertido??
En situacións de 1x1, 2x2, e 3x3. Ao principio cunha responsabilidade individual, e logo unha responsabilidade compartida cunha comunicación colaboración/ oposición para organizarnos tanto en ataque como en defensa.

 Como podemos facelo mellor entre tod@s?
- Corriximos canto antes os defectos comúns para non arrastrar dificultades e problemas e relentizar o proceso de ensinanza. Establecemos un tempo para resolver as cousas que non foron capaces de aprender por eles mesmos.

- Facemos partícipes aos alumn@s da organización da clase e metodoloxía de traballo. Tempo e estratexias para logralo. Como vas alcanzar os retos? Cales son as tarefas e pasos que imos dar, tempo que teñen antes de pasar ao seguinte paso. 

- Permitimos certa flexibilidade, non todo está fixado de obrigado cumprimento para tod@s. Temos en conta a diversidade en cada grupo, escoitamos ao alumnado e rediriximos a UDI si fai falla.
Que hai que ter para xogar...?
Querer aprender e pasalo ben!!








Tan importante como practicar deportes é mellorar
  as  COMPETENCIAS CLAVE 
Que son? Cales son? Cantas son?...
(CSC) A competencia social e cívica ou saber que formamos parte dun grupo, ou conciencia de benestar social . Traballamos na prevención de prexuízos ou estereotipos sociais, de calquera tipo e resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos.

(CAA) A competencia para aprender a aprender, ensinámoslles a valorarse e sentirse capaces de asumir retos, a ter éxito

(CSIEE) A competencia de sentido de iniciativa e espírito emprendedor. Actuando construtivamente e axudando na organización e xestión, velando polo cumprimento das normas, realizando propostas novas en base aos intereses do grupo.

(CCL) Competencia da comunicación lingüística. Permitir ao alumnado ser capaz de interpretar con coherencia, analizar, ter en conta as opinións dos demais e realizar críticas con espírito construtivo.

(CD) Competencia dixital. Axudamos  a manexar diferentes recursos dixitais actuais e de fácil acceso, para que o alumnado faga presentacións e vídeos.


Pensamento de Isolino cando ve un neno correndo e xogando...


E na TV din que se bebes ou consumes eses produtos vas ser máis feliz, 
e terás máis aceptación e éxito social, e que vas ser máis ti mesm@...
 jausjajuasjajjaja




sábado, 2 de abril de 2016

RAFTING : E se chove? Que chova!!

As árbores de ribeira estreaban un provocador traxe de inicio de tempada Primavera 2016 cunhas follas húmidas e insultantemente novas e verdescentes...E o Ulla enorme de enchenta mimaaa...

O Ulla  e o Rafting nunca deixan a ningúen indiferente
E nós preparándonos para remar, rir, cantar e xogar
Gocemos do deporte e aprendamos
 a ler no reloxo dos tempos, da natureza, da vida, dos amores imposibles...
"Penar de Macías, por mor da desemellanza social, símbolo deses amores prohibidos"
GRAZAS!! aos compañeir@s do IES Macías o namorado pola cálida acollida 


Padrón ten un pedrón, e nós non temos "perdón", se ignoramos ou rexeitamos a nosa historia... as nosas tradicións e o noso patrimonio vital e cultural. Aprendamos a ler o reloxo dos tempos... Pensemos o mérito que tivo no S.XIX Rosalía de Castro para expresarse e inmortalizarse nese idioma de "paletos"...

