Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

viernes, 21 de noviembre de 2014

Enganchad@s ao PARKOUR...

Os moz@s teñen unha gran capacidade para comprometerse e para ilusionarse... Se caen nas drogas (alcohol, tabaco, outras...)  van debilitarse e se persisten van escravizarse.
 O DEPORTE, pola contra FORTALECE!! PARKOUR? Si, GRAZAS!!
Apostemos pola educación non formal e polo ocio enriquecedor!!,  en situacións deportivas tes que saber traballar en equipo, xestionar o teu tempo e emocións, adaptarte ou flexibilizarte, socializarte...

Importa moito facer PARKOUR, e sobre todo importa con quen e como facelo, e en Zalaeta temos grandes especialistas traballando, e como explica Adrián en parkour os chulos morren... GRAZAS ADRIÁN POR AXUDAR AOS NOSOS ALUMN@S A SUPERARSE!!

Hai que ser humilde e hai que apostar polo esforzo, ilusión, optimismo, e compromiso, 
POLA SUPERACIÓN, SAÚDE, BOS ALIMENTOS E MOVEMENTO!!                Quen quera máis xa sabe de que vai isto do PARKOUR: Xoves no insti de 16:10´- 18:10´
E ista é a triste historia dun bo paxaro que recurría as drogas como vía de escape,  polo  subidón ou efecto inicial de euforia...

E convertíuse nun escravo, porque a droga rouboulle a liberdade de decidir como vivir...  Este paxaro xa non poderá pensar, relacionarse, ou enfrontarse aos retos da vida dende a realidade... Polo que arredor deste paxaro sempre haberá outros paxaros sufrindo as consecuencias...



Coas drogas perdes o protagonismo da túa vida...

As drogas son substancias qúimicas que modifican o funcionamento do sistema neurolóxico, provocando alteracións nas capacidades. Beber alcohol, fumar tabaco, ou consumir outras drogas na adolescencia leva a incapacidade para tomar decisións acertadas.  As drogas non só perxudican a quen as consume, as drogas teñen impacto social, moitas persoas padecerán as consecuencias...

Nesta conmovedora entrevista podes ver un home que na súa xuventude sufríu vigorexia e estivo enganchado as drogas, para conseguir ter un "corpo de cine"... dixéronlle no ximnasio que "Tomar anabolizantes non é peor que fumar...", el sentíase arropado como nunha secta e "os raros eran os demais"...
http://deportes.elpais.com/deportes/2014/11/23/actualidad/1416759498_558756.html

O noso corpo segrega de xeito natural endorfinas ou drogas da felicidade,  O estado de ánimo, as emocións, dependen en gran parte destas hormonas do pracer. 
 Os retos deportivos axúdanos a ter momentazos de felicidade!!
Os adolescentes que querades excitación e descarga de adrenalina engancharvos ao PARKOUR...

Alguén cre que a EF non é util na adolescencia? 
Nas aulas o alumnado séntese seguro porque está parapetado detrás dunhas mesas...  
En EF, sen embargo, estás tu co teu corpo "a medio acabar"...
 non podes agocharte detrás de nada!!
 Facendo EF podes adquirir confianza, autocontrol, saber traballar en equipo,  afán de superación... En EF axudamos a descifrar a linguaxe corporal, a sentir como inflúen no corpo as emocións, e traballamos as intelixencias múltiples. Es quen de facer unha práctica reflexiva aplicando o xuizo crítico, e de falar en público para expoñer a túa opinión persoal razoada? Sabes cales son os teus medos? Es quen de recoñecer as túas posibilidades e limitacións?

Se facendo parkour sentístedes algún tipo de medo... tamén iba dESO!! e de como superalos...!!


domingo, 2 de noviembre de 2014

Será POSIBLE?

Nos procesos creativos grupais cos que ides comezar en EF, pregúntate:
- QUE PENSAS?
- QUE SENTES?
- QUE IMAXINAS? 

