Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

jueves, 31 de octubre de 2013

Dando UNHA LECCIÓN de ...

Esforzo colectivo dendo o optimismo, a alegría e a creatividade:
Tiremos para adiante como galeg@s!!. Desta crise sairemos querendo e crendo nun cambio de modelo educativo, válido para as próximas décadas do S.XXI

O reto: "Imos grabar a cada grupo e tedes que crear unha pequena coreografía, empregando o material que precisedes, tratando de lucir as habilidades ximnásticas traballadas: EQUILIBRIOS, SALTOS E XIROS. Intentando saírnos do convencional, dándolle unha voltiña as posibilidades do material; e ao miolo con pensamento alternativo. Are you ready?..."

E os peques déronos aos maiores UNHA LECCIÓN :
En 45´ foron quen de agruparse, facer as distintas partes do quecemento, elixir o material e distribuilo ao seu gusto escénico, e interactuando dun xeito libre, responsable, respectuoso, comprometido, integrador e creativo!! 

Estes nen@s saben asumir un reto, compartir, non deixar ao marxe a ninguén, aceptar as súas limitacións e ver as súas posibilidades, xestionar os éxitos e os fracasos, solventar os problemas que xorden... Foi un placer velos traballar en equipo con iniciativa e valentía. Parabén a tod@s polo voso traballo!! A totalidade dos grupos superaron os mínimos esixidos e o ambiente  foi moi agradable e enriquecedor. MOI BEN, ASÍ SE FAI!! Os titores de 1º temos motivos para sentirnos moi agraciados.



Formar parte dun grupo É: saber sumarse, unirse, non quedarse ao marxe,  integrarse,  falarnos mirándonos aos ollos, sorrir, aceptar aos demais, empatizar, tratar con afecto, cooperar, comprender, valorar, unir forzas e talentos, emprender accións con iniciativa, ser positivo, crer na forza da unión...

NON É: estar na clase, na vida real  ou no mundo mundial mal encarado, criticando, botando as culpas aos demais,  interrumpindo,  molestando, tratando aos compañeir@s a empurróns, zancadillas, mandando, gritando, pinchando aos demais, desprezando, ignorando, ríndose dos demais, acaparando a atención, non sabendo compartir, a solución aos problemas non é enfadarse, marcharse, aislarse, chulearse...

Agora que chegaron as choivas, e por se queres seguir esta conversa "entre avoas nunha perruquería",     non ten desperdicio...


E por se queredes escoitar que é o que move a unha muller galega a pintarse o pelo de verde e e ir onde a levan os seus soños, facendo falar unha gaita,  loitando, medrando, agradecendo... 

viernes, 4 de octubre de 2013

Are you ready? Steady! GO!!

FRAN WELLCOME TO ZALAETA!! You are going to feel good... As the new pupils of ESO!

                              

O profesorado vemos o que hai, e o alumnado que temos en cada grupo. Programamos, ensinamos, avaliamos e poñemos as notas. Pero, tamén vemos as súas competencias e a fase evolutiva na que está cada alumn@, e intuimos a persoa que podería chegar a ser, ou na que se podería convertir algún día...
Que tipo de persoas buscamos?
Por que antes eras dunha familia humilde, estudiabas e titulabas nunha carreira e xa tiñas asegurado o acceso ao traballo e teu benestar. Agora non é así, non chega unha titulación, ademais tes que ter experiencia e:
- Coñecementos avanzados en informática e redes sociais-marketing
- Coñecementos avanzados en polo menos inglés
- Ter habilidades sociais, saber falar en público e traballar en equipo
- Ter iniciativa e capacidade de xestión e organización
- Ter afecións que che permitan no tempo de ocio manterte con saúde e vitalidade

                       Que aporta a EF na formación da persoa?
Antes a ximnasia cunhas prácticas de corte militar, servía para fortalecer o corpo e afianzar o espíritu nacional. A avaliación tradicional nese momento estaba moi ben, era un acerto.
Agora chámase EF e podes nas clases mellorar as túas capacidades de expresión, hábitos saudables, traballar en equipo en procesos creativos, ter experiencias deportivas diversas...
QUEN DI QUE A EF NON É FORMATIVA E UTILITARIA?
Nós estamos intentando facer unha EF do S.XXI, e aprendendo a facer UD por competencias.

martes, 17 de septiembre de 2013

Extra, extra, actividades EXTRA escolares!!