Pensemos nas vellas formas de ruralidade, e as carencias ou penar fondo, o emigrar... e tamén nas alegrías dese mundo agrario do S.XX . Houbo un ditador, que por certo iba pescar ao Ulla, que ditaba ó que tíñamos que facer, dicir ou como falar e ata que pensar... ( En "La familia de Pascual Duarte" "La Colmena" podedes ver como retrata esa rancia e lúgubre sociedade, Camilo José Cela) onde por suposto o rol das mulleres era casar e mellor bonitas e caladiñas...
Procurémonos espazos libres de violencia de xénero machista ou sentimento de sexo forte dominando ao sexo débil. E pensemos e sintámonos en sintonía coas novas vías de ruralidade do S.XXI ou filosofía vital  do agro ou d@s "supervivientes" das aldeas... Como son os seres humanos que habitan nesta contorna rural? Porque as veces hai que recordarlles aos moz@s de Lacoru buuu neno mirar a hora en que vivimos neste reloxo do tempo...  Escoitemos con admiración esos cantos da terra que transmite a grande Sés! Quen che aprendíu eses cantos? 
Alegría é baixar en raftin, alegría é cantar...
                                                                                                                             
                      

 E pousa e pousa e pousa é non nos toques naquelas cousas...      
  E librémonos de todo tipo de ditaduras, violencias, incongruencias, intransixencias e incoherencias... Porque é bonita e nutritiva a DIVERSIADE de idade, xentes, ideas, proxectos, crencias e creadores.

Menos postureo urbá, e máis espírito de traballo de sacho 
máis agro rock&roll e admiración e dar vida ao noso!!!! 
Máis DAVILA!!







                       


Nunca choveu que non escampara...

sábado, 19 de marzo de 2016

ALABAILA: Eclosión de BAILE e bo humor!!

Cando é inminente a chegada da Primavera... 
en Zalaeta tamén experimentamos unha eclosión de vida!!
Na Gala ALABAILA  deixa voar o maxín e goza!!  
Bailando o corazón énchese de sangue, sentes calor no corpo, a respiración acóplase ao ritmo e a pel anuncia esa luz dos días de primavera ou sensación de poder...

Proceso integrador e desmitificador de roles sexistas



Houbo moita complicidade, sorrisos e gargalladas  o día da actuación.
A clave foi o xeito de traballo do alumnado !!
“O obxecto da educación é formar seres aptos para gobernarse
a si mesmos, e non para ser gobernados polos demais” 

O alumnado asumiu a organización, planificación, coordinación, montaxe e actuación final. Creando un ambiente moi agradable e positivo. Houbo colaboración e axudas entre compañeiros nos montaxes escénicos, música, luces, vídeo , e todo moi enriquecido e divertido cos monólogos.
        






            

O traballo e mérito foi de tod@s !! 
E non tan só daqueles que se viron sobre o escenario, ou dos gañadores.


En ALABAILA gañamos tod@s!! 

GRAZAS!! pola vosa implicación!! 

 Facendo que bailar teña sentido en Zalaeta!!

Cando chegan nen@s novos ao instituto e escoitamos: "A min non me gusta bailar" sentimos compaixón. Pensamos "pobriñ@", as súas rixideces e cerrazón non lle van permitir liberarse deses prexuizos, e vai perderse ese chute de enerxía vital primaveral.... pero foi un gustazo ver como aprendestes a sentirvos ben bailando, ó que vai permitirvos gozar bailando sempre.

Podemos gozar bailando  dende os 0 aos 100 anos...
Para mostra este pequeno terrícola levando o ritmo da música folk con entusiasmo

  E este "abu" de 90 anos BAILANDO revive a súa mocidade!! Bailar é reVIVIR!! ou vivir a primavera en calquera época do calendario e da vida...  
 

Mira como Rosa ghasta pista!!

E despois do proceso ALABAILA ou darte valor e gustarte bailando,
E a volta de vacacións en EF faremos

DEPORTE:  MOTÍVATE PARA SENTIRTE FELIZ!!

"Un cerebro infeliz es un cerebro menos inteligente, menos creativo y menos productivo. La felicidad, además, es un factor de protección contra enfermedades, ansiedad o depresión asociados al estrés. Otra habilidad a entrenar es el optimismo: tiene que ver con pensar que uno es suficientemente bueno e inteligente y que, además, está aprendiendo, por lo que hay espacio para cometer errores. Este optimismo, a su vez, lleva a que efectivamente logremos mejores resultados. Las personas, cuando se sienten bien, se enferman menos, viven más y tiene una mejor calidad de vida. Hagamos de la felicidad un ejercicio cotidiano .