Por que?
- PORQUE VAS SER O QUE PENSAS!!
Se pensas que ti non és capaz, non vas selo...
- PORQUE VAS ATRAER O QUE SINTAS!!
Se sentes que o que ti fas non ten valor, vas ser inferior aos demais...
- PORQUE VAS CREAR O QUE IMAXINES!!
Se non imaxinas, outr@s van dicirche o que tes que facer ou como tes que ser...

Sodes rapaces normalit@s, non facedes extraordinarias acrobacias circenses, non sodes ximnastas fora de serie facendo combinacións de equilibrios, saltos e xiros...
Pero, ese atrevemento, dende a normalidade, para seguir superándonos faivos ser GRANDIOS@S!! Todos sodes únicos, intensos, inmensos, e bell@s. En EF poñemos en valor a normalidade, tod@s somos normalitos, excepcionais son pouc@s... Un ser excepcional, a.C (álvaro Cunqueiro) no seu libro"Si o vello sinbad volvese ás illas... traduce unha cita do romántico P.B. Shelley tamén inmensa, di:
... ser
bon, grande e ledo,
     fermoso e libre,
soio iso é
             VIDA
             ALEGRÍA,
             PODERÍO
             e RIQUEZA 

Próximamente subiremos as vosas creacións ximnásticas por grupos, ánimo mis valientes!! (como Sinbad o de Bagdad, aquel mariño a quen a vida sedentaria lle sentaba fatal, cunha sede insaciable de lanzarse a mar para descobrir o máis alá... vos agora tedes que descubrir dende a vosa normalidade as posibilidades do voso corpo en movemento). Que material ides empregar: Minitramp, potro, plinto, bancos, espalderas, vallas, colchonetas, quitamedos, cordas, aros, picas, barandillas, escaleiras...
 Con quen vas poñerte para traballar dun xeito aplicado e implicado??


Só podemos ser extraordinarios naquela afección pola que sentes verdadeira paixón,  que cultivas a diario "poseíd@" e que queres facela cada vez mellor, é a  túa vida, o que ti queres !! Exemplos de seres extraordinarios no seu:

Kilian Jornet o mellor Skyrunning ou ultrarunning do mundo especialista en afrontar en solitario situacións de sufrimento extremo,cunha fortaleza física e psicolóxica "anormal", ten 34 pulsacións por minuto,.. O seu pai é guía de montaña e garda nun refuxio do Pirinéo leridano. Con 3 anos fixo un tresmil, con 6 un catromil, con 10 atravesou os Pirineos... Está pulverizando todos os records que se propón. Chegou a correr 300 kms. sen parar en 38 horas seguidas!!! No 2013 emprende o proxecto "Summits of my life", está escalando as principales cumes co mínimo de material e tempo.  Quere ascender e descender o Everest sen asistencia, é o seu desafío personal máis grande e prioritario para o 2015... Será posible...? 
Quere que o deixen vivir así...


Elas tamén queren vivir así:
Experiencia vital extraordinaria e chulisima... 
Un grupiño de mulleres  skaters unidas pola paixón e talento sobre o longboard!!


Anos de adicación sobre o skate, moitos golpes e satisfaccións... e meses de traballo e preparación para esta aventura viaxeira: 7 riders, 1 furgo, 15 días, 4.300 kilómetros, imaxes, momentazos...  Aquí podedes ver cando estiveron en Razo coñecendo a Costa da Morte, na Coru compartindo con Skaters locais...

Outro "anormal"...
Kepa Acero un surfista vasco que entendeu que a competición non era ó que máis satisfaccións dáballe. Para sentirse vivo precisaba  surfear con espírito indómito e 
libre!!



jueves, 23 de octubre de 2014

En movemento son máis feliz aprendendo

A maioría do alumnado ven feliz a EF. 
Aínda que tamén hai típicas e "míticas" escusas para evitar facer clases de EF:
Dóeme moitisimo a cabeza, non me sento ben... ou a barriga.... ou ter moita tos e toserte en riba para que vexas que é de verdade, ou   a insufrible  "monstruación" ... olvidarse a roupa por equivocación de día... vir coxeando ostensiblemente por un golpe, maniotas, sobrecargas... e logo ves que no recreo está correndo detrás dun balón... ja,ja

Que é o que está detrás destes comportamentos?