@s fill@s non deberían ser castigados sen  actividade física e  deporte.
Castigaríades a un fillo que saque malas notas sen comer verdura e froita?
Claro que non, pois do mesmo modo, facer exercicio é moi nutritivo e imprescindible para a súa saúde, equilibrio persoal e socialización!
O corpo non pode quedar parado durante o curso. É unha opinión que compartimos todo o profesorado, os nes@s precisan moverse, socializarse e sentirse felices.
E a ti que che pide o corpo? Vas facer VOLEI, ESGRIMA,IOGA, DANZA, ou PARKOUR   Queredes recordar por que parkour?
Podedes facelo neste vídeo tan chulo de momentazos en clase de EF. Este ano comeza como actividade extraescolar XOVES de 16:00 a 18:00. Queredes vir probar?


Aquí podedes ver de que imos propoñendo Ioga. Cada vez hai máis nen@s con dificultade para concentrarse, relaxarse, aceptarse, quererse...

E aquí como despois de estar 8 horas sentadas, é moi necesario mover o cú, bailando, liberando, creando, socializando, gozando e aprendendo técnicas básicas de expresión e DANZA. Queredes probalo, Andrea estará encantada de enseñarvos.

Andrea pode axudarnos a RECICLAR IDEAS...  bailar creando, compartindo, divertindo, educando,
 imos  mover o cú?

lunes, 2 de septiembre de 2013

SI TI, SORRÍ!!

AXUDÉMONOS!! 
Vaia verán;  vimos cargados de enerxía solar, comecemos ben un novo curso!!
 Entre tod@s con boa cara e boa disposición faremos as cousas mellor.

Ánimo e alegría tamén para traballar. No "mundo mundial" sobra a mala uva, egoismo, insolidaridade, prepotencia,  envidia, soberbia e competitividade pura e dura para beneficio propio, sobra o engaño...

Nas aulas imos na procura do beneficio colectivo, o benestar, a axuda, o traballo en equipo dende a confianza mútua, a sensación de estar dispoñible para apoiar e enriquecer aos demais. 
 Fagamos un insti mellor, nun mellor mundo.
MÁIS EMPATÍA E SIMPATÍA!!
 Facendo unha cadea humana de axudas e sorrisas 
 temos unha forza inmensa!! Está ao noso alcance...
Chegan os novos peques a Zalaeta, imos acollelos como nen@s pequenos que son,  podemos axudalos a medrar. Traballemos con ganas, adultos e pequenos, e sorrindo, para acadar un benestar na vida do insituto.
HAI QUE FACERSE ADULTO PARA 
COMPREDELO TODO?
Ser feliz e gozar da vida é unha capacidade exclusiva dos pequenos e do verán?  
Non sexamos borregos... e superemos prexuizos,

AXUDÉMOSLLES!! 


Non asustemos aos cativos de 12 anos decíndolles que ao chegar a ESO deixen de ser pequenos de repente, que xa teñen idade para traballar en serio. Tamén podemos traballar por unha escola onde a creatividade, a fantasía e a felicidade non queden fora!! 
SE NON, NON VAN QUERER MEDRAR
 E PARECERSE A NÓS...ja,ja

viernes, 26 de julio de 2013

ALOHA!!, YOUR WAVE IS WATING!!

ADICADO A TODAS AS MULLERES DESTEMIDAS, de todas as edades, que este verán van NA PROCURA DO SEU POWER WAVE!!!!
Moitos homes e algunhas mulleres nun body, nunha táboa de surf, paddel surf, ou kayak remando subimos ao pico, e experimentamos a gloriosa sensación de atopar o control físico e emocional, ante unha onda que escoitas as túas costas rachando con ese son tan característico a espumoso e excitante.
Ser quen de manter o equilibrio empurrada por unha onda, a túa onda!! 
É un enorme subidón sentirte elevada deslizándote conectada as forzas da natureza!!!
Nese momento podes crer que eres unha deusa dos mares... 
Este é un video chulísimo de mulleres que fixeron do surf a súa forma de vida. 
Pero, tod@s!!  na Coruña podemos gozar co poderío das ondas!!
O meu nivel é moi primitivo, porque na miña época, no paleolítico, as mulleres non facíamos surf en Galicia... pero todo pode andarse, tamén sobre as augas...
Porque sexamos cada vez máis mulleres subidas ao power wave, tamén en Galicia!!  