 El ejercicio físico también es fundamental, ya que reduce el estrés. Los deportes además pueden ser una fuente para construir un sentido de pertenencia a un grupo y un factor para desarrollar confianza.
 Sin duda, entrenar el cuerpo 
sirve para entrenar la mente."
Facundo Manes (Neurólogo y neurocientífico. Cambridge University)



miércoles, 17 de febrero de 2016

UDI: "A culpa non foi do chachachá... "

Foi da sociedade... 
Décheste a oportunidade de moverte conectándote coa música sen prexuizos?  

Un grupiño de nenas entusiastas ou "Comité de sabias", están facéndoos bailar polas mañás ao chegar ao insti e preparan a
 II Gala ALABAILA que se celebrará o
 Xoves 17 de Marzo no salón de actos, de 12:30´a 14:10´

Ao abrirse o telón poderá verse o resultado final, a clave é o xeito de traballo do alumnado que asumíu unha metodoloxía altamente participativa e proactiva.

Actuamos na prevención de prexuízos ou estereotipos sociais de calquera tipo, promovendo a elegancia nas formas de ser, estar, e falar... a solidaridade, o espírito democrático, a implicación respectuosa e responsable nas actuacións colectivas e a resolución de conflitos en todos os ámbitos.



Ensinamos a ver con "gafas de aumento" para ver e interpretar a linguaxe verbal e corporal, para procurar relacións dende o respecto e o afecto. Corriximos condutas para evitar que haxa quen quera exercer poder, presión, violencia, "micro machismo"...
 Non podemos minimizar os efectos negativos do incivismo. 


  Se és quen de vencer as emocións negativas de inseguridades, medos, inhibicións, bloqueos...

Bailar libera o corpo e a mente !

Mola ver como en EF tedes máis prisa por chegar a clase que por marchar!! E ise é o mellor indicador de que bailando xa xodes uns sinvergonzas...


domingo, 31 de enero de 2016

CONCÉNTRATE: Que é ó que queres conseguir?

Experimento que propón o experto en Mindfulness Fernando Tobías Moreno para tomar conciencia do noso escaso nivel de atención
Por que temos que aprender a enfocar a atención na era das distraccións? Tele, videoxogos, ordenador, mensaxes, múltiples comunicacións, móbiles e grupos de wasap, redes sociais...


Hai que ser capaces de estar atent@s para aproveitar as clases, ENFOCAR A ATENCIÓN, CONCENTRARSE!!
Pero a realidade é que moit@s nenos teñen TDAH e moitos moz@s caen na depresión, ansiedade... Hai unha enorme demanda de pastillas e remedios para dores de cabeza, barriga, malestares diversos asociados ao estrés no ámbito académico, social...
 Cales son os medos dos rapaces? Cales son os medos dos profesores? Cales son os medos das familias?


Por que temos que conectar corpo-mente-emocións?
Por que o traballo práctico e integrado por competencias? 
Por que aos procesos grupais baseados no respecto, a escoita, a valoración aos demais tendo en conta os límites, a responsabilidade, a toma de decisións...

 Por que non podemos deixar a creatividade fora das aulas?
  Que tal van eses bailes nos vosos grupos?
Sodes orixinais?
Segundo Tina Seelig -Universidade de Standford-
Mentras bailas salsa escoita (ja,ja) estes consellos na voz dunha coach profesional...
 
Esfórzate en pensar de xeitos diversos, adquire coñecementos, persiste e non abandones, faite cun contexto estimulante, inspirador, mobilízate e valora os teus recursos materiais e humanos, non teñas medo a non facer as cousas ben, inténtao e acepta os fracasos, só fracasa quen non o intenta...





Nos procesos de baile só fracasaron aqueles que non o intentaron...