O medo máis común na adolescencia é o relacionado coa autoestima, medo a ser rexeitado ou infravalorado polo grupo, medo a establecer relaciones personais con xente que non sexa guai... hai que ir de guai, non amosar debilidades, ou inseguridades, porque poden rirse de min...Medo a non ser o máis tonto ou querer ser o máis listo (aínda que case tod@s temos unha intelixencia media)

A EF axuda a superar sensacións de malestar asociados a medos na adolescencia. Hai que comezar por recoñecelos e loitar por superarse. 
A EF variada e a túa medida é moi estimulante para aprendizaxes vitais.

Gozar nas clases de EF sería o desexable,
 intentémolo entre tod@s!!
DATE VIDILLA!! COAS PRÁCTICAS DE EF MELLORAMOS AS HABILIDADES SOCIAIS. Aprendemos a ser máis asertiv@s, equilibrad@s, a ter máis empatía, a saber traballar en equipo, a ter autocontrol e saber esperar para obter aquelo que desexo...
En 1970, Walter Mischel, un psicólogo de Stanford, experimentou co "Marshmallow Test", (unha golosina moi popular en USA) para analizar a capacidade de autocontrol de nen@s de 4 anos. Aos nen@s se lles dice: "Se queres algo mellor podes esperar" Algúns intentan distraerse, outros non poden, outros non lles interesa...


Goleman di que a xente que precisa unha gratificación imediata ten falta de control de impulsos. Neste experimento o 66% dos nen@s foron quen de esperar por algo mellor.   Fíxose un seguimento ata que chegaron a adultos, e os que souberon esperar, hoxe en día teñen unha boa autoestima, mellores habilidades socias, toleran a frustración, a súa forma de comunicarse é asertiva, teñen máis seguridade en si mesmos...  son menos irritables, cabezotas, celosos...  A VIDA VAILLES MELLOR!! son máis felices!!

Gañemos habilidades sociais para ser felices.
 A ser felices podemos aprender. 
Ou imos pola vida de poquito... a Paquita... Toda a culpa dos nosos males é por culpa das ratas de dúas patas... ja,ja
 

sábado, 4 de octubre de 2014

Ain´t no MOUNTAIN high enough...

Non hai montaña suficientemente alta... para Félix, que xa leva uns cuantos 8000s
 "Al filo de lo imposible".
GRAZAS aos monis: Mariquiña, Félix, Roberto e Olga
 por axudarnos a conectar co poder ou enerxía da natureza,
e a ter coraxe e valor para escalar, para crer en nós, e procurar un grupo moi apañado.

Foi unha experiencia rica, excitante e altamente motivante, con moitos posibles titulares:
- "Non podo máis". SI QUE PODES!!
- Sangue, sudor e lágrimas no Petón...
- Grazas Eratóstenes por sinalarnos onde está o norde
- Irmandiñ@s: Loitemos por unha Galicia mellor!
- Descoñecemento do medio: Non distingo... carballo ou castaño?
E ti: Que aportaches ao grupo? Como titularías a experiencia?

  MÚSICA exquisita de MARVIN GAYE&TAMMI TERREL e unha tradicional MUIÑEIRA


Se un 80% dos rapaces de 1º non saben distinguir un carballo dun castiñeiro, é que teñen moito descoñecemento do medio, por moi boa nota que saquen nesa materia...