HOW TO BEGIN IN WAVES ON SUP? (STAND UP PADDLE)
Move arround of it,  Pivot turns...

Try it, you will have a great fun!!
 YOUR WAVE IS WAITNG!! ALOHA!!

jueves, 13 de junio de 2013

Brinca por enriba do lume de San Xoan...

E GOZA DO VERÁN!!
Vai chegar o fín de ano!!... académico, IMOS BRINCAR O LUME (fogueira, cachela, lumeirada...) por que ten moitas virtudes e alonxa maleficios...  os máxicos poderes do lume, a auga, máis as herbiñas aromáticas expostas ao  orballo, van facer que se cumplan os teus desexos... "Alegre, menina, vaite lavar, antes de que o sol a rayar"
 "Os rapaces facían os montóns diante das portas con garabullos, toxos e loureiros, para escomenza-la troula, brincando por enriba da fogueira, un detrás dóutro..." "Por ser noite de San Xoán, noite de encantos e bruxas, por ser noite de San Xoan, téñoche medo Maruxa" E para escorrentar medos, saltaban un número impar:
"Brinco por riba do lume de San Xoán para que NON ME TRABE NIN COBRA NIN CAN."
Agora, os medos son outros... polo que engadiremos  "NIN CANTOS MALES HAN"...
 Os riscos dos moz@s hoxe en día: Sedentarismo, Tabaquismo, Alcoholismo...

EN VERÁN VAI DE BRINCADEIRA,  GOZA!!!
E dende o corazón, e con cabeciña
FAI O QUE CHE PIDA O CORPO!!!
O verán é para gozalo, non te apalanques...  QUE DEPORTE VAI FACERTE FELIZ??
 xa estás nalgunha movida??
Programa do Concello:_Verano_2013,  QUE CHE APROVÉITE!!

miércoles, 5 de junio de 2013

TRISKEL ULTIMATE, come on!!

Rafa and Jamie invite you to play beach ultimate in Riazor. They came to Zalaeta to teach the sport they love: Frisbee ultimate. This is a mixed sport, very intense with spectaculars throws and jumps.
Summer and beach are close, come on!! Let´s go "Beach boys" and girls...  Round, round, get around, I get around...Yeah!! The frisbee is getting around too!!
En Galicia hay 2 equipos en competiciones, el Xabarín de Santiago, y Polbo de Coruña.  Ahora Rafa,  Yane y Jamie están dándole forma a este proyecto TRISKEL, un nuevo equipo con una clara filosofía...y vamos creciendo!! JUEVES 19:30, DOMINGOS 18:00 en Riazor, cerca del Playa Club.

Triskel es un símbolo formado por 3 espirales. Segun la cultura céltica el triskel representa EVOLUCIÓN Y CRECIMIENTO!! A través de tres ideas asociadas con un significado de equilibrio; el ser humano integrado en el universo...
Cuerpo- Mente- Emociones
Fuerza- Sabiduría- Amor
Infancia- Madurez- Vejez
Pasado- Presente- Futuro
Alba- Mediodía- Puesta de Sol
Tierra- Mar- Aire...
Divulgar este deporte significa fomentar SALUD FÍSICA, MENTAL Y ESPIRITUAL: Cada jugador es honesto y responsable de  sus acciones, no necesita un árbitro para regular su comportamiento.


En este Hat o encuentro deportivo, festivo, amigable,  puedes ver el ambiente que rodea estos eventos. Se llama hat porque los participantes introducen su nombre en un sombrero y los van sacando al azar para formar equipos.



   
If you want improve your ULTIMATE and your english...!!