Na Coruña sobra cemento, gris, pedra, e feismo e fan  falla máis árbores, verdor e beleza. Na década do "desarrollismo" estaban acomplexados, querían vivir nunha urbe de señoritos, rexeitaban a aldea e a vida de "paletos"... Fai moi pouco tempo vivíamos nas aldeas, vilas ou cidades conectadas ao campo. Agora vivimos inmersos nunha "selva tecnolóxica", nunhas décadas os humanos transformamos radicalmente a natureza para aproveitar os seus recursos. Pero non podemos ignorar que as árbores son a base do noso ecosistema e a EXPRESIÓN MÁIS XENUINA DA PERSONALIDADE DUNHA PAISAXE.
Na Coru temos poucas árbores, démoslle valor ao noso, as nosas árbores, as nosas tradicións, a nosa lingoa, a nosa cultura, as nosas aldeas!!
Cando cubrides a enquisa de principio de curso constatamos que moitos rapaces tedes moi poucas experiencias no medio natural, monte, río, mar, acampadas, deportes na natureza... Por iso temos que seguir facendo experiencias na natureza en EF. 

Cando desenvolvemos a UDI: "Eu sei coidarme, e ti?" dun xeito tan práctico, as clases de EF teñen máis significado, sabemos que capacidades temos que seguir desenvolvendo para superarnos e medrar sans, áxiles, equilibrados, content@s e destemid@s!!  
CONDICIÓN E CONVICCIÓN FÍSICA:
E TI, DE QUE DEPORTE ESTÁS FEIT@?
QUE DEPORTES FAS NA NATUREZA?

Lectura recomendada: "EL ÚLTIMO NIÑO EN LOS BOSQUES" de Richard Louv, quen alarma sobre o modo de vida actual, e o número creciente de TDAH diagnosticados. Opina que o que hai é un gran déficit de atención a NATUREZA!! e os nen@s son os máis perxudicados.... Os nen@s conectados coa natureza ou criados con múltipes experiencias "out door" desenvolven moitas máis competencias, adquiren moita autonomía, son máis adaptables ao medio, teñen máis recursos e séntense máis segur@s!!

 Observemos a estes cazadores de "mamá África" ensinándonos estratexias para a loita:
Como enfrontarte a un enimigo máis poderoso que ti?

Nós vivimos nunha "selva tecnolóxica" e hai depredadores que poden deixarnos ao descuberto as nosas necesidades básicas... Non son leóns con colmillos cheos de sangue pero tamén son perigosos...


Estes cazadores keniatas saben adaptarse ao medio e "sacar tallada" das súas debilidades individuales, xuntándose, facéndose fortes. Nós tamén temos máis forza confiando en nós mesmos e nos demais, traballando en equipo. Se traballamos con convicción e compromiso, se cres en ti e confías no teu poder e fortaleza, se sabes xuntarte con xente que sume, que comparta contigo esta fortaleza do  traballo en equipo. O grupo será sólido, estable e potente!! podendo enfrontarte con éxito a grandes retos ou ameazas... Adelante mis valientes!!

En EF traballaredes en equipo!! 
tamén para aprender a sobrevivir...
Melloremos as nosas capacidades, non só as deportivas... Desenvolvelas é cuestión de aplicar os principios de adestramento, que tamén son válidos para a vida, e están ao alcance alcance de tod@s:
 TRABALLO- ESFORZO- FATIGA- RECUPERACIÓN- 
Unidade, adaptación, individualidade, continuidade, progresión, alternancia...
TRABALLO- ESFORZO- FATIGA- RECUPERACIÓN-
Sei que algúns vailles costar traballar en equipo... pero, non sexamos ñus e fagamos o esforzo!!

domingo, 21 de septiembre de 2014

Corpo, CEREBRO e EMOCIÓNS en forma!!

"Se non saca boas notas, imos sacarlle o deporte... " O cal garantiza que vai ir peor nos estudos... A un fill@ non podemos sacarlle de comer froita, verdura, ou pescado...   tampouco o deporte!!

POR QUE? Porque facer deporte mellora a capacidade intelectual, un cerebro osixenado estimula ou facilita os procesos de aprendizaxe e  memoria. Sabíamos que facer deporte era bo para mellorar o noso corpo, para sentirnos ben, para socializarnos cos demais... agora sabemos que 
axuda a mellorar o funcionamento da "fábrica de pensar"

Se abandonamos o corpo, o cerebro vai detrás,
xa que están conectados.O movemento estimula as conexións neuronais,
 movéndonos temos un cerebro máis saudable.

Desmontemos esa vergoña, pena, medo, decepción, sentimento de incapacidade dalgúns cara o deporte. @s que din:
"EU NON SON O SUFICIENTEMENTE BO NO DEPORTE"...???
Temos que aceptar o compoñente xenético, pero non tod@s queremos ser "olímpicos"... No deporte destacan profesionalemente os máis dotados, pero tamén serve para gozar tod@s nós. Podemos e deberíamos mellorar e mellorarnos moito facendo deporte.



POR QUE MÁIS FACER DEPORTE? 

As modas determinan ideales de beleza... Agora está de moda un culto ao corpo desmedido... Hai quen busca ser perfect@... Unha vida sa é cuidarese por dentro e por fora e sentirse feliz!!
 Fai deporte para gustarte a ti mesm@!!

Tod@s temos unha constitución u outra, vimos ao mundo cun corpo xeneticamente programado, é absurdo querer parecernos a unha modelo... non podes perder o tempo loitando contra o corpo, esixíndolle o que non podes ter...
Coídate e QUÉRETE, sen caer na esclavitude das modas...
Facer deporte é gratificante cando non lle estás pedindo imposibles ao teu corpo,
cando o teu obxectivo non é ter un corpo 10 para gustar aos demais...

 



COMO FACER DEPORTE?
Sabemos que cada día hai que facer algo de deporte, que estea adaptado as túas características, que antes hai que facer un bo calentamiento,  estirar ben... imos esninarche en EF

 Sabes facer un bo quecemento? 

Coñeces en que franxa de pulsacións por minuto debes moverte? 







Cando intenten venderte a idea de dieta, non te creas nada... A única dieta saudable que existe é ter bos hábitos alimenticios, moverse, cuidarse e quererse. Vendo estes vídeos colle ideas e prepara o teu programa personal de posta a punto.

Exemplo de distribución da carga de traballo cardio 
por niveis de condición física:
Nivel I- TARTARUGA:  30" traballo 10" pausa activa (marcha) x 2 series
Nivel II-  LEBRE : 40" x 20"   x 3 series
Nivel III -  GACELA: 45" x 15" x 3/5 series
Ou prefires darlle ao zumba?...
Traballo aeróbico, sabes cal é o teu marxe axeitado de p.m?

E ESTIRAR SEMPRE AO FINAL!!


Running better!!
Coruña´s women runners in action!!
Canto tempo terías que adestrar para poder participar nunha carreira de 6 Kms.? Serías capaz de facelo? Andas/corres 1 km- 2- 3- 4- 5?
En que franxa andas de condición física- pulsacións por minuto?
És TARTARUGA- LIEBRE- OU GACELA?

NON TE DEIXES ENGANAR POLO CANON IRREAL DE BELEZA ESTABLECIDO...

FAI DEPORTE POR SAÚDE, POR BENESTAR, PORQUE QUERES GUSTARTE TI!!

Por se queres botar unhas risas cunha "monóloca" que falando da súa beleza...

Temos que aprendernos a rirnos de nós mesm@s, é moi saludable!!

En plan máis serio, unha peli boisima neste sentido de convicción, de quererse e gustarse, de estar satisfeitas co noso corpo: "LAS MUJERES DE VERDAD TIENEN CURVAS"...
CONDICIÓN E CONVICCIÓN FÍSICA!!



viernes, 12 de septiembre de 2014

Eu corro como unha NENA!!

QUE SIGNIFICA FACER ALGO COMO UNHA NENA? Para a sociedade en xeral...? E para ti?
"MULLER tiñas que ser...!!"  Que che digan isto é unha boa cousa?

Aínda que vivimos nun país democrático, asentado nos principios de liberdade, igualdade e xustiza... Vemos situacións "Typical spanish" ou macholandia, de microMACHISMO...

Hai moito prexuizo sexista, ou violencia sexista de baixa intensidade, desprezo e ridiculización  das mulleres no ámbito do deporte, é moi frecuente escoitar:
“Corres como unha nena” “Que che gañe unha rapaza, que vergoña!!” “Moveros, non sexades nenazas” “Como deixades que vos gañen as rapazas?... Na praia, un pai enfadado co seu fillo porque este quere, pero non se atreve facer surf, dille: “Serás cobarde, nunca más te traigo a la playa, que te traiga tu madre y llórale a ella como una niña, que es lo que pareces.” Non podemos “inocentemente” caer nese “xogo”...



Coñeces algunha destas SUPER "NENAZAS" que fixeron, están facendo ou farán historia...? :       
Teresa Portela, Sofía Toro, Ana Peleteiro, Verónica Boquete, Elena Roca... Carolina Marín, Gemma Mengual, Ona Carbonell, Mireia Belmonte, Amaya Baldemoro... No mundo do deporte unha muller non é menos muller, non é marimacho por correr maratóns, facer triple salto ou rugby... e competir con ambición para cumprir os seus soños e ser as mellores!!

En EF aplicamos unha liñas metodolóxicas que permiten un óptimo desenvolvemento das capacidades do alumnado dun xeito integral, poñendo especial atención para que fagan do deporte un momento liberador e integrador, e de igualdade entre mulleres e homes.
A linguaxe mal empregada fai dano,  manter esta simboloxía subliminal de violencia machista doutros tempos non axuda a normalizar.


A comezos do século pasado, as mulleres desaconsellábases andar en bici por “prescripción facultativa”ou con “argumentos científicos”...

http://blogs.publico.es/strambotic/2014/07/carabici/
 A muller era mellor non deixala ir libre pola rúa polo noso ben...


Noutros tempos pasados e peores, en España as mulleres non podían levar unha falda curta, ou sair de noite,  viaxar sóas a non ser que quixeran perder a súa reputación... Queres viaxar ao pasado?


 Temos que seguir loitando e reivindicando a dignidade e o tratamento de igualdade da muller en calquera ámbito da sociedade: Nas ciencias, nas finanzas, na política, na cultura, no deporte, na vida doméstica... 

Nestas imaxes a fotógrafa yemení: Boushra Almutawakek retratou  fundamentalismo e velos no seu país Secuencia del hijab: Nai, filla e moneca... 
Para visibilizar o invisible!!



Tampouco é que en occidente a liberalización da muller estea totalmente asumida por tod@s. Hai moita tela que cortar...  Hai hábitos e comportamentos adquiridos, hai moito que seguir normalizando...
En occidente a liberalización da muller trouxo comportamentos indesexables, que tamén haberá que normalizar... Estamos totalmente en contra da pornografía ao alcance dos menores de idade, na rede, a banalización da sexualidade, a non distinguir que situacións de contido sexual pertencen ao ámbito privado ou público, ao consecuente ciber acoso sexual... 
 Hai moito que seguir EDUCANDO E NORMALIZANDO!!
Unha pioneira de lacoru, la condesita moi botada para adiante...

domingo, 7 de septiembre de 2014

5 MANDAMENTOS para levar unha BOA VIDA!!

Para ter chi; vidilla ou enerxía vital, para vir ao insti content@, cumpre relixiosamente cos seguintes sabios e máis cristianos mandamentos :
Tes 5 dedos na man… Pensa en 5 hábitos imprescindibles para LEVAR UNHA BOA VIDA: De que depende ter enerxía vital?

1- Durme ben, descansa.
Os adolescentes tedes que durmir 9 horas para poder asumir os retos que tedes ao longo do día, mínimo 8. Acostándonos sempre na misma franxa horaria e seguindo unha rutina de desconecte previo dos problemas, tensións... Alguén le antes de durmir? Sen un bo descanso non hai un bo funcionamento do sistema neurolóxico. Cánto e que tal durmes?

2- Come bos alimentos.
Tomemos unha peza de froita para almorzar,  pan con tomate e aceite é moi boa opción, mellor integral é máis rico en fibra, vitaminas e minerales. Ao longo do día recoméndanse cinco racións de froita e verdura. As froitas aportan compostos bioactivos que previenen enfermidades...  En función das nosas necesidades e ó que nos movamos, máis hidratos de carbono se hai moito gasto enerxético. Comes segundo as indicicacións da pirámide cunha base de verduras, froita, legumes...?

3- Move o cú! As actividades na natureza requilibran, renerxetizan, dan moita vidilla!!
Máis zapato e menos plato... Máis sillín e menos sillón... Na adolescencia tes que facer deporte ó recomendable é polo menos 30´de exercicio intenso cada día, ou como mínimo 3-4 veces a semana. Se non vas ter máis riscos de padecer problemas de saúde antes ou despois, agora estás formando a estrutura ósea, os grupos musculares, a túa postura e personalidad ou forma de moverte pola vida. Facer deporte na natureza vai proporcionarche gran benestar. Gústache facer deporte? Tes afeccións que implican movemento e goce? Fas deporte na natureza?

4- Quérete: Estira, medita, desconecta. Manten bos hábitos para o benestar persoal e social, ou de hixiene física, mental, e emocional.
Pasamos moitas horas sentados ao día por obligación, temos que sentarnos correctamente, ter bos hábitos posturais. Cada pouco tempo hai que estirarse, rotar cervicais, desbloquear zona lumbar. E liberar a mente, baleirando estrés e enchéndoa de pensamento positivo, para poder manter a concentración na actividade, para sentirnos con seguridade. Temos que tomarnos un respiro, a música axuda moito, e respirar completo, profundo, relaxarnos... Para sentirnos ben con nós mesmos e sentirnos con forza e poder, temos que querernos cada día un pouquiño, mimarnos, tratarnos con cariño para ter benestar persoal . Axuda moito ter unha afección coa que gozar e sentirse realizad@. E presentarnos aos demais dun xeito agradable, boa presencia física, disponibilidade para axudar a crear un clima agradable, empatía, saber cooperar...   Ríete de ti mesm@, o sentido do humor é a clave para non vivir amargado, tenso... non se é máis eficaz no traballo por estar serio. Agrádate a ti mesm@, non podes vivir para agradar aos demais, actuando ou esixíndote de máis para agradar aos demais, buscando a súa aprobación e afecto... QUÉRETE!!

Estás a gusto contigo? Es respectuoso, e agradable con tod@s? Estás de bo humor e amor?

5- Esfórzate en conseguir o que queres, se bo no teu traballo.
 Para motivarte ponte retos asumibles e loita por superarte. Non importa onde estás, importa a onde queres chegar. Traballa con determinación, dedicación e disciplina. Estás motivad@ para ser un bo estudante? Satisfeito cos teus logros?


QUE FAS BEN? QUE TES QUE MELLORAR?

PARA  GAÑAR CHI, ou enerxía vital móvete, baila... o TAI CHI na súa variante CHI KUNG ou (Qi Gong pronunciado Chi Kung en chinés) é estupendo para respirar completo e profundo, reequilibrarnos, harmonizarnos, vamos, para non perder a saúde...
 É fluir formando parte do universo, como sentir que estás facendo un paseo lunar lento, ingrávido... é respirar e conectarte, desperezarte, revitalizarte... probémolo!!


Neste enlace podedes ver o artigo completo de Elvira Lindo:
"HAI QUE COMER" 
http://elpais.com/elpais/2014/09/05/opinion/1409933261_565946.html